Programa Kallikratis: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 240: Liña 240:


=== Ligazóns externas===
=== Ligazóns externas===
* [http://www.kedke.gr/uploads/N38522010_KALLIKRATIS_FEKA87_07062010.pdf Texto completo da lei - Boletín Oficial de Grecia] (en grego)
* [http://web.archive.org/web/20100705024807/http://www.kedke.gr/uploads/N38522010_KALLIKRATIS_FEKA87_07062010.pdf Texto completo da lei - Boletín Oficial de Grecia] (en grego)
*[http://www.et.gr/idocs-nph/search/pdfViewerForm.html?args=5C7QrtC22wGYK2xFpSwMnXdtvSoClrL8aRmGcrk2DyZ5MXD0LzQTLWPU9yLzB8V68knBzLCmTXKaO6fpVZ6Lx3UnKl3nP8NxdnJ5r9cmWyJWelDvWS_18kAEhATUkJb0x1LIdQ163nV9K--td6SIudldiY2fVekcbKWprwVphd8dC3Vh7_72GwGTpk6GXz8X FEK Α138 del 09/08/2010] (en grego)
*[http://www.et.gr/idocs-nph/search/pdfViewerForm.html?args=5C7QrtC22wGYK2xFpSwMnXdtvSoClrL8aRmGcrk2DyZ5MXD0LzQTLWPU9yLzB8V68knBzLCmTXKaO6fpVZ6Lx3UnKl3nP8NxdnJ5r9cmWyJWelDvWS_18kAEhATUkJb0x1LIdQ163nV9K--td6SIudldiY2fVekcbKWprwVphd8dC3Vh7_72GwGTpk6GXz8X FEK Α138 del 09/08/2010] (en grego)
*[http://www.et.gr/idocs-nph/search/pdfViewerForm.html?args=5C7QrtC22wFYAFdDx4L2G3dtvSoClrL8aRmGcrk2DyZ5MXD0LzQTLWPU9yLzB8V68knBzLCmTXKaO6fpVZ6Lx3UnKl3nP8NxdnJ5r9cmWyJWelDvWS_18kAEhATUkJb0x1LIdQ163nV9K--td6SIuWul0aw7wuQu_zIv4zGsWeDDAhtceLHtRKuKtY2AHivR FΕΚ Α138 del 16/06/2011] (en giego)
*[http://www.et.gr/idocs-nph/search/pdfViewerForm.html?args=5C7QrtC22wFYAFdDx4L2G3dtvSoClrL8aRmGcrk2DyZ5MXD0LzQTLWPU9yLzB8V68knBzLCmTXKaO6fpVZ6Lx3UnKl3nP8NxdnJ5r9cmWyJWelDvWS_18kAEhATUkJb0x1LIdQ163nV9K--td6SIuWul0aw7wuQu_zIv4zGsWeDDAhtceLHtRKuKtY2AHivR FΕΚ Α138 del 16/06/2011] (en giego)

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2014 ás 02:29

O Programa Kallíkratis, Plan Calícrates ou Programa Calícrates (en grego Πρόγραμμα Καλλικράτης, Prógramma Kallikrátis), cuxo nome completo é Nova arquitectura das Autonomías e da Administración Descentralizada - Programa Kallíkratis (en grego Νέα Αρχιτεκτονική της Αυτοδιοίκησης και της Αποκεντρωμένης Διοίκησης - Πρόγραμμα Καλλικράτης, Nea Arkhitektonikí tis Aftodioíkisis kai tis Apokendroménis Dioíkisis - Prógramma Kallikrátis), é unha lei grega que reformou a división administrativa de Grecia no ano 2010. Ademais, concretou os límites das unidades autónomas, como o procedemento de elección dos distintos órganos e as competencias dos mesmos.

O plan foi votado no Parlamento grego en maio de 2010, e parte do mesmo foi publicado no Boletín do Estado do 7 de xullo de 2010 para que este fose aplicado ás eleccións autonómicas gregas do ano 2010. Entrou en vigor 1 de xaneiro de 2010. Tanto a elaboración da lei como tamén ao entrar en vigor, provocou reaccións violentas e manifestacións en toda Grecia,[1][2] e ata unha folga de fame.[3] Entre os principais motivos destas reaccións están as fusións os recortes de certos servizos sociais, como a de centros educativos[4][5] e de centros de saúde.[6]

Disposicións principais

O plan «Calícrates» é en certo modo a continuación do «Capodistrias» (Lei 2539/97), no sentido que foron presentados polo mesmo partido (PASOK) e son rexidos polo mesmo principio de fusión obrigatoria dos pequenos concellos en noutros maiores.

