Proteína fibrosa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 16: Liña 16:
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
===Bibliografía===
* randen, Carl, and Tooze, John (1991). Introduction to Protein Structure, 2nd edition. New York: Garland Publishing.
* Branden, Carl, and Tooze, John (1991). Introduction to Protein Structure, 2nd edition. New York: Garland Publishing.


===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===

Revisión como estaba o 28 de setembro de 2014 ás 16:12

Triple hélice do tropocoláxeno, unha proteína fibrosa.

As proteínas fibrosas (ou fibrilares ou filamentosas), tamén chamadas escleroproteínas, son proteínas de forma alongada e insolubles con función estrutural. Constitúen un dos grandes tipos estruturais de proteínas, xunto coas proteínas globulares.

Exemplos son as queratinas, o coláxeno, a elastina, e a fibroína. As funcións exercidas por estas proteínas son estruturais, como o sostén, protección, formación do tecido conectivo, tendóns, tecido óseo, e tecido muscular.[1][2]

Estrutura

As escleroproteínas forman longos filamentos proteicos, formados por moitas moléculas da proteína. Aparecen como agregados insolubles, debido ás cadeas laterais hidrofóbicas que colgan da molécula.

A secuencia peptídica de moitas escleroproteínas xeralmente contén unha variedade limitada de residuos de aminoácidos que se repiten; ás veces forman estruturas secundarias especiais, como a hélice do coláxeno. As estruturas a miúdo están enlazadas coas adxacentes por medio de enlaces de hidróxeno ou de pontes disulfuro entre cisteínas.

En xeral, as escleroproteínas non se desnaturalización tan facilmente como as proteínas globulares, e son practicamente insolubles e inertes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Branden, Carl, and Tooze, John (1991). Introduction to Protein Structure, 2nd edition. New York: Garland Publishing.

Ligazóns externas