Sociedade Deportiva Compostela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 84.79.11.14 (conversa); cambiado á última versión feita por 193.144.81.195
Sen resumo de edición
Liña 363: Liña 363:
|}
|}


== Uniforme ==
== Escudo e uniforme ==
O escudo da SD Compostela segue a ser o mesmo desde a fundación do club e os únicos cambios producidos, en 1980, 1994 e 2012 constituíron simples actualizacións do deseño orixinal. Ten forma de triángulo isóscele invertido, cos dous lados iguais a describir unha leve curva e, desde 1980, por riba da base do triángulo aparece dentro dun rectángulo a palabra COMPOSTELA. No interior, separados por unha liña diagonal que vai da esquina superior esquerda a máis ou menos a metade do lateral dereito do escudo, aparecen as dúas cores do club: a azul (á dereita da diagonal) e a branca (á esquerda), situándose sobre elas a [[Cruz de Santiago]]. Finalmente, a ambos lados da cruz e sobre a parte azul do escudo, aparecen en branco as letras S e D. Os bordos do escudo, así como a palabra Compostela, son de cor dourada.<ref>http://lafutbolteca.com/tag/escudo-futbol-sd-compostela/</ref><ref>http://lafutbolteca.com/sociedad-deportiva-compostela/</ref>

*'''Uniforme titular''': Camiseta branquiazul, pantalóns brancos e medias branquiazuis.
*'''Uniforme titular''': Camiseta branquiazul, pantalóns brancos e medias branquiazuis.
*'''Uniforme alternativo''': Camiseta vermella, pantalóns vermellos e medias vermellas.
*'''Uniforme alternativo''': Camiseta vermella, pantalóns vermellos e medias vermellas.

Revisión como estaba o 13 de setembro de 2014 ás 22:37

Sociedade Deportiva Compostela
NomeSociedade Deportiva Compostela
Alcume(s)Compos;
Esedé;
Picheleiros
Fundación26 de xuño de 1962
EstadioMultiusos de San Lázaro,
Santiago de Compostela, Galicia
Inauguración24 de xuño de 1993
Capacidade13.000
PresidenteGalicia Antonio Quinteiro
AdestradorEspaña Iñaki Alonso
Liga2ªB – Grupo 1
2013–1413º
VestimentaEsedé
Na rede
http://www.sdcompostela.com/
Titular
Alternativo

A Sociedade Deportiva Compostela é un equipo de fútbol galego da cidade de Santiago de Compostela. Foi fundado o 26 de xuño de 1962 e participa na actualidade, na tempada 2014/15, no Grupo I da Segunda División B, terceira categoría do fútbol español, tras ascender na tempada 2012/13. É considerado un dos equipos históricos de Galicia por historia e tradición,[1] sendo o cuarto equipo do país en debutar na Primeira División, máxima categoría da Liga Nacional de Fútbol Profesional, tras o Real Club Celta de Vigo, o Real Club Deportivo da Coruña e o Pontevedra Club de Fútbol, e situándose como o terceiro mellor equipo galego na Clasificación histórica de Primeira, na que ocupa o posto 39º, tras vigueses e coruñeses, pese a disputala tan só catro tempadas, desde a 1994/95 até a 1997/98.

Nome do club

Ao longo da súa historia, o Compostela viu como o nome do club variou por diversas circunstancias até a súa denominación actual de Sociedade Deportiva Compostela, nome histórico do club, vixente de novo desde 2011.

  • Sociedade Recreativa Compostela (1962)
  • Sociedade Deportiva Compostela (1962–1994)
  • Sociedade Deportiva Compostela, S.A.D. (1994–2010)
  • Sociedade Deportiva Campus Stellae (2010–2011)
  • Sociedade Deportiva Compostela (2011–)

Historia

Orixes e antecedentes (1928-1962)

En 1928 varios estudantes de Santiago de Compostela decidiron fundar da man de Ramón Castromil Casal o Compostela Foot-ball Club, que militou na Serie B galega até o estalido da Guerra Civil, estando considerado daquela o mellor equipo da cidade. Xogaba os seus encontros no antigo campo da Choupana, sendo algúns dos xogadores máis destacados daquela época Pachuco, Jesús Porto Aldrey, os irmáns Pombo, o propio Ramón Castromil ou o futuro refundador da entidade, Elisardo García.

