Voitre: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 92: | Liña 92: | ||
[[Categoría:Acipítridos]] |
[[Categoría:Acipítridos]] |
||
{{Link FA|als}} |
Revisión como estaba o 5 de outubro de 2014 ás 00:38
Voitres | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||
| ||||||||||
Xéneros | ||||||||||
Gypohierax Gypaetus Gyps Neophron Necrosyrtes Aegypius Torgos Trigonoceps Sarcogyps |
voitre é o nome vulgar aplicado xenericamente a diversas especies de aves falconiformes membros da subfamilia Aegypiinae, pertencente a familia Accipitridae. O nome faise a miúdo extensivo os membros da familia Cathartidae, voitres americanos ou voitres do Novo Mundo, que estudos recentes colocan dentro da mesma orde cás cegoñas, (Ciconiidae) e que non teñen unha relación taxonómica moi próxima cos voitres verdadeiros, que viven en Europa, Asia e África. As semellanzas aparentes dos dous grupos de voitres serían froito da converxencia evolutiva.
Descrición
Os voitres son aves de tamaño grande, que acadan lonxitudes de máis de un metro e envergaduras de alas de ata 2,50 m. É habitual a presenza en moitas das especies dun colar de plumas, que envolve a parte inferior dun pescozo longo e espido ou cuberto de plumas curtas.
Ecoloxía
Hábitat e distribución
Os voitres viven frecuentemente en paisaxes abertas coma estepas, sabanas e semidesertos, pero moitas especies son tamén habituais de zonas montañosas, onde aproveitan as correntes de aire ascendentes que lles facilitan o voo planeado. As diferentes especies están espalladas polo sur de Europa, Asia e África .
Alimentación
Os voitres están especializados en alimentarse de calaza, que localizan exclusivamente pola vista mentres planean e gran altura. Os pescozos espidos e as cabezas calvas de moitas especies parecen destinados a facilitar que estes se manteñan limpos do sangue e os fluídos dos animais mortos que devoran.
Conduta
Máis das especies son aves sociais, que se xuntan en bandos ó redor das presas. Os voitres meirandes adoitan se-los primeiros en atacar o cadáver, porque os seus bicos fortes son os únicos capaces de rachar a pele dura do animal morto.
Xéneros e especies
- Gypohierax
G. angolensis
- Gypaetus
G. barbatus, quebraosos
- Neophron
N. percnopterus, meloufa
- Necrosyrtes
N. monachus, meloufa de carapucha
- Gyps
G. africanus, voitre africano
G. bengalensis ,voitre de Bengala
G. indicus
G. rueppellii, voitre de Rüppel
G. himalayensis, voitre do Himalaia
G. fulvus, voitre común
G. coprotheres
- Aegypius
Ae. Monachus, voitre negro
- Torgos
T. Tracheliotus, voitre torgo
- Trigonoceps
T. occipitalis
- Sarcogyps
S. calvus
Literatura
- Friederike Woog: Geierforschung auf Höhenflug. In: Naturwissenschaftliche Rundschau. 60(2), S. 97 - 99 (2007).
Ligazóns externas
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Voitre |