Real Club Deportivo Fabril: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 342: Liña 342:
*'''[[Preferente Autonómica de Galicia|Serie A]]''' (2): 1953-54, 1976-77
*'''[[Preferente Autonómica de Galicia|Serie A]]''' (2): 1953-54, 1976-77
*'''[[Campionato Galego de Afeccionados]]''' (1): 1953-54
*'''[[Campionato Galego de Afeccionados]]''' (1): 1953-54
* '''[[Copa Deputación da Coruña]]''' (2): 1997, 2001
* '''[[Copa Deputación da Coruña]]''' (3): 1994, 1997, 2001
*Subcampión da [[Copa Galicia de fútbol|Copa Galicia]] (1): 1963
*Subcampión da [[Copa Galicia de fútbol|Copa Galicia]] (1): 1963



Revisión como estaba o 14 de outubro de 2014 ás 20:04

Deportivo B
NomeReal Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. B
Alcume(s)Fabril
Dépor B
Fundación21 de febreiro de 1914 (110 anos)
EstadioO Mundo do Fútbol,
Abegondo, Galicia
Inauguración2003
Capacidade3.000
PresidenteGalicia Tino Fernández
AdestradorGalicia Manuel Mosquera
Liga3ª – Grupo 1
2013–14
VestimentaLotto
PatrocinadorEstrella Galicia
Na rede
http://www.canaldeportivo.com
Titular
Alternativo
Terceiro

O Deportivo da Coruña B, que ten como nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña B, é un equipo de fútbol galego, o filial do Deportivo da Coruña. Fundouse en 1914 e milita na Terceira División, tras descender na tempada 2010–11. O 21 de febreiro de 2014, cumpliu 100 anos de historia[1].

Tradicionalmente chámaselle Fabril, debido a que este era o nome do club antes do actual.

Historia

O Fabril Foot-ball Club foi fundado en 1914 polo dono dunha fábrica téxtil situada no barrio de Catro Camiños, na Coruña. O seu uniforme orixinal compúñase dunha camisola a bandas verticais azulgranas e un pantalón negro. Nesta etapa, destaca a presenza de Ramón González no equipo fabrilista.

Durante os anos trinta e corenta, o club partipa nas divisións de modestos da cidade herculina. En 1941, é obrigado a eliminar os estraxeirismos do seu nome por mor das leis franquistas, mudando o seu nome polo de Fabril Sociedad Deportiva.

En 1948, o club asina un convenio de asociación co Deportivo da Coruña e comeza a participar na Serie A. Na tempada 1953-54 o Fabril, con Luis Suárez nas súas filas, gañoulle ó Club Turista na final do Campionato Galego de Afeccionados. Ese mesmo ano, ascendeu a Terceira división despois de proclamarse campión da Serie A.

A finais da década de 1950 e principios da de 1960 o club viuse inmerso nunha grave crise económica. Nese momento, o Fabril asina un acordo co Deportivo, polo cal este asumiu todas as débedas do anterior, que pasaba a ser o seu filial baixo o nome de Fabril Deportivo. En 1963, o Deportivo Xuvenil fusionase co Fabril.

Na tempada 1963-64 xogou a promoción de ascenso á Segunda división, pero non logrou subir de categoría.

Tras distintos cambios de categoría durante as décadas seguintes, en 1991 o Fabril conseguiu o ascenso a Segunda B con Paco Melo como adestrador. O equipo só durou un ano na categoría, a 1991-92, volvendo a Terceira tras quedar 18º.

En 1993 asinouse un novo acordo entre o Deportivo e os dez socios membros do Fabril. Por este acordo o Fabril pasou a ser federativamente o Real Club Deportivo de La Coruña B.

Na tempada 1994-95 volveu ascender a Segunda B e nas tempadas 1996–97 e 1997–98 xogou a liguiña de ascenso a Segunda División, aínda que non logrou subir.