A comezos da década dos 40, Ramón Castromil volveu fundar o club con pouco éxito debido ás dificultades da posguerra, vendo entre outras cousas, como o antigo campo da Choupana desaparecera para construírse no seu lugar o Hospital Gil Casares. Nesa época, o decreto do Estado que impedía os estranxeirismos fixo mudar o nome do club a Compostela Club de Fútbol, sendo popularmente coñecido como Club Compostela. Finalmente, a importancia adquirida polo club anos atrás desaparece en 1946 cando se ve superado pola relevancia do Club Deportivo Santiago, antigo Racing Club San Lorenzo, e remata por desaparecer en detrimento deste e do Club Arenal.

Nacemento da Sociedade Deportiva Compostela, crecemento e gloria

Coa desaparición do Club Santiago no ano 1962, e coa escasa relevancia do Club Arenal na cidade de Santiago, varios ex socios do desaparecido Club Compostela decidiron fundar unha nova entidade o 26 de xuño de 1962, comezando de novo nas divisións rexionais galegas, baixo o nome de Sociedade Recreativa Compostela. O 28 de outubro do mesmo ano, o Club Arenal fusionouse coa SR Compostela pasando o club a denominarse Sociedade Deportiva Compostela e pasando o Club Arenal a desempeñar as funcións de equipo filial. Tras varios anos alternando a Serie A rexional e a Terceira división, logrou o ascenso á Segunda división B na tempada da creación da categoría, a 1977/78.

Desde entón e durante os anos oitenta, a SD Compostela alternou a Segunda B coa Terceira até que a finais da década a historia do club mudaría para sempre coa chegada á presidencia do empresario santiagués do sector da electricidade José María Caneda en 1988, e a incorporación en 1989 do adestrador Fernando Castro Santos.[2] Na primeira tempada deste, a 1989/90, o equipo regresou á Segunda B, e ao ano seguinte, na tempada 1990/91, logrou ascender á Segunda división por primeira vez na súa historia logo de quedar terceiro na fase regular e de vencer no grupo de ascenso, superando no mesmo a Club Deportivo Alcoyano, CD Badajoz e Deportivo Alavés.

O equipo permaneceu na Segunda división durante tres tempadas: na primeira, a 1991/92, quedou sexto, na segunda, a 1992/93, duodécimo, e finalmente na terceira, a 1993/94, o Compostela foi terceiro e xogou a promoción de ascenso á Primeira división fronte ao Rayo Vallecano de Madrid. Tras remataren ambos encontros en empate (1-1 no Campo de Fútbol de Vallecas e 0-0 en San Lázaro), disputouse un terceiro xogo de desempate nun campo neutral, o Estadio Carlos Tartiere de Oviedo, que rematou coa vitoria compostelá por 3 a 1, con goles de Ohen (2) e José, e que supuxo o ascenso da Esedé á Primeira división. O equipo titular dese partido estivo formado por Iru, Modesto II, Tocornal, Modesto I, Bellido, Bodelón, Abadía, Fabiano, Pichi Lucas, Ohen e Suso Moure. Tamén xogaron Víctor e José.[3]

A SD Compostela xogou na Primeira división catro tempadas consecutivas, de 1994 1998. E tras acadar na primeira delas, a 1994/95, a salvación na derradeira xornada na casa ao vencer por 2-0 ao CD Tenerife, púxose punto e final a sete anos de exitosa traxectoria de Fernando Castro Santos á fronte do equipo. Para a tempada 1995/96 o equipo contratou como adestrador a un por aquel entón descoñecido no fútbol profesional Fernando Vázquez, sendo precisamente ese ano cando o equipo asinou a súa mellor tempada da historia, chegando a ser subcampión de inverno só por detrás do Atlético de Madrid ao termo da primeira volta, para rematar a liga nunha digna décima posición. O equipo xogou en Primeira división dúas tempadas máis, a 1996/97 e a 1997/98, rematando nesta última no posto décimo sétimo e descendendo á Segunda división tras perder a promoción contra o Vilarreal CF polo valor dobre dos goles fóra de casa (0-0 no Estadio do Madrigal e 1-1 en San Lázaro).