O aspecto chave do programa é a reducción do número de concellos, como tamén os seus representantes políticos e os seus correspondentes funcionarios, a medio terzo da súa representación; a sustitución das cincuenta e sete prefecturas polas trece periferias como tamén a división administrativa de segundo orde, establecendo administracións descentralizadas, cambia-las formas de finanzamento local e o reasignamento dunha serie de responsabilidades de cada grao administrativo.

De acordo o que dixo Giánnis Rangúskis, ministro de Interior de Grecia no momento de aprobares o plan, o criterio foi que non houbese ningún concello menor de 25.000 habitantes na zona metropolitana de Atenas, nin de 10.000 habitantes no resto do país, agás as zonas máis montañosas, nas que o límite estableceuse en 2.000 habitantes, e nas illas, utilizouse a lóxica de «unha cidade por illa», a excepción de Creta e Eubea.

Situación previa Plan Calícrates
Concellos División administrativa básica. En total 940 concellos e 124 comunidades. A maioría proviñan de fusións realizadas en 1997 a raíz do plan Capodistrias. E estes subdividíanse en divisións municipais, correspondentes con estes antigos concellos. División administrativa básica. Reducíronse a 325 concellos mediante fusións voluntarias ou ben forzadas. Estas divídense en unidades municipais, correspondentes basicamente cos antigos concellos e nas comunidades, que se corresponde coas antigas divisións municipais.
Prefecturas Divisións administrativas de segundo orden. En total existían cincuenta e sete prefecturas, catro das mesmas como unha subdivisión da anterior prefectura de Ática. Agora denominadas unidades periféricas. Son setenta e catro en total, e proveñen da división dalgunhas das prefecturas mentras que outras permaneceron idénticas.
Periferias Trece en total. Responsables da coordinación das autoridades locais, a legalidade das súas accións e a implementación das políticas gubernamentais a nivel rexional. Mantendo os sus límites xeográficos, pero constituindo agora a división administrativa de segundo orden. Fórmanse a partires dun grupo de unidades periféricas.
Administracións descentralizadas Non existían Sete en total. O seu presidente (secretario xeral) é escollido polo goberno. Toman en gran medida as antigas funcións das periferas.

Divisións

Administracións descentralizadas

O programa Kallíkratis introduce as «administracións descentralizadas» que sustituen ás trece Periferias do Programa Capodistrias. A estas pasaránllelas competencias das Periferias que segundo a Constitución de Grecia teñen que estares baixo control do estado central. O xefe da administración terá o título de «secretario xeral» e será escollido polo Goberno central.

Fixéronse sete administracións descentralizadas:

Administraciones.
Administraciones.

Periferias

O programa kallíkratis manten as mesmas trece periferias que o programa anterior, que son:

Periferias, unidades periféricas e municipios.
Periferias, unidades periféricas e municipios.

A elección do presidente da Periferia é realizada dende unha maneira directa a través das eleccións municipais e periféricas e, en certa maneira, as periferias pasan a ter as mesmas competencias cas antigas prefecturas.

Unidades periféricas

As setenta e catro unidades periféricas sustituen ás antigas prefecturas. Algunhas corresponden exactamente a estas mesmas, pero outras fórmanse a partires da división dunha antiga prefectura.

