Calígula: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "en:Caligula" é un artigo bo
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Liña 33: Liña 33:
[[Categoría:Nados en 12]]
[[Categoría:Nados en 12]]
[[Categoría:Finados en 41]]
[[Categoría:Finados en 41]]

{{Link FA|de}}
{{Link FA|es}}
{{Link GA|en}}

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2014 ás 22:53

Busto de Calígula.

Caio César, nado en Antium (hoxe Anzio) o 31 de agosto do 12 e finado en xaneiro do ano 41, foi un emperador romano. Sucedeu ó seu avó adoptivo Tiberio no trono imperial romano co nome de Caio Xulio César Xermánico. O sobrenome de Calígula vén dos seus tempos mozos (significa calzado pequeno).

Traxectoria

Acadou o poder absoluto matando sucesivamente ós seus pais, ós seus irmáns maiores e, logo de ser emperador, por se acaso mandou cortar a cabeza a Tiberio Xemelgo, o único que podía disputarlle o trono.

Porén, os seus primeiros meses de reinado foi un dirixente querido polo pobo. As continuas xornadas de xogos en Roma e as súas célebres reparticións de comida ós máis necesitados volvérono querido e admirado en toda Roma.

Pero tras unha crise mental, o benquerido Calígula perdeu o control: nomeou o seu cabalo (Incitatus) senador e malgastou a fortuna estatal en absurdas campañas militares. Convencido de ser un deus en vida, mandou as lexións a Ostia a combater o deus Neptuno. Imitando a Xúpiter (Zeus), practicoulle un aborto á súa muller, Drusila (tamén era a súa irmá), e comeu o rapaz.

En xaneiro do 41 d. C., os oficiais Casio Querea e Cornelio Sabino acabaron coa súa vida, matando tamén á súa filla Xulia Drusila e á súa esposa Caesonia.

Imperio Romano

Segue a:
Tiberio
Calígula
(37-41)

Precede a:
Claudio
Dinastía Xulio-Claudia

Galería de imaxes

Véxase tamén