Equipo da SD Compostela na campaña 1995/96, con Fernando Vázquez de adestrador:[4]

Posto País Xogador
1 POR España Falagán
2 POR España Fernando
3 DEF Galicia Mauro
4 DEF Galicia Nacho
5 DEF España Villena
6 DEF España Bellido
7 DEF España Tocornal
8 DEF Francia Virgilio
9 DEF España Dulce
10 DEF España Toño Castro
11 MED Galicia José Ramón
12 MED España Lekumberri
Posto País Xogador
13 MED Fabiano
14 MED Francia Frank Passi
15 MED España Eraña
16 MED España Abadía
17 MED España Paco Llorente
18 MED Galicia Toni
19 MED Croacia Skosic
20 DIA Nixeria Ohen
21 DIA Dinamarca Bent Christensen
22 DIA España Paniagua
23 DIA Nixeria Festus Agu
34 DIA España Vilaseca

O presidente da entidade tomou o descenso como unha tempada de transición, e tentou recuperar a máxima categoría. Para isto non escatimou en gastos, mantendo boa parte da formación anterior e fichando outros xogadores de renome, como os internacionais Nando e Dmitri Radchenko. Porén, o equipo rematou oitavo na clasificación, e os problemas económicos comezaron a facerse patentes. Así as cousas, na seguinte campaña, a 1999/00, o equipo estivo a piques de descender, e finalmente na tempada 2000/01 descendeu á Segunda B tras rematar a liga no posto décimo noveno da clasificación.

Nesa categoría volveuse cometer o erro de manter a formación da campaña anterior cos mesmos salarios, e as débedas levaron consigo atrasos e complicacións nos pagamentos. Aínda así, o equipo terminou terceiro na campaña 2001/02, e superou na liguiña de ascenso a Mérida Unión Deportiva, Valencia CF Mestalla e FC Barcelona B, volvendo á Segunda división tan só un ano despois do seu descenso.

Partido do SD Compostela co CD Lugo en Segunda B na tempada 2009-2010.

A campaña 2002/03 foi até agora a última na elite profesional. No seu regreso á Segunda división, o equipo, dirixido por Luis Ángel Duque, terminou noveno malia estaren os xogadores toda a tempada sen cobrar. O impagamento das débedas a xogadores agravouse cando un xuíz, a falta de 2 días para concluír o prazo de inscrición, determinou que o club debía avalar 13 millóns de euros para continuar na Liga de Fútbol Profesional. Ao non poder presentar dito aval, o equipo foi descendido administrativamente á Segunda B, ocupando o seu lugar na Segunda división o Club Deportivo Leganés.

O afundimento: I Parte

Tras o descenso e a marcha da inmensa maioría dos xogadores que non perceberan as súas débedas, a formación compostelá afrontou a tempada con moi poucos efectivos e finalmente, tras unha pésima campaña na que os problemas económicos non desapareceron, a SD Compostela rematou a tempada 2003/2004 en penúltima posición do Grupo II de Segunda B consumando o seu descenso á Terceira división. Mais o impagamento das débedas contraídas con xogadores e empresas, estimadas en máis de mil millóns de pesetas, provocou ademais un novo descenso administrativo, desta vez á Preferente Autonómica galega, categoría á que o Compos voltaba case trinta anos despois. Así as cousas, e co club ao bordo da desaparición,[5] nese mesmo ano 2004 o consello de administración aprobou iniciar o proceso de liquidación da entidade, pese á oposición dalgúns socios e do ex presidente, José María Caneda. No verán de 2006 subhastáronse todos os bens do equipo, incluídos os trofeos do club, a marca SD Compostela, os accesorios de lavandería, os coches do club, o material de oficina ou os sistemas de calefacción.[6] Nesa subhasta o ex presidente José Albarrán pagou 61.000 euros por todos os trofeos logrados polo equipo nos seus máis de 40 anos de historia para que estes non se perderan.[7]

O rexurdimento: I Parte

Ao mesmo tempo que se iniciaba o proceso de liquidación da sociedade anónima SD Compostela, creouse en 2004 en Santiago de Compostela outro club (SD Campus Stellae) que herdou a xestión e explotación dos dereitos deportivos do club compostelán baixo a fórmula de cesión ao mesmo tempo que asumiu a xestión dos equipos deportivos da sociedade anónima en liquidación. O ex presidente José María Caneda adquiriu na subhasta pública o nome SD Compostela, e posteriormente pasou a ocupar a presidencia da SD Campus Stellae. Esta operación permitiu refundar o equipo, xa que xuridicamente se trataba doutro club (SD Campus Stellae) que carecía de débedas e que xestionaba os equipos deportivos da entidade que estaba a ser liquidada, utilizando a marca deportiva SD Compostela.[8] Isto permitiulle competir en categorías nacionais con este nome, pese á oposición dos administradores concursais do equipo.[9]

Tras catro tempadas en Preferente Autonómica, desde 2004 a 2008, finalmente o club conseguiu o ascenso á Terceira división na tempada 2007/2008, e iniciou a tempada 2008/2009 co obxectivo de ascender á Segunda B, conseguíndoo ao final da campaña tras proclamarse campión e imporse na promoción de ascenso ao Atlético Monzón aragonés (3-0 e 2-1).[10]

O afundimento: II Parte

A tempada 2009/10 non foi boa para a SD Compostela e de novo volveron repetirse os mesmos erros do pasado. Así, os impagamentos continuados, as ameazas de folga por parte dos xogadores, as débedas acumuladas e o mal inicio de liga, condenaron á SD Compostela ao descenso, que se fixo oficial a falta dunhas xornadas para o final da liga. A tempada foi moi mala pero tivo os seus bos momentos, como ser o primeiro equipo en puntuar en Ipurua, feudo da SD Eibar, tras ir perdendo 2-0, ou as vitorias a domicilio nos derbis xogados en Pasarón e na Malata ante o Pontevedra CF e o Racing de Ferrol.

Tras esa desastrosa tempada 2009/10, a tempada seguinte o Compos volveu á Preferente Autonómica, acumulando de novo ao descenso deportivo un descenso administrativo por impagamentos,[11] ao tempo que a Federación Galega de Fútbol instaba ao club a utilizar o nome de SD Campus Stellae e non o de SD Compostela que viña utilizando.[12] Ademais, ese mesmo ano producíase o arquivo definitivo do concurso da sociedade anónima deportiva.[13]

O rexurdimento: II Parte

En febreiro de 2011, Antonio Quinteiro, un empresario de Lestedo que de xove xogara nas categorías inferiores do club, comproulle o club a Caneda coa intención de sanealo e de levalo de novo a categoría profesional.[14] Así, unha directiva renovada, procedente da área empresarial e profesional e coñecedora do mundo futbolístico, fíxose cargo dun equipo que ía á deriva a comezos de 2011 tras adquirir todos os dereitos legais, facer fronte ás débedas acumuladas e lograr a recuperación do nome fundacional,[15] extremo confirmado pola FGF o 22 de xullo de 2011.[16] Desde entón a entidade volveu denominarse SD Compostela e tivo entre os seus retos inmediatos volver ás categorías de honra do fútbol español co apoio de toda a cidade e a comarca. Nesa primeira tempada do novo equipo directivo, a 2010/2011, o equipo logrou endereitar o rumbo na segunda volta, pero rematou a liga na oitava posición, lonxe dos postos de ascenso.

Na seguinte campaña, a primeira completa de Quinteiro á fronte da nave compostelanista, o equipo proclamouse campión da Preferente Autonómica de Galicia 2011/12 e ascendeu á Terceira división da man do adestrador Anxo Casalderrey, xusto no ano do seu 50 aniversario. Tan só un ano máis tarde, e xa con Fredi Álvarez como adestrador, rematou a fase regular da Terceira ocupando o terceiro posto, o que lle outorgou o dereito a participar na fase de ascenso a Segunda B. O 30 de xuño de 2013 conseguiu o ansiado ascenso á categoría de bronce do fútbol español ao superar ao CD Cieza (2-0 e 0-2) na terceira eliminatoria do playoff, tras eliminar previamente ao CD Ebro (4-0 e 2-2) e á AD San Juan (3-0 e 1-1).

No seu regreso á Segunda B, o equipo dirixido por Fredi rematou a tempada 2013/14 en décimo terceira posición, logrando así a permanencia.

Para a nova tempada 2014/2015 o club contratou ao adestrador vasco Iñaki Alonso e fixo unha profunda renovación no equipo co obxectivo de loitar polo ascenso á Segunda división máis de dez anos despois.

