Marilyn Monroe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado bibliografía da en.wiki
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 50: Liña 50:


Logo de actuar en pequenos papeis durante anos, foise facendo coñecida pola súa [[sensualidade]], e a súa misteriosa morte aos 36 anos chegouna a converter nun mito [[Erotismo|erótico]] e nunha icona popular. Foi tamén unha cantante non particularmente dotada pero cun timbre vocal que fascinaba ao oínte; os seus éxitos están case todos inseridos no contexto dos seus [[filme]]s, como ''My Heart Belongs To Daddy'' de [[Cole Porter]].
Logo de actuar en pequenos papeis durante anos, foise facendo coñecida pola súa [[sensualidade]], e a súa misteriosa morte aos 36 anos chegouna a converter nun mito [[Erotismo|erótico]] e nunha icona popular. Foi tamén unha cantante non particularmente dotada pero cun timbre vocal que fascinaba ao oínte; os seus éxitos están case todos inseridos no contexto dos seus [[filme]]s, como ''My Heart Belongs To Daddy'' de [[Cole Porter]].

== Tributos ==
Troy Talton e Donald Kinder escribiron unha canción, titulada "Marilyn", despois da súa morte en 1962. Foi gravada por Talton e foi lanzada como un sinxelo por Crest Records.<ref name="THE COMPLETE CREST RECORDS DISCOGRAPHY">{{cita web| url=http://www.bigvjamboree.com/CrestDiscography.htm|título=1113 TROY TALTON|dataacceso=27 de demcebro de 2013}}</ref><ref name="45cat">{{cita web|url= http://www.45cat.com/record/451113|título= Record Details|apelido1= |nome1= |date= |website=45cat.com |publisher= |dataacceso=6 de xuño de 2014}}</ref>

[[Elton John]] e [[Bernie Taupin]] escribiron outra canción adicada a ela, "[[Candle in the Wind]]".<ref>{{cita web|url=http://www.rollingstone.com/music/song-stories/candle-in-the-wind-elton-john |título=Candle in the Wind by Elton John &#124; Song Stories |publisher=Rolling Stone |dataacceso=27 de decembro de 2013}}</ref>

[[Glenn Danzig]], da banda de rock [[Misfits]] (que deben o seu nome ó [[The Misfits (filme)|derradeiro filme de Monroe]]<ref name="MetalHammer">{{cita novas|apelido=Dome|nome=Malcolm|ano=2011|título=The Story Behind...Danzig|journal=[[Metal Hammer]]|issue=May 2011|páxinas=70–72|publisher=[[Future plc]]}}</ref>) lanzaron unha canción chamada "[[Who Killed Marilyn?]]" en 1981.


== Filmografía ==
== Filmografía ==

Revisión como estaba o 28 de outubro de 2014 ás 18:21

Modelo:Actor

Sinatura de Marilyn Monroe.

Marilyn Monroe[1][2], de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962,[3] foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960,[4] chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.[5]

Iniciou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas The Asphalt Jungle (A xungla do asfalto, 1950) e All About Eve (Todo sobre Eva, 1950). Empezou a ser coñecida mundialmente despois de protagonizar o musical Gentlemen Prefer Blondes (Os cabaleiros prefírenas louras, 1953) e aparecer no número inaugural da revista Playboy.[6]

Interpretou o papel principal nas comedias How to Marry a Millionaire (Como casar cun millonario, 1953), The Seven Year Itch (1955) e Bus Stop (1956), e grazas ao éxito de público destas películas, comezou a ser considerada como unha das actrices máis rendibles da industria cinematográfica. O seu maior éxito comercial foi Some Like it Hot (1959), filme polo que gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de comedia.[7]

Foi considerada unha das mulleres máis atractivas da historia da sétima arte, pero a súa explosiva beleza condicionouna artística e emocionalmente, obrigándoa a proxectar unha imaxe sedutora e superficial que encubría a súa personalidade real, sensible e inestable desde a infancia. Estivo casada co escritor James E. Dougherty de 1942 a 1946, co xogador de béisbol Joe DiMaggio, en 1954, e logo co dramaturgo Arthur Miller, entre 1956 e 1962.

