Xenreira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m Xas moveu a páxina "Usuario:Eduardo Diéguez" a "Xenreira" sen deixar unha redirección: Erro evidente
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de novembro de 2014 ás 17:55

A xenreira é un sentimento no cal se lle colle mala vontade ou mala disposición do ánimo en contra de algo ou alguén. Pode ser moi variada xa que se pode expresar, a través dunha fonda antipatía, cara cousas, persoas, fenómenos ou situacións. As persoas tratan de evitar ou destruír aquilo ao que lle teñen este sentimento, e no caso de que llo teñan a outra persoa, pode ser reflexado mediante insultos ou agesións físicas. É considerado o oposto ao amor.

En relación ca filosofía, segundo Empédocles, a xenreira é unha forza cósmica oposta ao amor ou á amizade, e é a causa da súa separación. O amor e a xenreira exercen o seu predominio por ciclos: cando un domina, o outro retíarase.