Península de Monterreal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Crei unha páxina nova da península de Monterreal.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de outubro de 2014 ás 17:48

A península de Monterreal ou de Monteboi atópase na vila de Baiona, na provincia de Pontevedra. [1]

A península de Monterreal ou de Monte do Boi.

Historia

Coñécese dende hai máis de 2.000 anos como recinto amurallado. Habitaron aquí celtas, fenicios e romanos, os cales foron moitas veces atacados. Antigamente asentouse aquí a vila de Baiona, por privilexio outorgado polos Reis Católicos para defenderse das incursións corsarias. [1]

Xeografía

A península ocupa unha extensión de 18 hectáreas rodeadas de 3 km. As murallas datan de entre os séculos XI e XVII. [1]

Parador "Conde de Gondomar-Baiona"

O recinto converteuse en residencia de gobernadores, como o Conde de Gondomar.Despois de pasar a mans privadas o Ministerio de Información e Turismo mercou o terreo e construíu o Parador "Conde de Gondomar". [1]

Muralla

A muralla mantén as tres torres dende as que se vixiaba a fortaleza. Na entrada está a torre do Reloxo ; ó leste érguese a torre da Tenaza e na parte oriental da fortaleza, sobre a baía de Baiona, atópase a torre do Príncipe. Esta última ten tres escudos (dos Austrias, dos Soutomaior e o de Baiona).Deb o seu nome ó príncipe portugués Afonso Enriques que estivo retido nesa torre. [1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Concello de Baiona. "Fortaleza de Monterreal". Consultado o 30/10/2014.