Monte da Guía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
hom.
Liña 1: Liña 1:
{{Outroshomónimos|A Guía}}
[[Ficheiro:El monte da Guía desde O Castro. Vigo.jpg|miniatura|250px|O Monte da Guía dende o Monte do Castro.]]
[[Ficheiro:El monte da Guía desde O Castro. Vigo.jpg|miniatura|250px|O Monte da Guía dende o Monte do Castro.]]
[[Ficheiro:Vigo-Ermida da Guía.jpg|miniatura|250px|Ermida da Nosa Señora da Guía, no cumio do monte.]]
[[Ficheiro:Vigo-Ermida da Guía.jpg|miniatura|250px|Ermida da Nosa Señora da Guía, no cumio do monte.]]

Revisión como estaba o 21 de setembro de 2014 ás 18:30

O Monte da Guía dende o Monte do Castro.
Ermida da Nosa Señora da Guía, no cumio do monte.

O Monte da Guía é unha elevación situada na parroquia de Teis, no concello de Vigo, a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da ría de Vigo. É un dos parques maiores da cidade.

Está coroada por unha pequena ermida erixida en honra da Nosa Señora das Neves: Nosa Señora da Guía, obra do arquitecto Manuel Gómez Román.

Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo importante relevancia na Segunda Guerra Mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.

Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das illas Cíes, e da cara sur da península do Morrazo e da ponte de Rande.

Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada. Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, nas que destacan ademais dos carballos, os piñeiros.

Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.

Para poder acceder ao monte da Guía, é recomendable ir en coche ou en autobús urbano (liña 17).