O club regresou á Terceira División en 1999, onde estivo unha tempada e volveu ascender. Este ascenso durou só unha tempada, regresando a Terceira en 2001. En 2005-06 resultou campión da categoría, pero non logrou o ascenso. Na 2006-07 volveu gañar a liga, e desta volta si conseguiu subir a Segunda B, tras eliminar ó CD Don Benito na fase de ascenso.

Na tempada 2007-08 quedou 4º, e xogou a fase de ascenso a Segunda División pero foi eliminado na primeira eliminatoria polo Écija Balompié. Na tempada 2008-09 quedou 17º volvendo á Terceira división na última xornada.

Na campaña 2009–10 volveu ser campión de Terceira a tres xornadas do final, ascendendo novamente á Segunda División B, tras superar a eliminatoria contra o Burgos CF nos penaltis en Riazor. Na tempada 2010–11 descendeu novamente a Terceira División.

Nomes do club

  • Fabril Foot-ball Club (1914–1941)
  • Fabril Sociedad Deportiva (1941–1963)
  • Fabril Deportivo (1963–1993)
  • Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. "B" (1993– )

Estadio

O estadio no que xoga habitualmente o Deportivo B é o Mundo do Fútbol (situado en Abegondo), con capacidade para 3.000 espectadores, se ben tamén ten utilizado o Estadio de Riazor en partidos de especial transcendencia como foi o da fase de ascenso á Segunda División na tempada 2007–08.

Datos do club

Historial na liga

Tempada Categoría Posto
1964/65
1965/66
1966/67
1967/68
1968/69
1969/70 11º
1970/71 Rexional
1971/72 19º
de 72-73 Rexional
a 76-77 Rexional
1977/78
1978/79 17º
Tempada Categoría Posto
1979/80 16º
1980/81 10º
1981/82 11º
1982/83
1983/84
1984/85 10º
1985/86
1986/87 11º
1987/88
1988/89
1989/90
1990/91
Tempada Categoría Posto
1991/92 2ªB 18º
1992/93
1993/94
1994/95
1995/96 2ªB
1996/97 2ªB
1997/98 2ªB
1998/99 2ªB 17º
1999/00
2000/01 2ªB 20º
2001/02
2002/03
Tempada Categoría Posto
2003/04
2004/05
2005/06
2006/07
2007/08 2ªB
2008/09 2ªB 17º
2009/10
2010/11 2ªB 17º
2011/12
2012/13
2013/14
2014/15

Xogadores

Cadro actual

Datos do 27 de agosto de 2014.
Posto País Xogador
POR Galicia David Gómez
POR Portugal Rafael Veloso
DEF Galicia Jorge Callón
DEF Galicia Toni Insua
DEF Galicia Róber
DEF Galicia Iago López
DEF Galicia Jorge Fernández
DEF Galicia Quique Fornos
MED Samuel Piette
MED Galicia Samu
MED Galicia Santi Taboada
Posto País Xogador
MED Galicia Adrián Martínez
MED Galicia Alvaro Queijeiro
MED Galicia Juan
MED Galicia Gabi
DIA Galicia Dani Iglesias
DIA Galicia Álex Pérez
DIA Galicia Cañi
DIA Galicia Marcos Remeseiro
DIA Portugal Miguel Cardoso
DIA Kim

Xogadores cedidos

Posto País Xogador
MED Portugal Paulo Teles (Cedido á SD Compostela ata o 30 de xuño de 2015)
MED Galicia Álvaro Lemos (Cedido á SD Compostela ata o 30 de xuño de 2015)
MED Galicia Bicho (Cedido ao FC Barcelona B ata o 30 de xuño de 2016)

Adestradores

Palmarés

Torneos nacionais

Torneos estatais

Torneos amigables

  • Trofeo Sporting Sada (1): 2009
  • Trofeo Cidade de Betanzos (1): 2009
  • Trofeo Santiago Apóstol – VI Memorial Lisardo Campos (1): 2010
  • Trofeo de Vimianzo (1): 2010
  • Trofeo Concello de Cedeira (1): 2010

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Terceira División G1