Claude Monet: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.214 (conversa); cambiado á última versión feita por Xqbot
Shyde (conversa | contribucións)
m Eliminouse o modelo «Link GA».
Liña 39: Liña 39:
[[Categoría:Finados en 1926]]
[[Categoría:Finados en 1926]]
[[Categoría:Nados en París]]
[[Categoría:Nados en París]]

{{Link GA|de}}

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2014 ás 19:25

Claude Monet
Claude Monet en 1899.
Nacemento14 de novembro de 1840
 París
Falecemento5 de decembro de 1926
 Giverny
NacionalidadeFrancia
Cónxuxe(s)Camille Doncieux e Alice Hoschedé
FillosJean Monet e Michel Monet
Na rede
IMDB: nm1217328 Allocine: 36016
Musicbrainz: 7f4f8ddf-e085-4b1b-a867-8269757ae277 Discogs: 24372 WikiTree: Monet-2 Find a Grave: 5069 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Impresión, sol nacente (1874).

Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado en París o 14 de novembro de 1840 e finado en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés.

Traxectoria

Nos anos inmediatamente anteriores á guerra de 1870 un grupo de pintores, Monet, Camille Pissarro, Alfred Sisley e Pierre Auguste Renoir sitúanse á marxe de calquera remedo das tendencias precedentes e realizan unha nova pintura, que un crítico denominou despectivamente impresionismo, inspirándose no título dunha obra de Monet exposta en 1874, Impresión, sol nacente.

Regatas en Argenteuil (1874). A xustaposición de pinceladas de distinta cor busca lograr que a retina compoña logo as verdadeiras tonalidades que conduza a un novo realismo.

Monet foi o pintor máis orixinal e principal representante das conquistas técnicas e estéticas do grupo. Sen os matices políticos ou sociais dos realistas, por medio dunha concepción estritamente pictórica, Monet busca a realidade cromática e formal baixo os efectos da luz. Na base da súa arte está o desligarse do estudo de pintura, buscando o aire libre para pintar e o colorido claro; a luz transforma e altera as cores e tamén as propias formas, de tal xeito que a paisaxe e os seus elementos xorden como visións instantáneas que non se volverán repetir. Unha preocupación primordial para Monet vai ser o estudo dos reflexos da luz na auga (coma na súe serie de óleos As ninfeas), que ten unha consistencia real semellante á dos elementos reflectidos. Esta linguaxe acadou a súa maior pureza nos anos que pasou en Argenteuil (1872-1878).