Species Plantarum: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
categorización correcta
→‎Ligazóns externas: + Linnaeus Link Union Catalogue
Liña 25: Liña 25:
{{commonscat}}
{{commonscat}}
* [http://www.botanicus.org/title.aspx?bibid=b12069590 ''Species Plantarum'' online] en www.botanicus.org, A biblioteca dixital do Xardín Botánico de Missouri
* [http://www.botanicus.org/title.aspx?bibid=b12069590 ''Species Plantarum'' online] en www.botanicus.org, A biblioteca dixital do Xardín Botánico de Missouri
* [http://www.linnaeuslink.org/search/results?query=Species+Plantarum Linnaeus Link Union Catalogue]


[[Categoría:Obras literarias de 1753]]
[[Categoría:Obras literarias de 1753]]

Revisión como estaba o 14 de outubro de 2014 ás 09:51

Páxina capa co título do libro.

Species Plantarum, (abreviado Sp. Pl.), é unha obra botánica que foi publicada en 1753, coma un traballo en dous volumes por Carl von Linné. A súa principal importancia radica en que é o punto de partida da nomenclatura botánica que se usa hoxe en día. Isto quere dicir que non se aceptan como "validamente publicados" os nombs de táxones anteriores á data de publicación deste libro, e os primeiros táxones "validamente publicados" son os que aparecen neste libro.

Características

Contiña todas as plantas coñecidas daquela, e permitía a doada identificación de plantas, mediante un sistema de clasificación que as agrupaba en especies, xéneros, ordes e clases. Mediante o conteo de pistilos e estames, calquera persoa, aínda sen moitos coñecementos sobre plantas, era quen de chegar a nivel do xénero ao que a planta pertencía.

Estableceu os nomes das especies como un nome binominal e agrupounas en xéneros e familias, dando orixe ás categorías taxonómicas.

O volume nº 1 da primeira edición abrangue 11 páxinas sen numerar nas páxinas de introdución e do 1 al 560, mentres que o volume 2 refírese ás páxinas 561 a 1.200, miás 31 páxinas sen numerar de índice, adicións e erros.

Logo da súa primeira edición, esta obra tivo varias edicións, continuando despois de que o seu autor finase. Species Plantarum tamén marca o punto de partida dun grande auxe na popularidade da ciencia, e se podería dicir que é unha das publicacións máis importantes da bioloxía.

Linné publicou a segunda e maila terceira edición desta obra. A segunda, en dous volumes, foi publicada en 1762-1763, coas págxnas de correccións e material complementario. A terceira edición foi en realidade moi semellante á segunda, mais coas correccións e material complementario integrado no texto, e se publicou en 1764.

Logo da morte de Linné, Carl Ludwig Willdenow levou a cabo unha nova edición, moi ampliada do traballo. Esta edición titulouse Editio Quarto , ou "Cuarta Edición", e foi publicada en seis volumes, en trece partes, desde 1797 até 1830, e foi terminada despois da morte de Willdenow. A sexta edición foi publicada baixo Heinrich Friedrich Link e Albert Gottfried Dietrich en dous volumes en 1831-1833.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas