Eustaquio Ilundáin: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:
Durante o seu período na [[diocese de Ourense]] prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para subministrar aparellos ao gabinete de [[Física]] e [[Historia Natural]] que el mesmo fundou.
Durante o seu período na [[diocese de Ourense]] prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para subministrar aparellos ao gabinete de [[Física]] e [[Historia Natural]] que el mesmo fundou.


En [[1914]] suspendeu ''a divinis'' ao crego e líder agrarista [[Basilio Álvarez]] pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa do campesiñado e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de ocio, entre elas o [[cinematógrafo]], que foi visto como unha ameaza á [[doutrina]] da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]] e aos seus valores morais{{cómpre referencia}}, visión esta que retratou [[Carlos Casares]] na novela ''[[Ilustrísima]]''.
En [[1914]] suspendeu ''a divinis'' ao crego e líder agrarista [[Basilio Álvarez]] pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa do campesiñado e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de ocio, entre elas o [[cinematógrafo]], que foi visto como unha ameaza á [[doutrina]] da [[Igrexa Católica|Igrexa]] e aos seus valores morais{{cómpre referencia}}, visión esta que retratou [[Carlos Casares]] na novela ''[[Ilustrísima]]''.


{{Start box}}
{{Start box}}

Revisión como estaba o 24 de setembro de 2014 ás 09:11

Eustaquio Ilundáin y Esteban, nado en Pamplona o 20 de setembro de 1862[1] e falecido en Sevilla o 10 de agosto de 1937,[2] foi bispo de Ourense entre os anos 1904 e 1920 e posteriormente arcebispo de Sevilla ata a súa morte.

Traxectoria

Recibiu formación en Teoloxía nos seminarios de Pamplona e Cidade Real. Na capital navarra foi ordenado sacerdote no ano 1886 e alí serviu ata 1891. Entre 1901 e 1904 foi reitor do Seminario de Segovia.

Durante o seu período na diocese de Ourense prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para subministrar aparellos ao gabinete de Física e Historia Natural que el mesmo fundou.

En 1914 suspendeu a divinis ao crego e líder agrarista Basilio Álvarez pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa do campesiñado e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de ocio, entre elas o cinematógrafo, que foi visto como unha ameaza á doutrina da Igrexa e aos seus valores morais[Cómpre referencia], visión esta que retratou Carlos Casares na novela Ilustrísima.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Pascual Carrascosa
 
Bispo de Ourense
 
1904 - 1920
Sucesor:
Florencio Cerviño González

Notas

  1. Luis Aguirre Prado (1964). SIE, ed. La Iglesia y la Guerra Española (en castelán). p. 54. 
  2. José Sánchez Herrero (2003). Silex Ediciones, ed. La Semana Santa de Sevilla. p. 262. ISBN 9788477371205. 

Véxase tamén

Ligazóns externas