Guillaume Apollinaire: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
img
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Apollinaire Rouveyre 1914.webm|thumb|thumbtime=1|Guillaume Apollinaire (left) and André Rouveyre, en [[1914]].]]
[[Ficheiro:Apollinaire Rouveyre 1914.webm|thumb|thumbtime=1|Guillaume Apollinaire (esquerda) e André Rouveyre, en [[1914]].]]
'''Wilhelm Albert Vladimir Apollinaris de Kostrowitzky''', coñecido como '''Guillaume Apollinaire''', nado en [[Roma]] o [[26 de agosto]] de [[1880]] e finado en [[París]] o [[9 de novembro]] de [[1918]], foi un escritor e crítico de arte [[Francia|francés]].
'''Wilhelm Albert Vladimir Apollinaris de Kostrowitzky''', coñecido como '''Guillaume Apollinaire''', nado en [[Roma]] o [[26 de agosto]] de [[1880]] e finado en [[París]] o [[9 de novembro]] de [[1918]], foi un escritor e crítico de arte [[Francia|francés]].



Revisión como estaba o 3 de outubro de 2014 ás 07:47

Guillaume Apollinaire (esquerda) e André Rouveyre, en 1914.

Wilhelm Albert Vladimir Apollinaris de Kostrowitzky, coñecido como Guillaume Apollinaire, nado en Roma o 26 de agosto de 1880 e finado en París o 9 de novembro de 1918, foi un escritor e crítico de arte francés.

Traxectoria

Fillo dunha condesa polaca, dende 1902 foi un dos membros máis populares do barrio artístico parisino de Montparnasse, tivo por amigos e colaboradores a Pablo Picasso, Max Jacob, André Salmon,Marie Laurencin, André Derain, Blaise Cendrars, Pierre Reverdy, Jean Cocteau, Erik Satie, Ossip Zadkine e Marcel Duchamp.

En 1909 publicou o seu primeiro libro O encantador en putrefacción, baseado na lenda de Merlín e Viviana. Os seus poemarios, O bestiario ou o cortexo de Orfeo (1911) e Alcoois (1913) reflicten a influencia do simbolismo, con importantes innovacións formais; nese mesmo ano apareceu o ensaio crítico Os pintores cubistas, defensa do novo movemento como superación do realismo. No 1916 publicou o libro de relatos O poeta asasinado.

Alistouse como voluntario en 1914 no exército francés, combatendo na Primeira Guerra Mundial. Foi ferido de gravidade na cabeza en 1916, morrendo dous anos despois, vítima da gripe española.

Modelo:Link FA