Ácido glicérico: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Desfíxose a edición 3372750 de 190.90.102.189 (conversa) Pertence ao grupo doa ácidos aldónicos. |
||
Liña 38: | Liña 38: | ||
}} |
}} |
||
O '''ácido glicérico''' é un [[azucre ácido]] natural de tres carbonos |
O '''ácido glicérico''' é un [[azucre ácido]] natural de tres carbonos do grupo dos [[ácido aldónico|ácidos aldónicos]] coa fórmula C<sub>3</sub>H<sub>6</sub>O<sub>4</sub><ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=752 Polyglyceric acid]</ref>. É doadamente soluble en auga e alcohol. Os sales e ésteres do ácido glicérico denomínanse '''gliceratos'''. |
||
==Estereoquímica== |
==Estereoquímica== |
Revisión como estaba o 21 de outubro de 2014 ás 07:58
Ácido glicérico[1] | |
---|---|
Ácido 2,3-dihidroxipropanoico | |
Outros nomes Glicerato | |
Identificadores | |
Número CAS | 473-81-4 |
PubChem | 752 |
ChemSpider | 732 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C3H6O4 |
Masa molecular | 106,08 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido glicérico é un azucre ácido natural de tres carbonos do grupo dos ácidos aldónicos coa fórmula C3H6O4[2]. É doadamente soluble en auga e alcohol. Os sales e ésteres do ácido glicérico denomínanse gliceratos.
Estereoquímica
O ácido glicérico posúe un carbono asimétrico ou quiral, polo que ten isómeros D e L.[3] O ácido D-glicérico atopouse como tal en diversas plantas (son moi comúns nos seres vivos os seus derivados fosfatados). O ácido L-glicérico atopouse na bacteria Pseudomonas elodea.
-
ácido D-Glicérico
-
ácido L-glicérico
Bioquímica
Varios derivados fosfatados do ácido D-glicérico teñen importancia biolóxica, xa que son importantes intermediarios bioquímicos na glicólise, fermentación alcohólica e ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese. Entre eles están: o 2-fosfoglicerato, o 3-fosfoglicerato, o 1,3-difosfoglicerato, e o 2,3-difosfoglicerato.
ácido 2-fosfo-D-glicérico |
ácido 3-fosfo-D-glicérico |
ácido 1,3-difosfo-D-glicérico |
2,3-difosfo-D-glicérico |
Síntese
O ácido glicérico obtense tradicionalmente por oxidación do glicerol con ácido nítrico ou tratándoo con bromo e auga. Tamén se forma pola descomposición espontánea da nitroglicerina [4]. É común hoxe a súa produción biolóxica, por exemplo con certas bacterias do ácido acético a partir de glicerol[5]. Tamén se pode obter oxidando glicerol con catalizadores de ouro/grafito [6].
Notas
- ↑ Merck Index, 11th Edition, 4378.
- ↑ PubChem compound Polyglyceric acid
- ↑ ver CHEBI:32398
- ↑ Organic Chemistry [1]
- ↑ Hiroshi Habe, Tokuma Fukuoka, Dai Kitamoto & Keiji Sakaki: Biotechnological production of d-glyceric acid and its application. Applied microbiology and biotechnology, 2009, 84. nro 3, páxinas 445-452. [2] 6-12-2011.
- ↑ Ulrich Heiz,Uzi Landman: Nanocatalysis, s. 416. Springer, 2007. ISBN 978-3-540-32645-8. [3] (06-12-2011)