Xogadores

Equipo da SD Compostela na tempada 2014/15, con Iñaki Alonso de adestrador:[17]

Posto País Xogador
POR España Ramón Sánchez
POR España Raúl Marqueta
POR Galicia Lucas Díaz
DEF Galicia José María Gómez, Josu
DEF Galicia Manuel Castiñeiras
DEF Galicia Sergio González, Catú
DEF España José Manuel Alcañiz
DEF Galicia Daniel Portela
DEF Galicia Óscar Seoane, Jimmy
DEF Galicia Mateo Mariño
MED Galicia Manuel Rodríguez
Posto País Xogador
MED Galicia Marcos Rodríguez
MED Portugal Paulo Sérgio Teles
MED España Iván Moya
MED Galicia José Ramón Vives, Mon
MED Galicia Óscar Fondevila
MED Galicia Jordan Sánchez
MED España Manuel Moreira
DIA Galicia Álvaro Lemos
DIA España Joaquim Araújo
DIA España Borja Navarro
DIA Nixeria Godwin Mensha


Presidentes

Presidentes que tivo a entidade ao longo da súa historia[18]:

  • 1. Elisardo García Fernández, 1962-1965
  • 2. José Domínguez Noya, 1965
  • 3. José Luis Maceira Vidán, 1965-1966
  • 4. Ángel J. López Guerrero, 1966-1969
  • 5. Pedro Romero Puente, 1969-1970
  • 6. José Albarrán Juárez, 1970-1978
  • 7. José Manuel Mayán Santos, 1978-1983
  • 8. Antolín Porto Vázquez, 1983-1984
  • 9. Francisco Estepa Campos, 1984-1986
  • 10. Manuel Carballal Pazos, 1986-1988
  • 11. José María Caneda Antelo, 1988-2003
  • 12. Juan Silva Alvite, 2003-2004

Escudo e uniforme

O escudo da SD Compostela segue a ser o mesmo desde a fundación do club e os únicos cambios producidos, en 1980, 1994 e 2012 constituíron simples actualizacións do deseño orixinal. Ten forma de triángulo isóscele invertido, cos dous lados iguais a describir unha leve curva e, desde 1980, por riba da base do triángulo aparece dentro dun rectángulo a palabra COMPOSTELA. No interior, separados por unha liña diagonal que vai da esquina superior esquerda a máis ou menos a metade do lateral dereito do escudo, aparecen as dúas cores do club: a azul (á dereita da diagonal) e a branca (á esquerda), situándose sobre elas a Cruz de Santiago. Finalmente, a ambos lados da cruz e sobre a parte azul do escudo, aparecen en branco as letras S e D. Os bordos do escudo, así como a palabra Compostela, son de cor dourada.[19][20]

  • Uniforme titular: Camiseta branquiazul, pantalóns brancos e medias branquiazuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalóns vermellos e medias vermellas.

Himno

  • Letra do Dr. Sixto e música de Manuel Muñiz Tubío, da Orquestra Compostela.

Estadio

Ficheiro:Vista do Estadio de San Lázaro.jpg
Vista do estadio.

Actualmente o club disputa os seus encontros como local no Estadio Multiusos de San Lázaro, un estadio multiusos, inaugurado o 24 de xuño de 1993 e que é propiedade do Concello de Santiago. Foi obra do arquitecto galego Andrés Fernández-Albalat Lois e conta cun aforo de 13.000 espectadores. É de herba natural e posúe unhas dimensións de 105 x 68 metros. Atópase situado na Avenida de Fernando Casas Novoa, ao noroeste da cidade, no barrio de San Lázaro. O terreo de xogo atópase rodeado por unha pista de atletismo, mentres que nos arredores do estadio, o club dispón dun campo de fútbol anexo para os adestramentos, cunhas dimensións de 105 x 68 metros. Conta ademais cun aparcadoiro ao redor do recinto con capacidade para 2.000 vehículos.

Até a inauguración do novo estadio, o equipo xogou en distintos campos da cidade, sendo o más lembrado o Campo Municipal de Santa Isabel, en Vista Alegre, ao que accedeu tras xogar previamente en campos como o Estadio da residencia universitaria o o antigo campo da Choupana.