Monroe faleceu o 5 de agosto de 1962 por mor dunha sobredose de barbitúricos, en circunstancias nunca esclarecidas. A primeira hipótese que manexou a xustiza estadounidense foi a do suicidio, pero nunca puido ser corroborada. [7]

O American Film Institute considéraa a sexta mellor estrela de cine feminina de todos os tempos.

Traxectoria

Certificado de nacemento de Marilyn Monroe, nacida como Norma Jeane Mortenson en 1926.

A súa nai foi Gladys Pearl Baker (de apelido de nacemento Monroe, nada o 27 de maio de 1902 e finada o 11 de marzo de 1984)[8], quen casou co noruegués Edward Mortenson e, pouco despois de separarse, descubriu que estaba embarazada.[9] O 1 de xuño de 1926 naceu nos Ánxeles a súa filla Norma Jeane Mortenson, segundo consta no rexistro civil para que non fora ilexítima, e chamada Norma Jean Baker na práctica.[10][11] Gladys, que traballou como cortadora de negativos na produtora de cine RKO Pictures,[11][9] non podía manter á súa filla por problemas económicos e emocionais e deixouna ao coidado dun matrimonio adoptivo: Albert e Ida Bolender, residentes enn Hawthorne (California).[12] Cando Gladys puido conseguir unha casa propia levou consigo a Norma Jeane, pero isto só durou uns meses, debido aos devanditos problemas emocionais e deixou a súa filla a cargo da súa mellor amiga, Grace McKee.

Logo de actuar en pequenos papeis durante anos, foise facendo coñecida pola súa sensualidade, e a súa misteriosa morte aos 36 anos chegouna a converter nun mito erótico e nunha icona popular. Foi tamén unha cantante non particularmente dotada pero cun timbre vocal que fascinaba ao oínte; os seus éxitos están case todos inseridos no contexto dos seus filmes, como My Heart Belongs To Daddy de Cole Porter.

Tributos

Troy Talton e Donald Kinder escribiron unha canción, titulada "Marilyn", despois da súa morte en 1962. Foi gravada por Talton e foi lanzada como un sinxelo por Crest Records.[13][14]

Elton John e Bernie Taupin escribiron outra canción adicada a ela, "Candle in the Wind".[15]

Glenn Danzig, da banda de rock Misfits (que deben o seu nome ó derradeiro filme de Monroe[16]) lanzaron unha canción chamada "Who Killed Marilyn?" en 1981.

