John Bartram: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:


[[Categoría:Personalidades da bioloxía|Bartram, John]]
[[Categoría:Personalidades da bioloxía|Bartram, John]]
[[Categoría:Nados en Pensilvania]]
[[Categoría:Nados no condado de Delaware, Pensilvania]]
[[Categoría:Nados en 1699]]
[[Categoría:Nados en 1699]]
[[Categoría:Finados en 1777]]
[[Categoría:Finados en 1777]]

Revisión como estaba o 2 de novembro de 2014 ás 22:53

John Bartram.

John Bartram, nado en Darby, Pensilvania, en 1699 e finado en Kingsessing en 1777, foi un botánico norteamericano, considerado o pai da botánica norteamericana.

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia cuáquera, quedou orfo de nai aos dous anos e quedou ao coidado duns tíos, moi interesado nas plantas axudando nas tarefas agrícolas adquiriu moitos coñecementos sobre elas. En 1729 mercou uns terreos en Kingsessing, a carón do río Schuylkill, preto de Filadelfia e fundou o primeiro xardín botánico dos Estados Unidos. Viaxou por case todo o leste dos Estados Unidos na procura de novas plantas, dende o lago Ontario no norte ata Florida no sur e o río Ohio no oeste. Moitas das plantas que recolleu acabaron en coleccións europeas. Introduciu en América algunhas plantas europeas e fixo experimentos de hibridación. Con Benjamin Franklin foi un dos fundadores da Sociedade Filosófica Americana en 1742. Dende 1765 foi botánico real.