Diferenzas entre revisións de «Paganismo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
m (Bot: Retiro 67 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q29536)
[[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] e [[Xuvenal]] indican que no seu tempo comezou a ser aplicada a aqueles "xeralmente campesiños" que non eran chamados para o servizo militar e non tomaban o xuramento militar (''sacramentum''). Xa que os cristiáns considerábanse a si mesmos os soldados de Cristo, tomaron prestada a palabra ''sacramento'', e chamaron a aqueles que non tomaban o seu xuramento ''pagáns'', do mesmo xeito que antes se chamaba a aqueles que non facían o xuramento para o servizo militar. Así o sinala [[Tertuliano]] en ''De Coroa Militis'', X. A vella relixión, é verdade, durou máis nos pobos, pero no [[século IV]], cando a palabra pagán era usada no sentido que se usa hoxe, as cidades eran lugares onde os deuses de Grecia e Roma aínda eran fortes. [[Crisóstomo]] di, nun sermón do ano 385 D.C., que os cristiáns eran soamente un quinto da poboación de [[Antioquia]], e abondan as probas de que o mesmo sucedía en Roma.
 
O termo ''pagán'' e os seus equivalentes noutros idiomas tamén foron utilizados por correntes cristiás para designar a outras que se definen como cristiás pero conservan cultos [[sincretismo|sincréticos]] que recordan ao paganismo. Por exemplo, na Igrexa de Bizancio os [[iconoclasta]]s consideraban paganismo o culto ás imaxes dos [[iconodula]]s. Para algúns; poucos pero certos teólogos e propagandistas [[protestantismo|protestantes]], o culto aos santos da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] de Roma é paganismo. Igualmente, algúns eclesiásticos católicos europeos cualificaban como pagás as prácticas sincréticas dos nativos americanos ou asiáticos evanxelizados.
 
Durante séculos os textos que utilizan este termo son principalmente cristiáns. Con todo, desde o [[século XIX]], o desenvolvemento dun [[ocultismo]] ilustrado na civilización occidental levou a que algúns cultos se definisen a si mesmos como pagáns e recuperen antigas tradicións pagás europeas. É o que ás veces se chama [[Neopaganismo]].
67.987

edicións

Menú de navegación