Periferia Unidade periférica Prefectura coa cal é correspondida
Ática Atenas Septentrional Atenas (parte)
Ática Atenas Occidental Atenas (parte)
Ática Atenas Central Atenas (parte)
Ática Atenas Meridional Atenas (parte)
Ática Ática Oriental Ática Oriental
Ática O Pireo O Pireo (parte)
Ática Illas O Pireo (parte)
Ática Ática Occidental Ática Occidental
Grecia Central Beocia Beocia
Grecia Central Eubea Eubea
Grecia Central Euritania Euritania
Grecia Central Fócida Fócida
Grecia Central Ftiótide Ftiótide
Macedonia Central Emacia Emacia
Macedonia Central Tesalónica Tesalónica
Macedonia Central Kilkís Kilkís
Macedonia Central Pella Pella
Macedonia Central Piería Piería
Macedonia Central Serres Serres
Macedonia Central Calcídica Calcídica
Creta A Canea A Canea
Creta Heraclión Heraclión
Creta Lasithi Lasithi
Creta Rétino Rétino
Macedonia Oriental e Tracia Drama Drama
Macedonia Oriental e Tracia Evros Evros
Macedonia Oriental e Tracia Tasos Kavala (parte)
Macedonia Oriental e Tracia Kavala Kavala (parte)
Macedonia Oriental e Tracia Xánthi Xánthi
Macedonia Oriental e Tracia Ródope Ródope
Epiro Arta Arta
Epiro Ioánina Ioánina
Epiro Préveza Préveza
Epiro Tesprotia Tesprotia
Illas Xónicas Corfú Corfú
Illas Xónicas Ítaca Cefalonia (parte)
Illas Xónicas Cefalonia Cefalonia (parte)
Illas Xónicas Léucade Léucade
Illas Xónicas Zante Zante
Exeo Septentrional Quíos Quíos
Exeo Septentrional Icaria Samos (parte)
Exeo Septentrional Lemnos Lesbos (parte)
Exeo Septentrional Lesbos Lesbos (parte)
Exeo Septentrional Samos Samos (parte)
Peloponeso Arcadia Arcadia
Peloponeso Argólida Argólida
Peloponeso Corintia Corintia
Peloponeso Laconia Laconia
Peloponeso Mesenia Mesenia
Exeo Meridional Andros Cícladas (parte)
Exeo Meridional Kálimnos Dodecaneso (parte)
Exeo Meridional Kárpatos Dodecaneso (parte)
Exeo Meridional Ceos-Citnos Cícladas (parte)
Exeo Meridional Cos Dodecaneso (parte)
Exeo Meridional Milos Cícladas (parte)
Exeo Meridional Míkonos Cícladas (parte)
Exeo Meridional Naxos Cícladas (parte)
Exeo Meridional Paros Cícladas (parte)
Exeo Meridional Rodas Dodecaneso (parte)
Exeo Meridional Siros Cícladas (parte)
Exeo Meridional Santorini Cícladas (parte)
Exeo Meridional Tinos Cícladas (parte)
Tesalia Karditsa Karditsa
Tesalia Larisa Larisa
Tesalia Magnesia Magnesia (parte)
Tesalia Espóradas Magnesia (parte)
Tesalia Tríkala Tríkala
Grecia Occidental Acaia Acaia
Grecia Occidental Etolia-Acarnania Etolia-Acarnania
Grecia Occidental Élide Élide
Macedonia Occidental Flórina Flórina
Macedonia Occidental Grevená Grevená
Macedonia Occidental Kastoriá Kastoriá
Macedonia Occidental Kozani Kozani

Concellos

Os 910 concellos e 124 comunidades do plan capodistrias simplíficanse en 325 concellos, fusionando aqueles de menor tamaño aos de maior tamaño. Os concellos divídense en «unidades municipais», que estes correspóndense aos antigos concellos, e estes mesmos a súa vez son divididos en «comunidades», que son correspondidos cas antigas «divisións municipais».

Notas

  1. "Ψηφίστηκε ο Καλλικράτης: Αντιδράσεις σε όλη την Ελλάδα". ellinikanea.gr (en griego). 21 de maio de 2010.  Parámetro descoñecido |datacceso= ignorado (Axuda)
  2. "Αντιδράσεις και χθες στην Αλικαρνασσό". Πατρίς (en griego). 30 de abril de 2010.  Parámetro descoñecido |datacceso= ignorado (Axuda)
  3. "Καλλικράτης: Αντιδράσεις ακόμα και απεργία πείνας". madata.gr (en grego). 29 de abril de 2010.  Parámetro descoñecido |datacceso= ignorado (Axuda)
  4. "Καλλικράτης τώρα και στα σχολεία. Αντιδράσεις". madata.gr (en grego). 21 de xaneiro de 2011. Consultado o 16 de xullo de 2011. 
  5. "Αντιδράσεις για τον «Καλλικράτη» στα ΤΕΙ". alfavita.gr (en grego). 16 de maio de 2011. Consultado o 17 de xullo de 2014. 
  6. "«Καλλικράτης» στα νοσοκομεία". Ημερησία (en grego). 14 de maio de 2011. Consultado o 17 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas