Umar ibn al-Khattab: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 12: Liña 12:


Cando tras dúas semanas de agonía, en [[632]], Mahoma deixou esta vida, Umar opúxose a que o seu corpo fora soterrado. Insistiu en que o Profeta abandonara o seu corpo pero que volvería axiña. Mais Abu Bakr repúxolle con autoridade:
Cando tras dúas semanas de agonía, en [[632]], Mahoma deixou esta vida, Umar opúxose a que o seu corpo fora soterrado. Insistiu en que o Profeta abandonara o seu corpo pero que volvería axiña. Mais Abu Bakr repúxolle con autoridade:
{{cita|''se algún da culto ao Profeta Mahoma, deixa que se saiba que está morto, pero se algún da culto a [[Alá]], daquela deixa que se saiba que Alá é o Vivente e non morre endexamais''. Despois recitou as seguintes verbas do [[Corán]]: ''Mahoma non é máis ca un mensaxeiro. Mensaxeiros como el morreron antes ca el. Así se el morre ou é asasinado, volverás ti sobre os teus pasos?''.}}
{{cita|''Se algún culto ao Profeta Mahoma, deixa que se saiba que está morto, pero se algún culto a [[Alá]], daquela deixa que se saiba que Alá é o Vivente e non morre endexamais''. Despois recitou as seguintes verbas do [[Corán]]: ''Mahoma non é máis ca un mensaxeiro. Mensaxeiros como el morreron antes ca el. Así se el morre ou é asasinado, volverás ti sobre os teus pasos?''.}}
Perante isto, Umar aceptou que se enterrase o cadáver; fieis ao Profeta, el e Abu Bakr impediron que, a diferencia do [[cristianismo]], nada fose ''asociado'' ao propio Alá.<ref>''Serat-i-Hazrat Umar-i-Farooq'', Mohammad Allias Aadil, page no:42-42, Sahih al bukhari</ref>
Perante isto, Umar aceptou que se enterrase o cadáver; fieis ao Profeta, el e Abu Bakr impediron que, a diferencia do [[cristianismo]], nada fose ''asociado'' ao propio Alá.<ref>''Serat-i-Hazrat Umar-i-Farooq'', Mohammad Allias Aadil, page no:42-42, Sahih al bukhari</ref>


A sucesión foi complicada debido a que os musulmáns de Medina quixeron elixir ao seu propio líder. O apoio de Umar a Abu Bakr impediu que o islam se dividise en faccións étnicas ou quedase reducido a unha relixión étnica.
A sucesión foi complicada debido a que os musulmáns de Medina quixeron elixir ao seu propio líder. O apoio de Umar a Abu Bakr impediu que o islam se dividise en faccións étnicas ou quedase reducido a unha relixión étnica.

Revisión como estaba o 6 de novembro de 2014 ás 22:35

Mausoleo do Califa Umar, en Al-Masjid al-Nabawi, Medina. A primeira fiestra da dereita permite ver a tumba de Umar.

Umar ibn al-Khattab (en árabe: عمر بن الخطاب) (tamén coñecido como Omar), nado no 579 e finado no 644, foi o artífice da gran expansión militar, cultural e relixiosa do islam, o califa que colocou a Arabia na posición hexemónica que ocupou durante séculos.[1][2]

Conversión

Pertencía ao clan de Banu Adi, da tribo dos Quarysh. Naceu na Meca. Traballou como pastor e comerciante, practicaba un afervoado paganismo, salientaba entre os seus pola súa cultura, forza física e habilidade guerreira.[3]

Cando Mahoma empezou a predicar o Islam. Umar decidiu defender o politeísmo tradicional fronte a nova relixión monoteísta. Comezou a dirixir unha persecución violenta contra os novos crentes. Cóntase que, cando descubriu que na súa propia casa a súa irmá e o seu home estaban recitando o Corán, atacounos cheo de carraxe. O sangue da súa irmá conmoveuno e pregoulle que lle lese o que estaba recitando. Ao escoitalo, converteuse ao islam nese mesmo intre. Ao pouco tempo, cheo de valor, foi o primeiro musulmán que se atreveu a orar abertamente na Kaaba, o que supuxo un paso decisivo para a práctica do islam á luz pública.[4][5]