Filmografía

The Prince and the Showgirl, 1957.
Estrela no Paseo da Fama de Hollywood.
Título Ano Personaxe Actores Director Produtor Notas
Scudda Hoo! Scudda Hay! 1948 Betty June Haver e Natalie Wood Hugh Herbert 20th Century Fox Sen creditar
Ladies of the Chorus Peggy Martin Adele Jergens e Rand Brooks Phil Karlson Columbia Pictures Primeira aparición protagonista
Love Happy 1949 Cliente de Grunion Harpo Marx, Chico Marx e Groucho Marx David Miller United Artists
A Ticket to Tomahawk 1950 Clara Dan Dailey, Anne Baxter e Rory Calhoun Richard Sale 20th Century Fox Sen creditar
Right Cross Dusky Ledoux June Allyson e Dick Powell John Sturges Metro-Goldwyn-Mayer Sen creditar
The Fireball Polly Mickey Rooney e Pat O'Brien Tay Garnett 20th Century Fox Tamén coñecido como The Challenge
The Asphalt Jungle Angela Phinlay Sterling Hayden, Louis Calhern e Jean Hagen John Huston Metro-Goldwyn-Mayer
All About Eve Miss Claudia Caswell Bette Davis, Anne Baxter e George Sanders Joseph L. Mankiewicz 20th Century Fox
Home Town Story 1951 Iris Martin Jeffrey Lynn, Alan Hale, Jr. e Donald Crisp Arthur Pierson Metro-Goldwyn-Mayer
As Young as You Feel Hariett Monty Woolley, Thelma Ritter e Jean Peters Harmen Jones 20th Century Fox
Love Nest Roberta "Bobbie" Stevens June Haver, William Lundigan e Frank Fay Joseph M. Newman 20th Century Fox
Let's Make It Legal Joyce Mannering Claudette Colbert, Macdonald Carey e Barbara Bates Richard Sale 20th Century Fox
O. Henry's Full House 1952 Streetwalker Fred Allen, Anne Baxter e Richard Widmark Henry Koster 20th Century Fox Cameo
Monkey Business Lois Laurel Cary Grant, Ginger Rogers e Charles Coburn Howard Hawks 20th Century Fox
Clash by Night Peggy Barbara Stanwyck, Keith Andes e Paul Douglas Fritz Lang RKO Radio Pictures
We're Not Married! Anabel Norris Ginger Rogers, Fred Allen, Victor Moore, David Wayne e Zsa Zsa Gabor Edmund Goulding 20th Century Fox
Don't Bother to Knock Nell Forbes Richard Widmark e Anne Bancroft Roy Ward Baker 20th Century Fox
Niagara 1953 Rose Loomis Joseph Cotten e Jean Peters Henry Hathaway 20th Century Fox
Gentlemen Prefer Blondes Lorelei Lee Jane Russell, Charles Coburn e Elliot Reid Howard Hawks 20th Century Fox
How to Marry a Millionaire Pola Debevoise Betty Grable, Lauren Bacall e William Powell Jean Negulesco 20th Century Fox
River of No Return 1954 Kay Weston Robert Mitchum, Tommy Rettig e Rory Calhoun Otto Preminger 20th Century Fox
There's No Business Like Show Business Victoria "Vicky" Hoffman Ethel Merman, Dan Dailey, Donald O'Connor e Mitzi Gaynor Walter Lang 20th Century Fox
The Seven Year Itch 1955 A moza Tom Ewell e Evelyn Keyes Billy Wilder 20th Century Fox
Bus Stop 1956 Chérie Don Murray e Arthur O'Connell Joshua Logan 20th Century Fox Tamén coñecido como The Wrong Kind of Girl
The Prince and the Showgirl 1957 Elsie Marina Laurence Olivier Laurence Olivier Warner Brothers
Con saias e a rachar 1959 Sugar Kane Kowalczyk Tony Curtis e Jack Lemmon Billy Wilder Metro-Goldwyn-Mayer
Let's Make Love 1960 Amanda Dell Yves Montand, Frankie Vaughan e Tony Randall George Cukor 20th Century Fox
The Misfits 1961 Roslyn Taber Clark Gable, Eli Wallach e Montgomery Clift John Huston United Artists Última aparición cinematográfica
Marilyn 1963 Ela mesma 20th Century Fox Filme documental

Filmes sen rematar

Título Ano Personaxe Actores Director Produtor
Something's Got to Give 1962 Ellen Wagstaff Arden Dean Martin e Cyd Charisse George Cukor 20th Century Fox

Aparicións televisivas

Como convidada

Programa de televisión Ano Notas
The Jack Benny Program 1953 1 episodio
Person to Person 1955 Documental de televisión
Premier Khrushchev in the USA 1959 Documental de televisión
President Kennedy's Birthday Salute 1962 Telefilme
Lykke og krone 1962 Documental de televisión

Cancións

Ano Título do filme Título da canción Notas
1948 Ladies of the Chorus "Every Baby Needs a Da-Da-Daddy"
"Anyone Can See I Love You"
"Ladies of the Chorus"
1950 A Ticket to Tomahawk "Oh, What a Forward Young Man You Are"
1953 Niagara "Kiss"
1953 Gentlemen Prefer Blondes "Two Little Girls from Little Rock"
"When Love Goes Wrong"
"Bye Bye Baby"
"Diamonds Are a Girl's Best Friend"
"Four French Dances—Sur le balcon, La Tentateur, Sol taire, Parle d'affair"
"Down Boy"'
"When The Wild Wild Women Go Swimmin' Down in the Bimini Bay"
1953 "She Acts Like A Woman Should"
"You'd Be Surprised"
"A Fine Romance"
"Do It Again"
1954 River of No Return "I'm Gonna File My Claim"
"One Silver Dollar"
"Down in the Meadow"
"River of No Return"
1954 There's No Business Like Show Business "Heat Wave"
"Lazy"
"After You Get What You Want"
"A Man Chases a Girl"
1956 Bus Stop "That Old Black Magic"
1957 The Prince and the Showgirl "I Found a Dream"
1959 Con saias e a rachar "Runnin' Wild"
"I Wanna Be Loved By You"
"I'm Through With Love"
"Some Like It Hot"
1960 Let's Make Love "My Heart Belongs to Daddy"
"Specialization"
"Let's Make Love"
"Incurably Romantic"
1962 "Happy Birthday, Mr. President"

