Ramón Abilleira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo data
Liña 13: Liña 13:
{{ORDENAR:Abilleira Pinneiro, Ramon}}
{{ORDENAR:Abilleira Pinneiro, Ramon}}
[[Categoría:Personalidades do agrarismo]]
[[Categoría:Personalidades do agrarismo]]
[[Categoría:Concelleiros galegos]]
[[Categoría:Concelleiros de Galicia]]

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2014 ás 09:59

Ramón Abilleira Piñeiro foi un agrarista galego.

Traxectoria

Presidente da Sociedad de Agricultores de Lérez. Distinguiuse nas loitas agrarias e participou activamente na campaña antiforal. Interveu no mitin e na Asemblea Antiforal de Vigo o 26 de xaneiro de 1908, onde tomou corpo o movemento dos antiforistas. Tomou parte como orador no acto para defender o abolicionismo. Presidiu o mitin que tivo lugar en Pontevedra o 23 de febreiro, no que se consistiu oficialmente o Directorio Antiforista de Teis. Volveu presidir outra reunión en outubro dese mesmo ano para constituír o comité provincial da Federación Agraria de Pontevedra. En 1909 participou, como orador, nas reunións antiforistas de Redondela, Baión e Vilaboa. Presentouse como agrario ás eleccións municipais de 1911 polo distrito de Lérez e resultou derrotado por moi escasa marxe. Radicalizada a loita agraria, a familia Abilleira foi acusada de intervención en axitacións específicas como a corta de cepas en 1914, sen que se puidera demostrar. Volveu presentarse ás municipais en 1917, pero tampouco foi elixido. Na Segunda República volveu ser nomeado concelleiro e 5º tenente-alcalde de Pontevedra en xaneiro de 1936, na corporación presidida por Tomás Abeigón Pazos[1].

Véxase tamén

  1. El País, 8-1-1936, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

  • ABILLEIRA, Ramón na GEG