Diocese católica latina de Donostia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Guipúscoa mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
|imaxe=Catedral Donostia.jpg
|imaxe=Catedral Donostia.jpg
|papa={{Cargos da Igrexa Católica|Papa}}
|papa={{Cargos da Igrexa Católica|Papa}}
|bispo=[[José Ignacio Munilla]]
|bispo={{Cargos da Igrexa Católica|Bispo de San Sebastián}}
|emérito=[[Juan María Uriarte]]<br>[[José María Setién]]
|emérito=[[Juan María Uriarte]]<br>[[José María Setién]]
|país= [[España]]
|país= [[España]]
Liña 22: Liña 22:
|mapa =
|mapa =
}}
}}
A '''diocese de San Sebastián''' é unha [[diocese]] [[Igrexa Católica Romana|católica]] sufragánea da [[Arquidiocese de Pamplona e Tudela]], creada en [[1949]] polo [[papa]] [[Pío XII]], segregada da [[diocese de Vitoria]]. A súa catedral é a [[Catedral do Bo Pastor de San Sebastián|Igrexa do Bo Pastor]], sendo outros templos importantes as basílicas de Nuestra Señora del Coro, de [[Santuario de Aránzazu|Aránzazu]] e de [[Basílica de Loiola|Loiola]]. O bispo actual é {{Cargos da Igrexa Católica|Bispo de San Sebastián}}.
A '''diocese de San Sebastián''' é unha [[diocese]] [[Igrexa Católica Latina|católica]] sufragánea da [[Arquidiocese de Pamplona e Tudela]], creada en [[1949]] polo [[papa]] [[Pío XII]], segregada da [[diocese de Vitoria]]. A súa catedral é a [[Catedral do Bo Pastor de San Sebastián|Igrexa do Bo Pastor]], sendo outros templos importantes as basílicas de Nuestra Señora del Coro, de [[Santuario de Aránzazu|Aránzazu]] e de [[Basílica de Loiola|Loiola]]. O bispo actual é {{Cargos da Igrexa Católica|Bispo de San Sebastián}}.


==Territorio==
==Territorio==

Revisión como estaba o 18 de setembro de 2014 ás 14:34

Modelo:Diocese A diocese de San Sebastián é unha diocese católica sufragánea da Arquidiocese de Pamplona e Tudela, creada en 1949 polo papa Pío XII, segregada da diocese de Vitoria. A súa catedral é a Igrexa do Bo Pastor, sendo outros templos importantes as basílicas de Nuestra Señora del Coro, de Aránzazu e de Loiola. O bispo actual é .

Territorio

A diocese abrangue o territorio da provincia civil de Guipúscoa. Está dividida en 216 parroquias, estructuradas en 14 arciprestazgos: Antiguo, Arrasate-Bergara, Azpeitia, Eibar, Hernani, Herrera-Alza, Irún, Ordizia, Rentería, San Ignacio, Santa María, Tolosa, Zarautz e Zumarraga.

Limita coas dioceses de Bilbao, Vitoria e Pamplona e Tudela.

Historia

Históricamente o territorio que abrangue a diocese estivo dividido entre tres dioceses, Baiona, Pamplona e diocese de Calahorra. Pola bula «In Celcissima» de setembro de 1861 erixiuse a diocese de Vitoria, que comprendía todos os territorios da Comunidade Autónoma Vasca.[1]

A diocese de San Sebastián, sufragánea da arquidiocese de Pamplona e Tudela, foi creada durante o pontificado do papa Pío XII coa bula «Quo commodius» do 2 de decembro de 1949, que foi publicada varios meses máis tarde, o 1 de xullo de 1950.[2] Foi erixida dentro do territorio da diocese de Vitoria xunto coa tamén nova diocese de Bilbao, abarcando á provincia civil de Guipúscoa. Dende a súa creación até o 11 de agosto de 1956 foi sufragánea, como as outras dous dioceses vascas, da arquidiocese de Burgos, pasando a pertencer despois á provincia eclesiástica de Pamplona e Tudela.

Patróns

A diocese ten como patróns ao fundador da Compañía de Xesús, San Ignacio de Loiola (nado en Azpeitia), e á advocación mariana da Virxe de Arantzazu.

Lista de bispos de San Sebastián

Dende a súa erección en 1949, os bispos de San Sebastián teñen sido os seguintes:[3][4]

Notas e referencias

  1. Bula In celsissima, en Pii IX Pontificis Maximi Acta. Pars prima, Vol. III, Roma 1864, páxinas 262–280 (en latín)
  2. Bula Quo commodius, AAS 42 (1950), p. 535 (en latín)
  3. Ficha en Catholic-Hierarchy.org
  4. Ficha en GCatholic.org