Proteína fibrosa: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 9: | Liña 9: | ||
A secuencia peptídica de moitas escleroproteínas xeralmente contén unha variedade limitada de residuos de aminoácidos que se repiten; ás veces forman [[estrutura secundaria das proteínas|estruturas secundarias]] especiais, como a [[hélice do coláxeno]]. As estruturas a miúdo están enlazadas coas adxacentes por medio de [[enlace de hidróxeno|enlaces de hidróxeno]] ou de [[ponte disulfuro|pontes disulfuro]] entre [[cisteína]]s. |

||
En xeral, as escleroproteínas non se [[Desnaturalización (bioquímica)|desnaturalización]] tan |
En xeral, as escleroproteínas non se [[Desnaturalización (bioquímica)|desnaturalización]] tan facilmente como as proteínas globulares, e son practicamente insolubles e inertes. |
||
==Notas== |
==Notas== |
Revisión como estaba o 28 de setembro de 2014 ás 16:03
As proteínas fibrosas (ou fibrilares ou filamentosas), tamén chamadas escleroproteínas, son proteínas de forma alongada e insolubles con función estrutural. Constitúen un dos grandes tipos estruturais de proteínas, xunto coas proteínas globulares.
Exemplos son as queratinas, o coláxeno, a elastina, e a fibroína. As funcións exercidas por estas proteínas son estruturais, como o sostén, protección, formación do tecido conectivo, tendóns, tecido óseo, e tecido muscular.[1][2]
Estrutura
As escleroproteínas forman longos filamentos proteicos, formados por moitas moléculas da proteína. Aparecen como agregados insolubles, debido ás cadeas laterais hidrofóbicas que colgan da molécula.
A secuencia peptídica de moitas escleroproteínas xeralmente contén unha variedade limitada de residuos de aminoácidos que se repiten; ás veces forman estruturas secundarias especiais, como a hélice do coláxeno. As estruturas a miúdo están enlazadas coas adxacentes por medio de enlaces de hidróxeno ou de pontes disulfuro entre cisteínas.
En xeral, as escleroproteínas non se desnaturalización tan facilmente como as proteínas globulares, e son practicamente insolubles e inertes.
Notas
- ↑ "Fibrous Protein Homepage". Consultado o 6-12-2010.
- ↑ Escleroproteínas en Dorland's Medical Dictionary
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Scleroproteins Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.