Pontevedra Club de Fútbol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 590: Liña 590:
==Palmarés==
==Palmarés==
===Torneos nacionais===
===Torneos nacionais===
*'''[[Copa Galicia de fútbol|Copa Galicia]] (1)''': 1964-65.
*'''[[Copa Galicia de fútbol|Copa Galicia]] (1)''': 1964/65.
*'''[[Campionato Galego de Afeccionados]] (2)''': 1941-42, 1942-43.
*'''[[Campionato Galego de Afeccionados]] (2)''': 1941/42, 1942/43.
*'''[[Fase Autonómica Galega da Copa RFEF|Copa RFEF - Fase Galega]] (1)''': 2000-01.
*'''[[Fase Autonómica Galega da Copa RFEF]] (1)''': 2000/01.


===Torneos estatais===
===Torneos estatais===

Revisión como estaba o 14 de outubro de 2014 ás 20:46

Pontevedra
Ficheiro:Pontevedra CF.jpg
NomePontevedra Club de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s)Pontevedriña
Ponte
Granates
Fundación16 de outubro de 1941 (82 anos)
EstadioPasarón,
Pontevedra, Galicia
Inauguración1965
Capacidade12.000
PresidenteGalicia Lupe Murillo
AdestradorGalicia Manu Fernández
Liga3ª – Grupo 1
2013–14
VestimentaLotto
PatrocinadorDeputación de Pontevedra
Na rede
http://www.pontevedracf.com
Facebook: PontevedraClubDeFutbol Twitter: PontevedraCFSAD Instagram: pontevedra_cf_sad Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Pontevedra Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Pontevedra. Foi fundado en 1941 e actualmente xoga na Terceira División, tras descender na tempada 2010–11.

A etapa de maior éxito do club foron as 6 tempadas que o equipo xogou en Primeira División entre 1963 e 1970. Actualmente ocupa o posto 42 na Clasificación histórica de Primeira. Durante estas tempadas acadou un 7º posto na tempada 1965-66 e chegou a xogar 5 tempadas consecutivas na categoría. Tamén xogou 9 tempadas en Segunda, 26 en Segunda B e 24 en Terceira.

Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo, equipo da cidade veciña.

Historia

Orixes

En 1907 fundouse en Pontevedra o Sporting Club. Inicialmente xogaba na Xunqueira e adestraba na praza de touros, e posteriormente trasladouse a Campolongo. Neste equipo comezou Luis Otero. Co tempo fundouse o Deportivo, no que xogou Pasarín. Os dous equipos, que compartían campo, uníronse en 1920 co nome de Sociedad Deportiva Atletic Club de Pontevedra, mudándose ao campo de Pasarón. Dous anos despois trasladáronse a un novo campo a carón do Hospital Provincial. En 1922 fundouse o Eiriña CF, campión de Galicia de afeccionados de 1934 e campión da Copa Galicia de 1935. O seu uniforme era camisola amarela e negra e e pantalón negro. Na década de 1920 fundouse tamén o Alfonso FC.

Trala guerra civil retomáronse as actividades deportivas. O Pontevedra Club de Fútbol fundouse o 16 de outubro de 1941 trala unión dos dous clubs máis importantes daquela época da cidade, o Eiriña e o Alfonso CF[1]. O seu primeiro presidente foi Fernando Ponte Conde. O primeiro partido foi un amistoso contra Celta de Vigo o 28 de decembro de 1941, no campo de Pasarón, que rematou con empate a tres goles. Polo Pontevedra xogaron Domínguez, Ruibal, Hermida, Calviño, Quico II, Ernesto, Pinocho, Foro, Corbacho, Besada (que marcou o primeiro gol) e Iglesias.

Competicións oficiais

O Pontevedra solicitou participar no Campionato Galego de Afeccionados. Debutou o 22 de febreiro de 1942 contra o Santiago de Compostela, perdendo por 1 a 0. O primeiro partido oficial en Pasarón tivo lugar o 1 de marzo contra o Celta B, con empate a 1. Logo de 6 partidos, o equipo granate proclámase campión do grupo sur, disputando a final contra o Galicia de Ferrol. Os pontevedreses gañaron o campionato tras vencer 3-0 en Pasarón e perder 2-1 no Inferniño. Esta vitoria deulle a posibilidade de disputar o campionato de España de afeccionados, perdendo en cuartos de final contra o Mediodía de Madrid.

