Pieter Saenredam: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:








[[de:Pieter Jansz Saenredam]]
[[en:Pieter Jansz Saenredam]]
[[en:Pieter Jansz Saenredam]]
[[es:Pieter Jansz Saenredam]]
[[nl:Pieter Jansz Saenredam]]
[[nl:Pieter Jansz Saenredam]]
[[sv:Pieter Saenredam]]
* {{Commons|Category:Pieter Jansz Saenredam}}

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2007 ás 23:24

Ficheiro:Saenredam Bavo.jpg
Interior de San Bavón, Haarlem, 1648, óleo sobre táboa. National Gallery of Scotland, Edinburgo

Pieter Jansz Saenredam (Assendelft, 9 de xuño de 1597, - inhumado en Haarlem o 31 de maio de 1665, ) foi un pintor holandés, especializado na pintura de igrexas.

Saenredam era fillo do impresor e debuxante Jan Pietersz Saenredam (1565-1607), que nacera en Zaandam, que naquela época era denominada Saenredam. Contemporáneo de Rembrandt, é lembrado pola sorprendente modernidade das súas pinturas de igrexas. Saenredam conseguía ese aspecto tan moderno con as súas medicións meticulosas e con os esbozos previos que facía dos templos que desexaba pintar. Utilizaba lápis, pluma e xiz, aos que engadía acuarela que axudaba a obter a textura e colorido nos esbozos, os cales eran moi minuciosos nos detalles arquitectónicos. Conseguía a atmofera especial dos interiores con un intelixente uso da luz e unha distribución gradual das sombras. De modo deliberado, Saenredam deixaba as igrexas baleiras de xente, para lograr que o foco de atención do espectador se dirixise sobre os edificios e as súas formas arquitectónicas. Só despois do elborado traballo de medicións e precisos debuxos das igrexas, o pintor regresaba ao seu estudo onde creaba as pinturas.