Notas

  1. O 23 de febreiro de 1956, en Nova York, conseguiu que este fose o seu nome oficial.
  2. Páxina oficial de Marilyn Monroe
  3. "Marilyn Monroe Biography". Biography.com. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  4. Obituary Variety, 8 de agosto de 1962, páxina 63.
  5. Biografías e Vidas. "Biografía completa de Marilyn Monroe" (en español). Consultado o 10/02/2013. .
  6. Publispain. "Biografía de Marilyn Monroe" (en español). Consultado o 30/06/2013. 
  7. 7,0 7,1 Mis respuestas. "Quién fue Marilyn Monroe ?" (en castelán). Consultado o 17/08/2013. 
  8. Riese and Hitchens, p. 33.
  9. 9,0 9,1 Summers, p. 5
  10. Churchwell, pp. 150-151
  11. 11,0 11,1 Churchwell, p. 151
  12. Snickersnee Press. "'A Ghost Materialized - Ben Hecht Finally Credited on Marilyn Monroe's Memoir" (en inglés). Consultado o 30 de maio 2009. 
  13. "1113 TROY TALTON". Consultado o 27 de demcebro de 2013. 
  14. "Record Details". 45cat.com. Consultado o 6 de xuño de 2014. 
  15. "Candle in the Wind by Elton John | Song Stories". Rolling Stone. Consultado o 27 de decembro de 2013. 
  16. Dome, Malcolm (2011). "The Story Behind...Danzig". Metal Hammer (May 2011) (Future plc). pp. 70–72. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gilmore, John (2007). Inside Marilyn Monroe, A Memoir. Ferine Books, Los Angeles. ISBN 0-9788968-0-7. 
  • Goode, James (1986). The Making of "The Misfits". Limelight Editions, New York. ISBN 0-87910-065-6. 
  • Guiles, Fred Lawrence (1993). Norma Jean: The Life of Marilyn Monroe. Paragon House Publishers. ISBN 1-55778-583-X. 
  • Harris, Warren G. (2002). Clark Gable, A Biography. Aurum Press, London. ISBN 1-85410-904-9. 
  • Jacke, Andreas: Marilyn Monroe und die Psychoanalyse. Psychosozial Verlag, Gießen 2005, ISBN 978-3-89806-398-2, ISBN 3-89806-398-4
  • Jewell, Richard B.; Harbin, Vernon (1982). The RKO Story. Octopus Books, London. ISBN 0-7064-1285-0. 
  • Meaker, M. J. Sudden Endings: 13 Profiles in Depth of Famous Suicides Doubleday & Company, Inc., Garden City, NY: 1964 p. 26–45: "Marilyn and Norma Jean: Marilyn Monroe"
  • Mecacci, Luciano (2009). Freudian Slips: The Casualties of Psychoanalysis from the Wolf Man to Marilyn Monroe. Vagabondd Voices, Sulaisiadar 'san Rudha (Scotland). ISBN 978-0-9560560-1-6. 
  • Monroe, Marilyn; Hecht, Ben (2000). My Story. Cooper Square Press. ISBN 0-8154-1102-2. Consultado o 5 de agosto de 2008. 
  • Olivier, Laurence (1982). Confessions of an Actor. Simon and Schuster. ISBN 0-14-006888-0. 
  • Riese, Randall; Hitchens, Neal (1988). The Unabridged Marilyn. Corgi Books, London. ISBN 0-552-99308-5. 
  • Russell, Jane (1986). An Autobiography. Arrow Books, London. ISBN 0-09-949590-2. 
  • Server, Lee (2001). Robert Mitchum, Baby I Don't Care. St. Martin's Press, New York. ISBN 0-571-20994-7. 
  • Spoto, Donald (2001). Marilyn Monroe: The Biography. Cooper Square Press. ISBN 0-8154-1183-9. 
  • Staggs, Sam (2000). All About "All About Eve". St. Martin's Griffin, New York. ISBN 0-312-27315-0. 
  • Summers, Anthony (1985). Goddess, The Secret Lives of Marilyn Monroe. Guild Publishing, London. ISBN 0-575-03641-9. 

Ligazóns externas