Alerxia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 68 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q42982
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
A '''alerxia''' (do grego αλλεργία, ''reacción estraña'') é unha hipersensibilidade a unha substancia en particular que se inhala, inxire ou toca, producindo uns síntomas característicos e unha reacción patolóxica do corpo de tipo inmunolóxico<ref>''Diciopedia do século21'', volume 1. Galaxia, 2007, páxina 92.</ref>. A alerxia é, xa que logo, o efecto prexudicial de hipersensibilidade do organismo.
A '''alerxia''' (do grego αλλεργία, ''reacción estraña'') é unha hipersensibilidade a unha substancia en particular que se inhala, inxire ou toca, producindo uns síntomas característicos e unha reacción patolóxica do corpo de tipo inmunolóxico<ref>''[[Diciopedia do século 21]]'', volume 1. Galaxia, 2007, páxina 92.</ref>. A alerxia é, xa que logo, o efecto prexudicial de hipersensibilidade do organismo.


== Proceso ==
== Proceso ==

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2014 ás 18:48

A alerxia (do grego αλλεργία, reacción estraña) é unha hipersensibilidade a unha substancia en particular que se inhala, inxire ou toca, producindo uns síntomas característicos e unha reacción patolóxica do corpo de tipo inmunolóxico[1]. A alerxia é, xa que logo, o efecto prexudicial de hipersensibilidade do organismo.

Proceso

A substancia á que se é alérxico denomínase "alérxeno", e os síntomas provocados son definidos como reaccións alérxicas. Cando un alérxeno penetra no organismo dun suxeito alérxico, o sistema inmunitario deste responde producindo unha gran cantidade de anticorpos. A sucesiva exposición ao mesmo alérxeno producirá a liberación de mediadores químicos, en particular a histamina, provocando a aparición dos síntomas típicos da reacción alérxica.

Tipos

As alerxias son, segundo Gell e Coombs, de catro tipos:

  1. Inmediatas: Baseadas sobre a reacción aos anticorpos.
  2. Citotóxicas.
  3. De complexos inmunes.
  4. Retardadas.

Notas

  1. Diciopedia do século 21, volume 1. Galaxia, 2007, páxina 92.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas