Conversa:Copa Deputación da Coruña de fútbol: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 25: Liña 25:
Por outra banda, respecto da fotografía, aquí vos deixo un por de fotografías que poderían valer:
Por outra banda, respecto da fotografía, aquí vos deixo un por de fotografías que poderían valer:
A primeira é unha fotografía do equipo da SD Compostela posando co trofeo despois de gañar a final da edición de 2013 -> [http://3.bp.blogspot.com/-ST8FJC8i8Q4/UhEXh186YTI/AAAAAAAACeA/m-VcnlA2eus/s1600/campeonesdiputacion2.jpg]
A primeira é unha fotografía do equipo da SD Compostela posando co trofeo despois de gañar a final da edición de 2013 -> [http://3.bp.blogspot.com/-ST8FJC8i8Q4/UhEXh186YTI/AAAAAAAACeA/m-VcnlA2eus/s1600/campeonesdiputacion2.jpg]
E a segunda é unha fotografía dese mesmo encontro, co capitán da SD Compostela recollendo o trofeo en primeiro plano -> [http://4.bp.blogspot.com/-9x7cv9EeZ9c/UhEh0jfSszI/AAAAAAAAJM8/9_5yR6SJgjU/s1600/Manu_Copa.jpg]
E a segunda é unha fotografía tamén da edición de 2013, co capitán da SD Compostela [[Manuel Castiñeiras]] recollendo o trofeo de campións en primeiro plano -> [http://4.bp.blogspot.com/-9x7cv9EeZ9c/UhEh0jfSszI/AAAAAAAAJM8/9_5yR6SJgjU/s1600/Manu_Copa.jpg]
As fotos pertencen a dous seguidores do Compos que teñen senllos blogs sobre o equipo, e supoño que se alguén se pon en contacto con eles non terán ningún inconveniente en deixarvos as fotografías. Dígovolo porque eu non teño conta na Galipedia nin sei como funciona iso do Commons. A primeira das fotos pertence a este blog: [http://sd-compostela.blogspot.com.es/]; e a segunda a este: [http://composnews.blogspot.com.es/].
As fotos pertencen a dous seguidores do Compos que teñen senllos blogs sobre o equipo, e supoño que se alguén se pon en contacto con eles non terán ningún inconveniente en deixarvos as fotografías. Dígovolo porque eu non teño conta na Galipedia nin sei como funciona iso do Commons. A primeira das fotos pertence a este blog: [http://sd-compostela.blogspot.com.es/]; e a segunda a este: [http://composnews.blogspot.com.es/].



Revisión como estaba o 14 de outubro de 2014 ás 21:39

Copa Deputación

Ola! Veño de crear este artigo e quería facer unhas puntualizacións:

1º En ningún lado, nin na páxina da FGF, nin en portais deportivos, nin na páxina da propia Deputación da Coruña vén recollido de maneira sistemática o palmarés completo da competición. Nin sequera os clubes que a gañaron sinalan a Copa Deputación nas súas páxinas web como parte do seu palmarés (tan só o fai así o Racing de Ferrol). De aí que falten datos esenciais como varios campións ou os resultados de varias edicións, porque tiven que ir buscando a información manualmente consultando hemerotecas e demais. Por iso é de agradecer que quen saiba, vaia completando os ocos que faltan.

2º Polo que vin, é seguro que a Copa tivo a súa 1ª edición no ano 1988, a súa 2ª edición no ano 1989 e que desde a súa 11ª edición en 1999 se disputou initerrompidamente até o día de hoxe, sendo a actual (a de 2014) a 26ª edición. O que pasa é que se se disputara anualmente desde 1988 até hoxe, a actual edición de 2014 debería ser a edición número 27ª, polo que non se disputou durante un destes anos (só un) da década dos noventa: 1990, 1992, 1994, 1995, 1997 ou 1998. O problema é que non sei cal deles é.

A ver se entre todos deramos obtido toda a información que falta e referenciala.

Un saúdo! —o anterior comentario sen asinar foi feito por 84.79.11.14 (conversacontribucións) 10:18‎, 6 de agosto de 2014 (UTC).

