Eslovaquia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Organización territorial: edición de táboa
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 59: Liña 59:


== Historia ==
== Historia ==
[[File:Web Biatec.jpg|thumb|esquerda|Á esquerda: A moeda celta Biatec<br/>Á dereita: Cinco coroas Eslovacas]]
[[Ficheiro:Web Biatec.jpg|miniatura|esquerda|Á esquerda: A moeda celta Biatec<br/>Á dereita: Cinco coroas Eslovacas]]
A poboación eslava orixinal formouse no [[século V]] na área onde hoxe fica Eslovaquia. Eslovaquia formaba parte do centro do imperio de Samo no século VII. O punto máis alto do estado proto-eslovaco do [[século IX]], coñecido como Gran Moravia, deuse coa chegada de Cirilo e de Methodius e coa expansión do reinado do rei Svatopluk. Eslovaquia acabou por se tornar parte do reino da [[Hungría]] entre os séculos [[século XI|XI]] e [[século XIV|XIV]] e foi, máis tarde, parte da Austria-Hungría ata [[1918]]. Nese ano, Eslovaquia xuntouse coas rexións da Bohemia e da veciña Moravia para formar [[Checoslovaquia]]. Coa separación do país que se seguiu ao Acordo de Munique de 1938, Eslovaquia transformouse nunha república separada, mais baixo un control firme por parte da [[Alemaña nazi]].
A poboación eslava orixinal formouse no [[século V]] na área onde hoxe fica Eslovaquia. Eslovaquia formaba parte do centro do imperio de Samo no século VII. O punto máis alto do estado proto-eslovaco do [[século IX]], coñecido como Gran Moravia, deuse coa chegada de Cirilo e de Methodius e coa expansión do reinado do rei Svatopluk. Eslovaquia acabou por se tornar parte do reino da [[Hungría]] entre os séculos [[século XI|XI]] e [[século XIV|XIV]] e foi, máis tarde, parte da Austria-Hungría ata [[1918]]. Nese ano, Eslovaquia xuntouse coas rexións da Bohemia e da veciña Moravia para formar [[Checoslovaquia]]. Coa separación do país que se seguiu ao Acordo de Munique de 1938, Eslovaquia transformouse nunha república separada, mais baixo un control firme por parte da [[Alemaña nazi]].


Liña 77: Liña 77:
| width="60px"|'''Escudo''' || width="250px" |'''Galego''' || '''Eslovaco'''
| width="60px"|'''Escudo''' || width="250px" |'''Galego''' || '''Eslovaco'''
|-
|-
| [[File:SŁO Kraj Bratysławski COA.svg|30px]] || 1 [[Bratislava]] || Bratislavský kraj
| [[Ficheiro:SŁO Kraj Bratysławski COA.svg|30px]] || 1 [[Bratislava]] || Bratislavský kraj
|-
|-
| [[File:SŁO Kraj Trnawski COA.svg|30px]] ||2 [[Trnava]] || Trnavský kraj
| [[Ficheiro:SŁO Kraj Trnawski COA.svg|30px]] ||2 [[Trnava]] || Trnavský kraj
|-
|-
| [[File:SŁO Kraj Trenczyński COA.svg|30px]] ||3 [[Trenčín]] || Trenčiansky kraj
| [[Ficheiro:SŁO Kraj Trenczyński COA.svg|30px]] ||3 [[Trenčín]] || Trenčiansky kraj
|-
|-
| [[File:Erb Nitrianskeho samosprávneho kraja.jpg|30px]] ||4 [[Nitra]] || Nitriansky kraj
| [[Ficheiro:Erb Nitrianskeho samosprávneho kraja.jpg|30px]] ||4 [[Nitra]] || Nitriansky kraj
|-
|-
| ||5 [[Žilina]] || Žilinský kraj
| ||5 [[Žilina]] || Žilinský kraj

Revisión como estaba o 30 de setembro de 2014 ás 21:15

Modelo:País

Eslovaquia (en eslovaco, Slovensko), oficialmente República Eslovaca (Slovenská republika), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.


Historia

Á esquerda: A moeda celta Biatec
Á dereita: Cinco coroas Eslovacas

A poboación eslava orixinal formouse no século V na área onde hoxe fica Eslovaquia. Eslovaquia formaba parte do centro do imperio de Samo no século VII. O punto máis alto do estado proto-eslovaco do século IX, coñecido como Gran Moravia, deuse coa chegada de Cirilo e de Methodius e coa expansión do reinado do rei Svatopluk. Eslovaquia acabou por se tornar parte do reino da Hungría entre os séculos XI e XIV e foi, máis tarde, parte da Austria-Hungría ata 1918. Nese ano, Eslovaquia xuntouse coas rexións da Bohemia e da veciña Moravia para formar Checoslovaquia. Coa separación do país que se seguiu ao Acordo de Munique de 1938, Eslovaquia transformouse nunha república separada, mais baixo un control firme por parte da Alemaña nazi.

Despois da Segunda Guerra Mundial, Checoslovaquia foi reconstituída e pasou a estar baixo a influencia da Unión Soviética e do Pacto de Varsovia, de 1945 en diante.

A fin da Checoslovaquia comunista en 1989 durante a pacífica Revolución de Veludo tamén significou a fin para Checoslovaquia e a creación de dous estados sucesores: Eslovaquia e a República Checa que seguiron camiños separados a partir do 1 de xaneiro de 1993.

Eslovaquia adheriuse á Unión Europea o 1 de maio de 2004. Pasou a formar parte da eurozona o 1 de xaneiro de 2009, abandonando a coroa eslovaca e adoptando o euro como moeda.

Organización territorial

Eslovaquia está subdividida en 8 kraje (singular kraj), cada un deles levando o nome da súa capital.
Regiones de Eslovaquia
Regiones de Eslovaquia
Escudo Galego Eslovaco
1 Bratislava Bratislavský kraj
2 Trnava Trnavský kraj
3 Trenčín Trenčiansky kraj
4 Nitra Nitriansky kraj
5 Žilina Žilinský kraj
6 Banská Bystrica Banskobystrický kraj
7 Prešov Prešovský kraj
8 Košice Košický kraj
Os kraje están subdivididos en varios okresy (singular okres), distritos. Eslovaquia ten 79 distritos.

Xeografía

Ficheiro:Xeografiaeslovaquia.png
Mapa da Eslovaquia.

A paisaxe eslovaca componse de natureza montañosa. Os montes Cárpatos atópanse ao longo da maior parte da metade norte do país. É nos Cárpatos onde se situan os elevados picos dos montes Tatra, un destino popular para a práctica do esquí e tamén zona de moitos lagos e vales, ademais de albergaren o punto máis alto da Eslovaquia: o Gerlachovský štít, con 2.655 metros.

Hai tamén terras baixas nas extremidades suroeste (nas marxes do Danubio) e sueste de Eslovaquia. Os ríos principais, ademais do Danubio, son o Váh e o Hron.

O clima é temperado, con veráns relativamente frescos e invernos fríos, nevoados e húmidos.

Economía

Artigo principal: Economía de Eslovaquia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA