Ditongo: Diferenzas entre revisións
m {{Desgaleguizar}} |
|||
Liña 10: | Liña 10: | ||
=== Ditongos decrecentes === |
=== Ditongos decrecentes === |
||
Formados por unha vogal |
Formados por unha vogal forte ou de maior abertura ("a", "e", "o") e outra fraca ou pechada ("u" ou "i"). Neste caso os órganos articulatorios pasan dunha posición aberta a outra pechada. |
||
Os ditongos decrecentes son, a diferenza dos crecentes, moi estables en galego. Poden aparecer en sílaba tónica ou átona: "ai" (caixa, embaixada), "ei" (queixa, queixada), "oi" (noite, aboiar), "au" (raudo, automóbil), "eu" (bateu), "ou" (mouro, ousar). De entre eles, "au" é o menos característico do galego e o menos frecuente en voces patrimoniais. |
Os ditongos decrecentes son, a diferenza dos crecentes, moi estables en galego. Poden aparecer en sílaba tónica ou átona: "ai" (caixa, embaixada), "ei" (queixa, queixada), "oi" (noite, aboiar), "au" (raudo, automóbil), "eu" (bateu), "ou" (mouro, ousar). De entre eles, "au" é o menos característico do galego e o menos frecuente en voces patrimoniais. |
Revisión como estaba o 27 de outubro de 2014 ás 16:19
Fálase de ditongo cando dúas vogais contiguas forman parte dunha mesma sílaba. En galego hai dous tipos de ditongos, aqueles que están formados por dúas vogais fracas ("i" e "u") e os que están formados por unha vogal forte e unha fraca, sen importar a orde.
O ditongo é o fenómeno contrario ao hiato. En caso de seren tres as vogais inseridas nunha sílaba emprégase o termo tritongo.
Para marcar a presenza dun hiato (ausencia de ditongo) emprégase nunha sílaba tónica o acento ou a diérese1.
Tipos de ditongos
Dependendo da secuencia das vogais na sílaba, podemos falar de dous tipos de ditongos:
Ditongos decrecentes
Formados por unha vogal forte ou de maior abertura ("a", "e", "o") e outra fraca ou pechada ("u" ou "i"). Neste caso os órganos articulatorios pasan dunha posición aberta a outra pechada.
Os ditongos decrecentes son, a diferenza dos crecentes, moi estables en galego. Poden aparecer en sílaba tónica ou átona: "ai" (caixa, embaixada), "ei" (queixa, queixada), "oi" (noite, aboiar), "au" (raudo, automóbil), "eu" (bateu), "ou" (mouro, ousar). De entre eles, "au" é o menos característico do galego e o menos frecuente en voces patrimoniais.
Nos ditongos dáse neutralización das vogais de abertura media da serie anterior nun arquifonema /E/, que normalmente se realiza como [e] pechado. As vogais de abertura media da serie posterior neutralízanse en /O/ que se realiza como [o] pechado.
O caso de "iu", e "ui" é problemático por poderen presentar realizacións diversas na fala. Consideramos habitual que conformen un ditongo decrecente sempre e cando actúe como vogal tónica a primeira: par-tiu (pero dialectal *par-tí-o), pui-den. En posición átona preséntasenos o problema de decidir cál das dúas vogais é o núcleo silábico. En puideron semella imposible caracterizar o núcleo silábico se non mantemos reminiscencias de puiden.
Ditongos crecentes
Chámanse así porque os órganos articulatorios pasan dunha posición pechada a outra aberta. Están formados por unha semiconsoante [j] ou [w] (realizacións en posición non nuclear de /i/ e /u/) e por unha vogal. As posibilidades de combinación para formar ditongos crecentes existen practicamente todas, aínda que con distinta frecuencia e rendemento:
- "ia" (cambiar), "ua" (cuarto).
- "ie" (ambiente), "ue" (frecuente). Aparecen normalmente en posición tónica e só o fan en átona en palabras derivadas daquelas que os presentan como tónicos (ambiental, frecuentar).
- "io" (cumio), "uo" (cuota). Danse en posición tónica e átona final.
- "iu" e "ui", segundo a Gramática Galega de Álvarez, Regueira e Monteagudo, poden presentarse nesta posición moi raramente (a-cuí-fe-ro, lin-güis-ta). O xeral é que formen ditongos decrecentes. Se a vogal tónica é a segunda, hai hiato (mu-í-ño / pui-den), excepto nos dous casos anteriores (acuífero e lingüista). Se están en posición átona (muiñeiro) achámonos coa dificultade, sempre segundo a Gramática Galega, de saber cal é o núcleo vocálico. [Ó noso parecer a pronuncia correcta destas palabras sería mu-i-ñei-ro e non mui-ñei-ro (posibilidade que semella, segundo Álvarez e Regueira ser posible na fala)].
As vogais de abertura media son realizacións dun arquifonema que representa a ausencia de oposición medio-aberta / medio-pechada.
En galego existe unha resistencia á pronuncia dos ditongos crecentes e unha tendencia a desfacelos realizándoos como hiatos, é dicir, a vocal prenuclear pasa a ser nuclear da síulaba precedente e mesmo a facerse forte: cam-biar > cam-bi-ar > cam-be-ar.
Os ditongos crecentes que máis frecuentemente se manteñen son "ie" e "ue".
Nota 1: Emprégase a diérese para marcar un hiato (ruptura dun ditongo) na primeira e segunda persoas do plural do imperfecto de indicativo dos verbos rematados en "-aer", "-oer", "-aír", "-oír", e "-uír": moïamos, moïades. Os exemplos anteriores teñen catro sílabas e contrastan na pronuncia e na escrita (grazas a que a diérese ten función diacrítica) co presente de subxuntivo dos mesmos verbos (moiamos, moiades) que teñen tres sílabas.