Arquivolta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 24 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q636008
Elisardojm (conversa | contribucións)
* axedrezado>axadrezado
Liña 1: Liña 1:
Unna '''arquivolta''' é cada unha das roscas ou molduras que forman unha serie de [[arco (arquitectura)|arcos]] concéntricos decorando o arco das [[portada]]s [[Idade Media|medievais]] no seu [[paramento]] exterior, percorrendo a súa curva en toda a súa extensión e terminando na [[imposta]]. Adoitan arrincar dunha [[xamba]] do [[pórtico]] e terminar na outra. É moi frecuente o seu uso na [[arquitectura románica]] e na [[arquitectura gótica]].
Unna '''arquivolta''' é cada unha das roscas ou molduras que forman unha serie de [[arco (arquitectura)|arcos]] concéntricos decorando o arco das [[portada]]s [[Idade Media|medievais]] no seu [[paramento]] exterior, percorrendo a súa curva en toda a súa extensión e terminando na [[imposta]]. Adoitan arrincar dunha [[xamba]] do [[pórtico]] e terminar na outra. É moi frecuente o seu uso na [[arquitectura románica]] e na [[arquitectura gótica]].


É frecuente que sexa adornado con relevos, segundo se foi estendendo o seu uso. Inicialmente fixéronse decoracións de tipo xeométrico con forma de dentes de serra, axedrezados ou dados, para pasar posteriormente a elementos vexetais e finalmente á decoración con elementos escultóricos de [[medio vulto]] (Santos, Apóstolos, etc.). O [[Pórtico da Gloria]] da [[Catedral de Santiago de Compostela]] é un exemplo magnífico de arquivoltas.
É frecuente que sexa adornado con relevos, segundo se foi estendendo o seu uso. Inicialmente fixéronse decoracións de tipo xeométrico con forma de dentes de serra, axadrezados ou dados, para pasar posteriormente a elementos vexetais e finalmente á decoración con elementos escultóricos de [[medio vulto]] (Santos, Apóstolos, etc.). O [[Pórtico da Gloria]] da [[Catedral de Santiago de Compostela]] é un exemplo magnífico de arquivoltas.


<center>
<center>

Revisión como estaba o 14 de outubro de 2014 ás 22:03

Unna arquivolta é cada unha das roscas ou molduras que forman unha serie de arcos concéntricos decorando o arco das portadas medievais no seu paramento exterior, percorrendo a súa curva en toda a súa extensión e terminando na imposta. Adoitan arrincar dunha xamba do pórtico e terminar na outra. É moi frecuente o seu uso na arquitectura románica e na arquitectura gótica.

É frecuente que sexa adornado con relevos, segundo se foi estendendo o seu uso. Inicialmente fixéronse decoracións de tipo xeométrico con forma de dentes de serra, axadrezados ou dados, para pasar posteriormente a elementos vexetais e finalmente á decoración con elementos escultóricos de medio vulto (Santos, Apóstolos, etc.). O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela é un exemplo magnífico de arquivoltas.

Dous exemplos do arranque de arquivoltas do románico e outros dous de arquivoltas do gótico