Clítoris: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "en:Clitoris" é un artigo bo; cambios estética
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Liña 38: Liña 38:
[[Categoría:Anatomía rexional]]
[[Categoría:Anatomía rexional]]
[[Categoría:Aparato reprodutor feminino]]
[[Categoría:Aparato reprodutor feminino]]

{{Link GA|en}}

Revisión como estaba o 27 de outubro de 2014 ás 23:22

Modelo:Anatomía O clítoris é a parte eréctil do aparato sexual feminino, situado na parte superior dos labios menores da vulva. A súa función nos seres humanos é producir pracer sexual e orgasmos.

Orixe e estrutura

O clítoris feminino é o equivalente ao pene masculino. Embrioloxicamente provén do mesmo tecido fino que forma o pene. O que condiciona a formación dun pene no canto dun clítoris é a acción da testosterona no útero.

O órgano fórmase fóra do corpus cavernosum, é un tecido capilar formado por máis de 8.000 terminacións nerviosas, que serven para a estimulación sexual da muller.

O tamaño medio do clítoris vai de 8 a 10 centímetros de longo e de 3 a 6 centímetros de largo. A parte exterior do clítoris, a glande clitoridiana, está parcial ou totalmente cuberta polo prepucio, e varía grandemente dende aqueles moi reducidos (que non sobresaen do prepucio) a outros moi saíntes, pero a maior parte do clítoris está oculto. A estimulación externa de todo o clítoris pode dar lugar a unha resposta sexual máis intensa. Unha explicación do orgasmo vaxinal é que resulta da estimulación do interior do clítoris durante a penetración sexual, e o pracer ligado ao sexo é un mecanismo evolutivo que favorece a reprodución.

Recoñecemento da súa existencia

A literatura médica recoñeceu a existencia do clítoris por primeira vez no século XVI. No ano 1559 Realdo Colombo publicou De re anatomica, no que describía o asento de pracer da muller. Gabriele Falloppio reclamou ser tamén o descubridor do clítoris.

Modificación do clítoris

A mutilación xenital feminina, ou ablación, consiste na extirpación total ou parcial da parte exterior do clítoris. Esta práctica é rexeitada en nome dos dereitos humanos e da protección do menor en case tódolos países, aínda que a práctica está viva en moitas sociedades tradicionais da África subsahariana e Asia.