Datos do club

  • Tempadas en : 4
  • Tempadas en : 7
  • Tempadas en 2ªB: 13 (Incluída a 2014/15)
  • Tempadas en : 18
  • Tempadas en Preferente: 11

Datos en Primeira división

Historial na liga

Tempada Categoría Posto
1962/63 Serie A
1963/64
1964/65
1965/66
1966/67
1967/68
1968/69
1969/70 10º
1970/71 Serie A
1971/72 11º
1972/73 18º
1973/74 Serie A
1974/75 Serie A
1975/76 Serie A
Tempada Categoría Posto
1976/77
1977/78 2ªB 18º
1978/79 12º
1979/80
1980/81 2ªB
1981/82 2ªB 15º
1982/83 2ªB 11º
1983/84 2ªB 14º
1984/85 2ªB 15º
1985/86 2ªB 18º
1986/87
1987/88
1988/89
1989/90
Tempada Categoría Posto
1990/91 2ªB
1991/92
1992/93 12º
1993/94
1994/95 16º
1995/96 10º
1996/97 11º
1997/98 17º
1998/99
1999/00 18º
2000/01 19º
2001/02 2ªB
2002/03
2003/04 2ªB 19º
Tempada Categoría Posto
2004/05 Preferente 16º
2005/06 Preferente 14º
2006/07 Preferente
2007/08 Preferente
2008/09
2009/10 2ªB 20º
2010/11 Preferente
2011/12 Preferente
2012/13
2013/14 2ªB 13º
2014/15 2ªB

Palmarés

SD Compostela "B"

Fundado en 1948, o club compostelán Vista Alegre SD converteuse no equipo filial da SD Compostela en 1990, e tras integrarse na estrutura do club en 1996 e mudar o seu nome para o de SD Compostela "B" en 1997, foi durante varios anos un dos equipos punteiros da Terceira División galega, chegando a gañala até en tres ocasións, mais sen éxito nas tres fases de ascenso a Segunda División B disputadas. Desapareceu no verán de 2004 tras un meritorio sétimo posto acadado na súa derradeira campaña na Terceira, a 2003/04, debido á precaria situación económica que atravesaba o equipo matriz, que nese mesmo verán acumulou ao descenso deportivo de Segunda División B a Terceira, outro administrativo por impagamentos de Terceira a Preferente Autonómica.[21][22] Desde entón a SD Compostela non conta con equipo filial.

Principal palmarés:


Notas

  1. Ayuntamiento de Ames. "Bertamiráns FC recibe al líder de la categoría, la SD Compostela".  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  2. "Que foi do Compostela, hai dez anos en primeira?", A Nosa Terra, 26 de outubro de 2008.
  3. http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1994/06/02/pagina-28/1295069/pdf.html#
  4. Plantilla SD Compostela 1995-96. BD Fútbol
  5. "El Compostela, al borde de la desaparición al reconocer los accionistas que no pueden pagar la deuda" Libertad Digital, 12 de abril de 2004 (en castelán).
  6. Se puso en marcha la subasta de los bienes del Compostela (El Correo Gallego, 01.06.2006)
  7. El ex presidente José Albarrán pagará 61.260 euros por los trofeos de la SD (Galicia Hoxe, 4.7.2006)
  8. http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/01/30/0003_201101G30P60992.htm
  9. Los administradores desautorizan a Caneda (La Voz de Galicia, 07.09.2006)
  10. "El Compostela regresa a tercera", El Correo Gallego.
  11. "O Compostela descende a Preferente", artigo en La Voz de Galicia, 2 de agosto de 2010.
  12. http://sd-compostela.blogspot.com.es/2010/08/entrevista-al-presi-gayoso-en-la-voz-de.html
  13. https://www.boe.es/boe/dias/2011/01/26/pdfs/BOE-B-2011-2537.pdf
  14. http://sd-compostela.blogspot.com.es/2011/02/es-definitivo.html
  15. [1]
  16. http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/07/23/0003_201107S23C10996.htm
  17. http://sdcompostela.com/gl/primer-equipo/plantilla
  18. http://sdcompostela.com/club/historia-y-evolucion
  19. http://lafutbolteca.com/tag/escudo-futbol-sd-compostela/
  20. http://lafutbolteca.com/sociedad-deportiva-compostela/
  21. http://areferegional.wikispaces.com/S.D.+Compostela+B
  22. http://www.elcorreogallego.es/deportes/futbol/ecg/hoy-vuelve-a-santa-isabel-el-historico-vista-alegre/idEdicion-2009-08-30/idNoticia-462595/

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Segunda División B1