Comezou a tempada 1942-43 na serie A Rexional, e proclamouse de novo campión galego de afeccionados, doutra volta contra o Galicia de Ferrol. No campionato de España foi eliminado contra o Sama de Langreo.

En 1943 o equipo comezou en terceira división, e malia que quedou campión varios anos (1947 e 1948) e xogou a promoción de ascenso en varias ocasións, mantívose nesta categoría até 1957, cando descendeu á categoría Rexional. Ao ano seguinte ascendeu tras quedar campión, e na tempada 1959-60 acadou o ascenso a segunda división, tras unha promoción contra o Burgos logo dun partido de desempate en León.

En 1961 produciuse o debut na Copa do Xeneralísmo, perdendo na primeira eliminatoria contra o Castellón. En 1963 o equipo adestrado por Rafa Yunta resultou campión da segunda división, acadando o ascenso á máxima categoría.

O debut do equipo na Primeira división foi na tempada 1963-64. A época dourada na primeira división é coñecida como a do Hai Que Roelo, debido á dificultade que tiñan os equipos rivais para gañar ós granates no campo de Pasarón.

Despois do descenso da primeira división iníciase unha etapa irregular, na que chega a descender a terceira. Na tempada 1983-84 leva por primeira vez publicidade nas camisolas, estando patrocinado pola Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Na tempada 1984-85 quedou subcampión da Copa da Liga de España de Segunda División B, perdendo na final contra o Sestao SC. O 5 de xuño de 1985 foi elixido presidente Luís Emilio Batallán.

Tras moitos anos en segunda B, acadou o ascenso a segunda na tempada 2003-04, adestrado por José Aurelio Gay, se ben non foi quen de manter a categoría.

O 23 de xaneiro de 2007 o club conseguiu culminar con éxito o proceso de transformación voluntaria en Sociedade Anónima Deportiva, en boa parte pola mediación do seu presidente, Nino Mirón, que se fixo co 52 % das accións do club no último momento. Nese mesmo ano gañou a Copa Federación tras impoñerse na final ao Mallorca B.

Na tempada 2010–11 sufriu unha fonda crise económica. Trala destitución a mediados de outubro de Ángel Viadero, Fernando Castro Santos ofreceuse para adestrar o equipo de balde. En decembro, os xogadores ameazaron á directiva con ir á folga logo de catro meses sen cobraren.[2] O 5 de xaneiro de 2011 mudou a xunta directiva, quedando como presidente do club o empresario Mauricio Rodríguez Boullosa.[3] O 5 de maio materializou o descenso matemático a Terceira División tras unha tempada moi irregular, a falta dun partido.

Na tempada 2011–12 de Terceira División acabou no cuarto posto, clasificándose para xogar a fase de ascenso a Segunda División B. Con todo, foi eliminado polo Espanyol B na primeira rolda e non conseguiu subir de categoría. Na tempada seguinte non conseguiu clasificarse para a fase de ascenso, ao rematar na 5ª posición. O 26 de xuño de 2013 Mauricio Rodríguez deixou a presidencia, ocupándoa José Manuel Fernández en funcións. O 7 de xullo de 2014 pasou a ser presidenta do equipo a empresaria Lupe Murillo[4].

Trofeos de verán

Desde 1959 o equipo organiza o Trofeo Luis Otero, lembrando ao futbolista pontevedrés Luis Otero Sánchez, que chegou a ser olímpico en Amberes en 1920.

En 1984 instaurouse o Trofeo Deputación, que non tivo continuidade.

Na actualidade disputa tamén o Trofeo Cidade de Pontevedra, organizado polo concello.

Escudo

O escudo oficial do club consiste nunha fusión do escudo da cidade, unha ponte ameada, e un balón. Entre estes dous elementos atópase unha banda coa palabra "Pontevedra" inscrita nela, mentres que no interior do balón pódense ler as letras C e F.

Uniforme

O uniforme histórico do Pontevedra CF é camiseta granate, pantalón azul e medias granates. Inicialmente o pantalón era branco, mudándose polo azul en 1956 por problemas de lavandería. Tamén houbo outras variacións ao longo da historia, como o uso de medias azuis ou ata dunha camiseta a raias azuis e granates.

Os uniformes para a tempada 2010/11 son:

  • Uniforme titular: Camiseta granate con detalles dourados, pantalón azul e medias granates.
  • Uniforme alternativo: Camiseta gris con detalles dourados, pantalón gris e medias azuis.

Actualmente, a súa marca é Bemiser e o seu patrocinador é Deputación de Pontevedra.

Himno

O himno do Pontevedra CF está na súa maior parte en lingua castelá, se ben inclúe como retrouso unha cantiga popular galega[5]:

Pontevedra boa vila,
dá de beber a quen pasa
a fonte na Ferrería
San Bartolomé na praza.

Mascota

A mascota actual é Roelio, unha especie de óso andante vestido co uniforme titular do equipo. Esta mascota é unha homenaxe ó alcume do equipo na época en que estaba en primeira división, o Hai que Roelo.

Estadio

Estadio Municipal de Pasarón de Pontevedra.
Artigo principal: Estadio Municipal de Pasarón.

O Pontevedra xoga os seus partidos no Estadio Municipal de Pasarón, que foi inaugurado en 1965. As súas medidas son 105 x 66 metros. Albergaba a 16.500 persoas, e logo dun proceso de reformas que acabaron en maio de 2010, caben 12.000. O estadio xa fóra reformado en 1982 co gallo da Copa do Mundo.

Furgoneta propiedade do club.

Datos do club

Datos do club en Primeira división

  • Debut en liga: 1963-64
  • Partidos xogados: 180
    • Gañados: 53
    • Empatados: 44
    • Perdidos: 83
    • Goles a favor: 165
    • Goles en contra: 221
    • Puntos: 150
  • Mellor posto: 7º (tempada 1965-66)
  • Peor posto: 16º (tempada 1969-70)

Historial na liga

Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1941/42 Rexional
1942/43 Rexional
1943/44
1944/45
1945/46
1946/47
1947/48
1948/49
1949/50
1950/51
1951/52
1952/53 12º
1953/54 12º
1954/55
1955/56
1956/57 15º
1957/58 Rexional
1958/59
1959/60
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1960/61
1961/62
1962/63
1963/64 15º
1964/65
1965/66
1966/67 10º
1967/68
1968/69 12º
1969/70 16º
1970/71 10º
1971/72 11º
1972/73 18º
1973/74
1974/75
1975/76
1976/77 17º
1977/78 2ªB
1978/79 2ªB 16º
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1979/80 2ªB 13º
1980/81 2ªB 18º
1981/82
1982/83
1983/84
1984/85 2ªB
1985/86 2ªB
1986/87 2ªB
1987/88 2ªB
1988/89 2ªB
1989/90 2ªB 10º
1990/91 2ªB 14º 3ª rolda
1991/92 2ªB
1992/93 2ªB 13º
1993/94 2ªB
1994/95 2ªB
1995/96 2ªB 12º 1ª rolda
1996/97 2ªB
1997/98 2ªB 10º
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1998/99 2ªB 12º
1999/00 2ªB
2000/01 2ªB 14º
2001/02 2ªB
2002/03 2ªB Rolda previa
2003/04 2ªB 2ª rolda
2004/05 22º 3ª rolda
2005/06 2ªB 2ª rolda
2006/07 2ªB
2007/08 2ªB 1/16 de final
2008/09 2ªB 12º 1ª rolda
2009/10 2ªB
2010/11 2ªB 18º 1ª rolda
2011/12
2012/13
2013/14
2014/15

Xogadores históricos

Corpo técnico

Directiva

Presidentes ao longo da historia

  • 9. Miguel Otero Rodríguez (1963–1970)
  • 10. Celso Mariño Ferreiro (1970–1971)
  • 11. Ángel Agrasar Vidal (1971–1974)
  • 12. Eulogio Vázquez (1974–1981)
  • 13. Miguel Domínguez Vaz (1981–1985)
  • 14. Luis Emilio Batallán (1985–1989)
  • 15. Jesús Pérez Yáñez (1989–1990)
  • 16. Javier Redondo Seijo (1990–1991)

Palmarés

Torneos nacionais

Torneos estatais

Outros premios

Filial

Artigo principal: Pontevedra B.

O Pontevedra Club de Fútbol B é o equipo filial do Pontevedra. Fundouse en 1965 e actualmente xoga na Preferente Autonómica de Galicia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Modelo:Terceira División G1