Carme Hermida: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datas
Liña 5: Liña 5:


==Obras==
==Obras==
*''Os precursores da normalización: defensa e reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1891)'', 1992.
*''Os precursores da normalización. Defensa e reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1891)'', Xerais, Vigo, 1992.
*''A reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1891)'', 1992.
*''A reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1891) Escolma de textos'', Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 1992.
*''Rosalía de Castro na prensa barcelonesa (1863-1899)'', 1993.
*''Rosalía de Castro na prensa barcelonesa (1863-1899)'', Edicións do Patronato, 1993.
*''Ortografía práctica'', Sotelo Blanco Edicións, Santiago de Compostela, 2001.
*''Polo mar abaixo vai: cantigas populares sobre o mar'', 2003.
*''Polo mar abaixo vai: cantigas populares sobre o mar'', Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 2003.
*''Gramática práctica (Morfosintaxe), Sotelo Blanco Edicións, Santiago de Compostela, 2004.


===Como editora===
===Como editora===
*''A gaita gallega'', de Xoán Manuel Pintos, 2002.
*''A gaita gallega'', de Xoán Manuel Pintos, Xerais, Vigo, 2003.
*''A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego'', 1996, con [[Francisco Fernández Rei]].
*''A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego'', con [[Francisco Fernández Rei]], Consello da Cultura Galega, Arquivo Sonoro de Galicia, Santiago de Compostela, 1996, (2ª ed. 2003).


===Traducións===
===Traducións===
*''A vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500)'', de [[María del Carmen Pallares Méndez]], 1993.
*''A vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500)'', de [[María del Carmen Pallares Méndez]], Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela, Biblioteca de Divulgación, Serie Galicia, N.° 12, 1993.
*''A cláusula de conciencia e o segredo profesional dos xornalistas'', de [[Marc Carrillo]], 1994
*''A cláusula de conciencia e o segredo profesional dos xornalistas'', de [[Marc Carrillo]], 1994
*''Querouak'', de [[Ricardo Alcántara]], 1988.
*''Querouak'', de [[Ricardo Alcántara]], 1988.

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2014 ás 09:34

María do Carme Hermida Gulías, nada na Portela de Lamas (Pardesoa, Forcarei) o 13 de novembro de 1961, é unha filóloga, escritora e política galega.

Traxectoria

Aos nove anos marchou coa familia a Euskadi. Volveu para estudar Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde doutorou coa tese O rexurdir da conciencia idiomática en Galicia (1840-1891) (1991). Dende 1995 é profesora titular de Lingua Galega na USC. Foi bolseira do Instituto da Lingua Galega (1983), onde colaborou no Atlas Lingüístico Galego, Glosario de voces galegas de hoxe e no Diccionario de verbos galegos conxugados. Participación na elaboración de libros de texto para o ensino e o coñecemento da lingua galega, colaborou no Diccionario normativo galego-castelán (1988), no Diccionario castelán-galego de frases, usos e sinónimos (1990), no Gran diccionario Xerais da lingua (2000) e no Diccionario Xerais da lingua (2002). Tamén colaboru no espazo Faíscas da lingua (1986) da TVG, coordinou a sección "Mellore o seu galego" de O Correo Galego e dirixiu a colección de literatura infantil e xuvenil de Sotelo Blanco. É membro da Fundación Premios da Crítica Galicia, da Fundación Sotelo Blanco e foi membro fundadora do colectivo cultural Redes Escarlata, do que foi presidenta, tamén fundou e coordina a asociación de Mulleres Galegas na Comunicación (Mugacom). É concelleira de cultura en Teo.

Obras

  • Os precursores da normalización. Defensa e reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1891), Xerais, Vigo, 1992.
  • A reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1891) Escolma de textos, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 1992.
  • Rosalía de Castro na prensa barcelonesa (1863-1899), Edicións do Patronato, 1993.
  • Ortografía práctica, Sotelo Blanco Edicións, Santiago de Compostela, 2001.
  • Polo mar abaixo vai: cantigas populares sobre o mar, Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 2003.
  • Gramática práctica (Morfosintaxe), Sotelo Blanco Edicións, Santiago de Compostela, 2004.

Como editora

  • A gaita gallega, de Xoán Manuel Pintos, Xerais, Vigo, 2003.
  • A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego, con Francisco Fernández Rei, Consello da Cultura Galega, Arquivo Sonoro de Galicia, Santiago de Compostela, 1996, (2ª ed. 2003).

Traducións

  • A vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500), de María del Carmen Pallares Méndez, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela, Biblioteca de Divulgación, Serie Galicia, N.° 12, 1993.
  • A cláusula de conciencia e o segredo profesional dos xornalistas, de Marc Carrillo, 1994
  • Querouak, de Ricardo Alcántara, 1988.
  • Os narices do rei, de Jaume Cela, 1988.

Véxase tamén

Ligazóns externas