Dozón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito xentilicio que non está no Galicionario
Liña 5: Liña 5:
imaxe=[[Ficheiro:Casa do Concello de Dozón.JPG|300px]]|
imaxe=[[Ficheiro:Casa do Concello de Dozón.JPG|300px]]|
pé= Casa do concello.|
pé= Casa do concello.|
xentilicio= [[wikt:Dozón|wikt:castrense/castreño]]|
xentilicio= |
provincia= Pontevedra|
provincia= Pontevedra|
preposición1= de|
preposición1= de|

Revisión como estaba o 14 de outubro de 2014 ás 07:58


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Coordenadas: 42°35′43″N 8°2′48″O / 42.59528, -8.04667

Dozón
Escudo de Dozón
Casa do concello.
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Deza
Poboación1.328 hab. (2012)[1][2]
Área74,2 km²[2]
Densidade17,9 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias[3]
Capital do concelloO Castro
Política (2011)
AlcaldeAdolfo Campos Panadeiros (PP)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 0
Outros: -
Eleccións municipais en Dozón
Uso do galego[4] (2001)
Galegofalantes98,86%
Na rede
http://www.dozon.org
editar datos en Wikidata ]

Dozón é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2012 tiña 1.328 habitantes, o dato deste mesmo ano 2012 arroxa unha sangría demográfica que fai que este concello do interior pontevedrés perda máis do 25% do seu censo con respecto a 2011.

Xeografía

O concello está situado no nordeste da provincia de Pontevedra. Limita ao noroeste con Lalín, ao nordeste con Rodeiro, e ao sur co Irixo e Piñor (provincia de Ourense). Con 75 km², é o municipio máis pequeno da comarca do Deza. Ten 8 parroquias e 54 aldeas, sendo a capital O Castro.

Está situado nas terras altas do val do río Deza, na vertente Oeste da Dorsal Occidental Galega, nos contrafortes das serras do Faro e dos montes do Testeiro, a altitude media é superior os 740 m. O teito do concello constitúeo a Pena de Francia, de 914 m. Tamén destacan os montes Cubelos (833 m) a Gándara (870 m), estas elevacións forman a divisoria das augas das concas do Miño e do Ulla, e e Coto da Lebre (770 m).

Neses montes nacen diversos ríos e regatos, que conforman unha extensa rede fluvial. O río Asneiro, tamén chamado Dozón, nace nas proximidades da Pena de Francia. Dá nome á zona, e é popularmente coñecido coma Deza debido a un erro ortográfico na cartografía do século pasado.

Demografía

Censo total (habitantes) 1.241
Menores de 15 anos 76 (6,12 %)
Entre 15 e 64 anos 702 (56,57 %)
Maiores de 65 anos 463 (37,3 %)

Evolución da poboación no intervalo 2000 - 2013:


Evolución da poboación de Dozón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
2.750 2.636 2.506 2.492 2.030 1.781 1.744
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Nun documento do ano 832 hai unha referencia a Dezón, manténdose este topónimo até o século XIII. En 1226 aparece o topónimo actual, nun documento no que Gonzalo Rodríguez subscribe coma primeiro titular o establecemento do arcediagado de Dozón.

No termo municipal está establecido o nacemento do lendario rei Vamba[Cómpre referencia]. No século X converteuse en Real Couto de Dozón por iniciativa do rei Sancho I de León e da súa muller, logrando privilexios coma a exención do pago de impostos. O Real Couto foi orixinariamente señorío da abadesa do mosteiro de San Pedro de Dozón, pero máis tarde converteuse en señorío do abade do mosteiro de Oseira, do que aínda se conservan escudos nalgún dos edificios máis senlleiros da bisbarra.

Durante o reinado de Filipe II, Dozón converteuse en Reguengo.

Patrimonio

A vila do Castro aséntase sobre un dos moitos castros fundados na idade de Bronce, dos que aínda se conservan numerosas pegadas. Destacan polo seu bo estado de conservación o castro de San Breixo, en Maceiras, e o de Santa María, na parroquia de Dozón.

Do período da romanización consérvanse súas pontes e restos dunha calzada cara ás terras de Camba.

A igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón é un templo románico do século XII. A igrexa de Santa María de Dozón ten elementos pertencentes ao barroco. Ademais das outras igrexas parroquiais, están as ermidas de San Domingos en Sanguiñedo, a de Santo Amaro e O Pilar, no Sisto, e a da Virxe da Pena de Francia.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Dozón.

Nados en Dozón

Véxase tamén: Categoría:Nados en Dozón.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Dozón

Bidueiros (Santa María) | O Castro (San Salvador) | Dozón (Santa María) | As Maceiras (San Remixio) | Saa (Santiago) | Sanguiñedo (Santa María) | O Sisto (San Xoán) | Vilarello (Santo André)

Lugares de Dozón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Dozón vexa: Lugares de Dozón.

Notas

  1. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  2. 2,0 2,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Dozón".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  3. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén