Tecido conxuntivo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 53 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q25615
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{sen referencias}}
{{sen referencias|data=setembro de 2014}}


O '''tecido conxuntivo''', tamén chamado '''tecido conectivo''' é un [[tecido (bioloxía)|tecido]] orgánico que serve de sostemento ao resto de tecidos e órganos. Cohesiona, separa e dá soporte aos paquetes vasculo-nerviosos. Deriva do [[mesoderma]].
O '''tecido conxuntivo''', tamén chamado '''tecido conectivo''' é un [[tecido (bioloxía)|tecido]] orgánico que serve de sostemento ao resto de tecidos e órganos. Cohesiona, separa e dá soporte aos paquetes vasculo-nerviosos. Deriva do [[mesoderma]].

Revisión como estaba o 26 de setembro de 2014 ás 11:15

O tecido conxuntivo, tamén chamado tecido conectivo é un tecido orgánico que serve de sostemento ao resto de tecidos e órganos. Cohesiona, separa e dá soporte aos paquetes vasculo-nerviosos. Deriva do mesoderma.

Os tecidos conxuntivos pódense agrupar en tecidos especializados e tecidos non especializados. O tecido conxuntivo non especializado, á súa vez, pode dividirse en tecido conxuntivo laxo e denso:

  • O tecido conxuntivo laxo abrangue o tecido conectivo mucoso, o tecido conxuntivo reticular e o tecido mesenquimal.
  • O tecido conxuntivo denso abrangue dous tipos: denso regular e denso irregular.

O tecido conxuntivo especializado abrangue o tecido adiposo, o tecido cartilaxinoso, o tecido óseo, o tecido hematopoiético e o tecido sanguíneo.

Elementos do tecido conxuntivo

Hai tres compoñentes principais neste tecido: a substancia fundamental, febras diversas e unha serie de células.

Substancia fundamental

A substancia fundamental é un compoñente básico do tecido conxuntivo, de consistencia xelatinosa. Rodea e serve coma recheo para as células e febras do tecido. Permite o transporte de nutrientes e outras substancias cara as células.

Está composto por proteínas e glicosaminoglicanos (condroitín sulfato, heparán sulfato, queratán sulfato e ácido hialurónico). Os glicosaminoglicanos están formados por polisacáridos unidos a proteínas, posteriormente con reación ácida. Posúen numerosos anións, que captan sodio e arrastran auga por solvatación.

Para a preparación histolóxica non pode producirse lavando con auga. Hai que optar por:

  • fixación con vapores de éter-formaldehido de cortes conxelados para microscopía óptica; ou ben
  • conxelación presurizada + criosubstitución + inclusión a baixa temperatura para microscopía electrónica

As tincións máis axeitadas son: ácido periódico de Schiff, ferro coloidal etc.

Febras

No tecido conxuntivo existen diferentes tipos de febras: febras de coláxeno, febras elásticas e microfebras. As febras de coláxeno existen en diversos tecidos e achegan grande estabilidade e resistencia ao tecido. Particularmente áchanse elevadas cantidades destas febras nos tendóns, fascias e outras estruturas febrosas.

Véxase tamén