Ascenso

Convertido nun dos fieis máis próximos ao Profeta, participou na héxira ou fuxida a Medina. Alí foi, xunto a Abu Bakr, un dos líderes do crecente grupo de crentes. Cando se fixeron preminentes na cidade de acollida, salientou nas batallas de Badr, Uhud, Khaybar e nas correrías por Siria. No ano 625, entregou a súa filla Hafsah a Mahoma para ser unha das súas mulleres.[6]

Cando tras dúas semanas de agonía, en 632, Mahoma deixou esta vida, Umar opúxose a que o seu corpo fora soterrado. Insistiu en que o Profeta abandonara o seu corpo pero que volvería axiña. Mais Abu Bakr repúxolle con autoridade:

Se algún dá culto ao Profeta Mahoma, deixa que se saiba que está morto, pero se algún dá culto a Alá, daquela deixa que se saiba que Alá é o Vivente e non morre endexamais. Despois recitou as seguintes verbas do Corán: Mahoma non é máis ca un mensaxeiro. Mensaxeiros como el morreron antes ca el. Así se el morre ou é asasinado, volverás ti sobre os teus pasos?.

Perante isto, Umar aceptou que se enterrase o cadáver; fieis ao Profeta, el e Abu Bakr impediron que, a diferencia do cristianismo, nada fose asociado ao propio Alá.[7]

A sucesión foi complicada debido a que os musulmáns de Medina quixeron elixir ao seu propio líder. O apoio de Umar a Abu Bakr impediu que o islam se dividise en faccións étnicas ou quedase reducido a unha relixión étnica.

Durante o califato de Abu Bakr, Umar foi o seu principal conselleiro na consolidación do dominio musulmán sobre o conxunto das cidades e tribos árabes. Deste xeito, foi designado sucesor e accedeu ao califato no 634[8].

Conquistas

Imperio Islámico durante o goberno de Umar ibn al-Khattab

Umar preparou o gran salto do Islam alén da Península arábiga. Pobos mercenarios de persas e bizantinos foron convertidos ao Islam e constituíron unha quinta columna esencial na derrota dos imperios máis formidables do momento. O Imperio Bizantino e o Imperio Sasánida, acababan de saír esgotados dunha guerra á morte.[9]

O Imperio bizantino, ademais, arrastraba unha crise de lexitimación da autoridade de Constantinopla, debido á división das Igrexas cristiás. A Igrexa Siríaca, a Igrexa Ortodoxa Copta mantiñan o seu predominio nos patriarcados de Antioquía e Alexandría gobernando sobre unha maioría monofisita que non aceptaba a autoridade de Bizancio fiel a súa propia Igrexa ortodoxa e ao Concilio de Calcedonia. Os monofisitas, marxinados e por veces perseguidos, no verían con malos ollos un novo liderado político estranxeiro que os aliviase da presión bizantina.[10]

O Imperio sasánida, á súa vez, ficaba asolagado nunha permanente crise política cunha sucesión de xas moi fugaz e inestable.

A batalla de Yarmuk (636), preto de Damasco supuxo a máis tremenda derrota de Bizancio e o fin do seu predominio sobre Siria. Damasco caería ao pouco tempo.[11]

A batalla de al-Qadisiyya foi o éxito paralelo na fronte persa. O exército sasánida foi destruído cerca do Éufrates e o seu xeneral Rostam Farrokhzad caeu no combate. A capital persa Ctesifonte non tardaría en ser asaltada polas invencibles forzas do islam. Tras a batalla de Nehavend o exército musulmán non tería xa unha oposición bélica minimamente seria.[12]

En 642, Alexandría é evacuada polos bizantinos e todo Exipto é ocupado polo xeneral Amr, ibn Al-as. Un novo Imperio como o de Darío I ou o de Alexandre Magno xurdía subitamente no Oriente Próximo e avanzaba polo beira sur do Mediterráneo.[13]

Xerusalén

No ano 637, tería lugar outro acontecemento que marcaría para sempre a historia da humanidade. Tras un longo asedio, Xerusalén a cidade santa, abría as súas portas aos musulmáns. Umar entrou na cidade máis humildemente que o propio Xesús de Nazaret camiñando ao lado dun asno sobre cal cabalgaba un escravo. O patriarca da Igrexa Ortodoxa entregáballe as chaves da cidade e conduciu a Umar ao o lugar do sacrificio de Isaac por parte do primeiro crente Abraám o mesmo dende o cal Mahoma ascendera aos ceos. Alí mandaría Omar construír a mesquita da Roca.[14]

Omar foi conducido ao Templo do Santo Sepulcro, pero declinou entrar dicíndolle aos dirixentes cristiáns que, se o facía, tal lugar sería lembrado como santo para os musulmáns e perdería a seu carácter exclusivamente cristiá. Deu probas, deste xeito, dun exquisito respecto polo cristianismo.

Goberno

Lápida sepulcral de Umar.

Umar transformou o sistema clánico árabe nun imperio teocrático que aglutinaba diferentes pobos e etnias; el era o Señor dos crentes. [15]

Organizou todo un aparello militar e administrativo; nas terras ocupadas, os xefes do seu exército eran asemade os seus representantes e, xa que logo, tiñan a máxima autoridade para impartir xustiza, gobernar e decidir sobre asuntos civís e relixiosos. A diferenciación entre o secular e o relixioso, que o cristianismo abrira timidamente, desapareceu, pero se mantivo o respecto polas relixións do Libro (xudaísmo e cristianismo), cuxos crentes eran protexidos (dimmís) a cambio dun tributo (chizia). O Mazdeísmo persa foi menos considerado.

Umar iniciou a recompilación dos textos coránicos, a codificación da Lei islámica e fixou o calendario árabe.

O seu estilo de vida era de gran austeridade, mantendo os costumes de cando os musulmáns eran unha minoría perseguida. Del díxose que gobernaba con xustiza, por iso era quen de durmir apraciblemente no chan ou xalundes.[16]

Morreu vítima de seis apuñalamentos por parte dun escravo persa. Sucedeuno Uthman ibn Affan.[17]

Notas

  1. Ahmed, Nazeer, Islam in Global History: From the Death of Prophet Muhammad to the First World War, American Institute of Islamic History and Cul, 2001, p. 34. ISBN 0-7388-5963-X.
  2. Umar ibn Al-Khattab - This-is-Islam.co.uk
  3. as-Suyuti, The History of Khalifahs Who Took The Right Way (London, 1995), p. 107-108.
  4. Serat-i-Hazrat Umar-i-Farooq, Mohammad Allias Aadil, page no:119
  5. Armstrong, p. 152.
  6. Serat-i-Hazrat Umar-i-Farooq, Mohammad Allias Aadil, page no:40-41
  7. Serat-i-Hazrat Umar-i-Farooq, Mohammad Allias Aadil, page no:42-42, Sahih al bukhari
  8. Madelung, Wilferd (1997). The Succession to Muhammad. Cambridge University Press. 
  9. Early caliphate, Muhammad Ali, Muḥammad Yaʻqūb K̲h̲ān page 85
  10. Madelung, Wilferd (1997). The Succession to Muhammad. Cambridge University Press. p. 43. 
  11. "The Precious Pearls" Muhammad Ayub Sipra, Darussalam publishers and distributors, 2002 p.57
  12. Al Farooq, Umar, Muhammad Husayn Haykal. chapter no:21
  13. Al Farooq, Umar, Muhammad Husayn Haykal. chapter no:5 page no:119
  14. Modern Islamic political thought, Hamid Enayat, page no:6
  15. Al Farooq, Umar, Muhammad Husayn Haykal. chapter no:5 page no:140
  16. The Cambridge History of Islam, ed. P.M. Holt, Ann K.S. Lambton, and Bernard Lewis, Cambridge 1970
  17. Modern reformist thought in the Muslim world. By Mazheruddin Siddiqi, Adam Publishers & Distributors. pg.147

Véxase tamén

Bibliografía

  • Donner, Fred, The Early Islamic Conquests, Princeton University Press, 1981.
  • Guillaume, A., The Life of Muhammad, Oxford University Press, 1955.
  • Hourani, Albert, A History of the Arab Peoples, Faber and Faber, 1991.
  • Madelung, Wilferd, The Succession to Muhammad, Cambridge University Press, 1997.
  • "G.LeviDellaVida and M.Bonner "Umar" in Encyclopedia of Islam CD-ROM Edition v. 1.0, Koninklijke Brill NV, Leiden, The Netherlands 1999"

Ligazóns externas