Grazas por iniciares este artigo. Coma ben dis, é moi complicado atopar información desta copa. De feito, eu mesmo tentei comunicarme coa Federación e non obtiven resposta, así que non é tarefa fácil. Estas competicións están moi esquecidas, algo semellante acontece coa Copa Galicia, da que é bastante difícil atopar información (especialmente das edicións dos anos oitenta), e mais co Campionato Galego de Afeccionados. Coido que a Federación e a prensa non lle dan a importancia que merece a estes torneos, porque máis aló de seren torneos oficiais, tamén son unha parte importante da historia do fútbol galego, só hai que ve-la cantidade de equipos implicados na súa disputa, dende os máis fortes ata os máis humildes. En canto ó segundo punto, é certo, houbo un ano non que non se debeu disputa-lo torneo, porque a numeración non cadra cos anos nos que se xogaron, aínda que eu tampouco sei cal. A ver se somos capaces de atopar máis información, porque é bo sacar do esquecemento estas competicións. Un saúdo. Jorges65 (conversa) 8 de setembro de 2014 ás 04:09 (UTC)[responder]
Boas! Engadín unha a caixa de información de competición deportiva, non sei de fútbol, polo que pode que haxa algo que se poda poñer a maiores na caixa ou se algún dato non é correcto. Por outra banda, estaría ben conseguir unha imaxe da copa (se é posible, claro) para poñer na caixa e que así o artigo teña algunha ilustración. Un saúdo!! Piquito (conversa) 23 de setembro de 2014 ás 18:41 (UTC)[responder]


Non hai que esquecer unha cousa. A Copa Deputación Provincial da Coruña NON É UN TORNEO OFICIAL, xa que non o organiza ningunha federación, senón unha administración pública. Polo tanto, preguntar á FGF por isto é como facelo ás paredes. Eu creo que en 1998 non houbo torneo.--83.34.133.3 6 de outubro de 2014 ás 17:59 (UTC)[responder]
A Copa Deputación da Coruña de fútbol está patrocinada pola Excma. Deputación da Coruña e está organizada pola Federación Galega de Fútbol, tal e como se recolle na normativa da mesma (1). Alén diso, no listado de competicións da páxina web da Federación Galega de Fútbol tamén aparece (2), así que son eles quenes deberían te-las actas dos partidos. - Jorges65 (conversa) 12 de outubro de 2014 ás 21:21 (UTC)[responder]


Xa está o palmarés completo! Só faltarían, para termos todos os datos, a data de celebración da final de 1995 e o lugar e a data de celebración de edición de 1996. Mais en principio tampouco se trata de datos esenciais. Para conseguir todos eses datos foi fundamental a achega feita por Jorge Deza, o editor do blog "Ferrol é Racing" sobre o Racing de Ferrol, e que xentilmente aceptou elaborar un artigo no seu blog sobre o historial das finais da Copa Deputación da Coruña depois de que eu llo pedira ao no atopar datos sobre varias das edicións da década dos 90 -> [1].

Por outra banda, respecto da fotografía, aquí vos deixo un por de fotografías que poderían valer: A primeira é unha fotografía do equipo da SD Compostela posando co trofeo despois de gañar a final da edición de 2013 -> [2] E a segunda é unha fotografía tamén da edición de 2013, co capitán da SD Compostela Manuel Castiñeiras recollendo o trofeo de campións en primeiro plano -> [3] As fotos pertencen a dous seguidores do Compos que teñen senllos blogs sobre o equipo, e supoño que se alguén se pon en contacto con eles non terán ningún inconveniente en deixarvos as fotografías. Dígovolo porque eu non teño conta na Galipedia nin sei como funciona iso do Commons. A primeira das fotos pertence a este blog: [4]; e a segunda a este: [5].

En terceiro lugar, a modo de suxestión, creo que o título do artigo debería ser mudado para Copa Deputación da Coruña de fútbol, xa que existe tamén a Copa Deputación da Coruña noutros deportes.

E por último, por se alguén se anima a proseguir coa elaboración dos artigos sobre as Copas Deputación de fútbol das outras provincias galegas, pois aquí vos deixo un recadro co palmarés da Copa Deputación de Ourense (desde logo ese artigo sería ben máis fácil de redactar que o presente) -> [6] (na edición 2013/14 o resultado da final foi de 0-0 e o CD Ourense B levou o torneo nos penaltis)

E iso é todo, un saúdo!