Dudu Aouate: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
| nome_xogador = Dudu Aouate<br /><small>דודו אוואט</small>
| nome_xogador = Dudu Aouate<br /><small>דודו אוואט</small>
| imaxe = [[Ficheiro:DuduAouate.jpg|220px]]
| imaxe = [[Ficheiro:DuduAouate.jpg|220px]]
| pé =
| pé = Aouate xogando co [[RCD Mallorca|Mallorca]] en 2012
| nome_completo = David Aouate
| nome_completo = David Aouate
| nacemento = 17 de outubro de 1977 {{idade|17|10|1977}}
| nacemento = 17 de outubro de 1977 {{idade|17|10|1977}}
Liña 41: Liña 41:
| caps7 = 66
| caps7 = 66
| goals7 = 0
| goals7 = 0
| years8 = 2009–
| years8 = 2009–2014
| clubs8 = [[RCD Mallorca|Mallorca]]
| clubs8 = [[RCD Mallorca|Mallorca]]
| caps8 = 162
| caps8 = 167
| goals8 = 0
| goals8 = 0
| totalcaps =
| totalcaps =
Liña 51: Liña 51:
| nationalcaps1 = 12
| nationalcaps1 = 12
| nationalgoals1 = 0
| nationalgoals1 = 0
| nationalyears2 = 1999–
| nationalyears2 = 1999–2013
| nationalteam2 = [[Selección de fútbol de Israel|Israel]]
| nationalteam2 = [[Selección de fútbol de Israel|Israel]]
| nationalcaps2 = 78
| nationalcaps2 = 78
| nationalgoals2 = 0
| nationalgoals2 = 0
| medaltemplates =
| medaltemplates =
| club-update = 9 de febreiro de 2014.
| club-update =
| nationalteam-update = 15 de outubro de 2013.
| nationalteam-update =
}}
}}
'''David "Dudu" Aouate''' (en [[lingua hebrea|hebreo]], דודו אוואט), nado en [[Nazareth Illit]] o [[17 de outubro]] de [[1977]], é [[futbolista]] [[Israel|israelí]]. Xoga de [[Posicións no fútbol|porteiro]] e o seu club actual é o [[RCD Mallorca]].
'''David "Dudu" Aouate''' (en [[lingua hebrea|hebreo]], דודו אוואט), nado en [[Nazareth Illit]] o [[17 de outubro]] de [[1977]], é un ex [[futbolista]] [[Israel|israelí]]. Xogaba de [[Posicións no fútbol|porteiro]] e foi internacional coa [[Selección de fútbol de Israel|selección israelí]].


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Liña 87: Liña 87:


{{ORDENAR:Aouate, Dudu}}
{{ORDENAR:Aouate, Dudu}}

[[Categoría:Nados en 1977]]
[[Categoría:Nados en 1977]]
[[Categoría:Futbolistas de Israel]]
[[Categoría:Futbolistas de Israel]]

Revisión como estaba o 21 de outubro de 2014 ás 13:27

Modelo:InfFut2 David "Dudu" Aouate (en hebreo, דודו אוואט), nado en Nazareth Illit o 17 de outubro de 1977, é un ex futbolista israelí. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección israelí.

Traxectoria

Comenzou a súa carreira futbolística profesional co Hapoel Nazareth Illit, pero axiña cambiou para o Maccabi Haifa como porteiro suplente de Nir Davidovich e pasou polo Maccabi Tel Aviv FC onde tampouco xogou, no seu seguinte club, o Hapoel Haifa, a pesar de asegurarselle que sería o titular tampouco xogou ata que Avi Peretz, o porteiro titular tivo que coller unha baixa na temporada 1998-1999. Hapoel gañou o campionato e Dudu foi recoñecido polas súas actuacións e chamado para xogar na selección nacional de fútbol de Israel. No 2002 volveu ó Maccabi Haifa e gañou o campionato e pola súa actuación coa selección nacional foi recoñecido por moitos como o mellor porteiro do país.

O 17 de xullo de 2003 fichou polo Racing de Santander, onde permaneceu tres anos, e en agosto de 2006 asinou un contrato por catro anos co Deportivo da Coruña. Durante a tempada 2008–09 foi afastado do equipo polo adestrador, Miguel Ángel Lotina, tras un enfrontamento que tivo co outro porteiro, Gustavo Munúa, que tamén foi relegado da disciplina branquiazul. Días máis tarde, debido á inexperiencia do porteiro do filial, Fabri, foron novamente chamados.

A finais de decembro de 2008, como debía adestrar separado de Munúa e non entraba nos plans de Miguel Ángel Lotina, Aouate fichou polo RCD Mallorca por aproximadamente 1 millón de euros, até xuño de 2011.[1] Debutou co equipo balear o 8 de xaneiro de 2009 nun partido de Copa do Rei fronte ao UD Almería que rematou con victoria (3–1). Catro días máis tarde, co porteiro titular Miguel Ángel Moyà lesionado, Aouate debutou en Liga na derrota fronte ao Real Madrid (3–0).

Controversia co Yom Kippur

Nunha entrevista ao Diario As, Aouate foi preguntado sobre o significado do Yom Kippur e algunhas preguntas xerais sobre as prohibicións desa festividade. Aouate engadiu que entendía que xogar ao fútbol nesa festividade non estaba permitido, pero que si se lle obrigaba a xogar contra a Real Sociedad, nun partido en setembro de 2006, faríao. Os seus comentarios provocaron unha gran controversia en Israel, onde un membro do partido Shas pediu que Aouate fose eliminado da selección nacional.[2]

En setembro de 2010, Aouate decidiu non xogar fronte a CA Osasuna, xa que o partido debía comezar 18 minutos antes de finalizar o día do xaxún xudeu, e o Mallorca aceptou a súa petición.[3][4]

Antisemitismo

En decembro de 2009, durante un partido entre Osasuna e Mallorca, Aouate foi sometido a cánticos antisemitas provinientes dos seguidores navarros. Ademais, ondearon bandeiras palestinas e chamárono "asasino". A Real Federación Española de Fútbol realizou unha investigación sobre o incidente, sendo xa a segunda vez que o xogador se enfrontou a este tipo de abuso (a vez anterior foi tamén xogando contra Osasuna en 2006, mientras Aouate era xogador do Deportivo).[5][6]

Vida persoal

Aouate está casado con Hagit Aouate, con quen ten dúas fillas e un fillo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas