Hulla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Mineral Hulla GDFL003.JPG|miniatura|Hulla.]]
[[Ficheiro:Mineral Hulla GDFL003.JPG|miniatura|Hulla.]]


A '''hulla''' é un tipo de [[carbón]] mineral, de tipo bituminoso, e é unha [[rocha sedimentaria]] de orixe orgánica.
A '''hula''' é un tipo de [[carbón]] mineral, de tipo bituminoso, e é unha [[rocha sedimentaria]] de orixe orgánica.


==Características==
==Características==

Revisión como estaba o 4 de novembro de 2014 ás 12:42

Hulla.

A hula é un tipo de carbón mineral, de tipo bituminoso, e é unha rocha sedimentaria de orixe orgánica.

Características

Contén entre un 45 e un 85% de carbono. É dura e crebadiza, estratificada, de cor negra e brillo mate ou graxo. A hulla foi a propulsora da industria do século XIX, durante a chamada revolución industrial, sendo trocada polo petróleo no século XX. Actualmente é empregado como combustible nas centrais térmicas, e tamén para elaborar o coque, que se emprega na obtención do aceiro, e tamén para outros produtos químicos.

O carbón formouse mediante a presión que exerceu a terra en lugares pantanosos sobre restos vexetais primitivos que se descompuxeron hai 250 millóns de anos, principalmente durante os períodos Carbonífero e Pérmico. Primeiro fórmase o lignito e logo a hulla, tendo esta maior cantidade de carbono, menor humidade e máis poder calorífico; encontrándose tamén a máis profundidade. Se o tempo e a presión conseguen comprimir máis o carbono, teriamos a antracita.

Véxase tamén