Lingua silesiana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 5: Liña 5:
En xeral, os falantes do idioma silesiano moran na rexión de [[Alta Silesia]], situada entre o sudoeste de [[Polonia]] e o nordeste da [[República Checa]]. Actualmente, o silesiano é falado frecuentemente na área entre a fronteira histórica de Silesia no este, e unha liña de [[Syców]] ata [[Prudnik]] no oeste, así coma na área de [[Rawicz]] ([[Khazaks]]). Ata o ano 1945 o silesiano foi falado tamén en enclaves de [[Baixa Silesia]], coma o baixo silesiano foi falado pola maioría étnica alemá naquela rexión.
En xeral, os falantes do idioma silesiano moran na rexión de [[Alta Silesia]], situada entre o sudoeste de [[Polonia]] e o nordeste da [[República Checa]]. Actualmente, o silesiano é falado frecuentemente na área entre a fronteira histórica de Silesia no este, e unha liña de [[Syców]] ata [[Prudnik]] no oeste, así coma na área de [[Rawicz]] ([[Khazaks]]). Ata o ano 1945 o silesiano foi falado tamén en enclaves de [[Baixa Silesia]], coma o baixo silesiano foi falado pola maioría étnica alemá naquela rexión.


De acordo co último censo en Polonia (2011), arredor de 509 000<ref>[http://www.stat.gov.pl/cps/rde/xbcr/gus/LUD_raport_z_wynikow_NSP2011.pdf Narodowy Spis Powszechny Ludności i Mieszkań 2011. Raport z wyników] - Central Statistical Office of Poland</ref> persoas declararon que o silesiano era a súa lingua principal, e aproximadamente 0,2 millóns declaráronse de nacionalidade silesiana. Porén, o número total de falantes do silesiano (a maioría dos cales non o consideran coma unha lingua separada) supera os dous millóns. Tamén hai arredor de 100.000 falantes do dialecto checo silesiano.
De acordo co último censo en Polonia (2011), arredor de 509 000<ref>[http://web.archive.org/web/20121221235509/http://www.stat.gov.pl/cps/rde/xbcr/gus/LUD_raport_z_wynikow_NSP2011.pdf Narodowy Spis Powszechny Ludności i Mieszkań 2011. Raport z wyników] - Central Statistical Office of Poland</ref> persoas declararon que o silesiano era a súa lingua principal, e aproximadamente 0,2 millóns declaráronse de nacionalidade silesiana. Porén, o número total de falantes do silesiano (a maioría dos cales non o consideran coma unha lingua separada) supera os dous millóns. Tamén hai arredor de 100.000 falantes do dialecto checo silesiano.


== Alfabeto ==
== Alfabeto ==

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2014 ás 03:12

O silesiano ou alto silesiano (Silesiano: Ślůnsko godka, Polaco: Język śląski) é o idioma étnico de Silesia. O seu código é ISO 639-3: SZL.

Distribución

En xeral, os falantes do idioma silesiano moran na rexión de Alta Silesia, situada entre o sudoeste de Polonia e o nordeste da República Checa. Actualmente, o silesiano é falado frecuentemente na área entre a fronteira histórica de Silesia no este, e unha liña de Syców ata Prudnik no oeste, así coma na área de Rawicz (Khazaks). Ata o ano 1945 o silesiano foi falado tamén en enclaves de Baixa Silesia, coma o baixo silesiano foi falado pola maioría étnica alemá naquela rexión.

De acordo co último censo en Polonia (2011), arredor de 509 000[1] persoas declararon que o silesiano era a súa lingua principal, e aproximadamente 0,2 millóns declaráronse de nacionalidade silesiana. Porén, o número total de falantes do silesiano (a maioría dos cales non o consideran coma unha lingua separada) supera os dous millóns. Tamén hai arredor de 100.000 falantes do dialecto checo silesiano.

Alfabeto

O alfabeto silesiano escríbese con 32 letras do alfabeto latino:

a b c ć č d e f g h i j k l m n ń o p r ř s ś š t u ů w y z ź ž
A B C Ć Č D E F G H I J K L M N Ń O P R Ř S Ś Š T U Ů W Y Z Ź Ž

Úsanse tamén catro dígrafos: ch, dz, , .

Exemplo

O Pai Noso en silesiano, polaco e checo

Silesiano

Uojćec naš, keryś je w ńebjy,
bydź pośwjyncůne mjano Twojy.
Přidź krůlestwo Twojy.
Bydź wola Twoja, kjej we ńebje,
tak tyž na źymjy.
Chlyb naš každodźynny dej nům dźśoj.
A uodpuść nům naše winy,
kjej my uodpuščůmy našym winńikům.
A ńe wůdź nos na pokušyńi,
nale zbow nos uod zuego.
Bo Twůje je krůlestwo a můc,
a suawa na wjeki. Amyn.


Polaco

Ojcze nasz, któryś jest w niebie,
święć się imię Twoje,
przyjdź królestwo Twoje,
bądź wola Twoja jako w niebie tak i na ziemi.
Chleba naszego powszedniego daj nam dzisiaj.
I odpuść nam nasze winy,
jak i my odpuszczamy naszym winowajcom.
I nie wódź nas na pokuszenie,
ale zbaw nas ode złego. Amen.


Checo

Otče náš, jenž jsi na nebesích,
posvěť se jméno Tvé
Přijď království Tvé.
Buď vůle Tvá, jako v nebi, tak i na zemi.
Chléb náš vezdejší dej nám dnes
A odpusť nám naše viny,
jako i my odpouštíme naším viníkům
a neuveď nás v pokušení,
ale zbav nás od zlého. Amyn.

Dialecto ou lingua?

Hai distintas opinións acerca de se o silesiano é un dialecto do polaco ou un idioma. Algúns silesianos considéranse unha minoría étnica en Polonia.

Se o clasificamos como dialecto, este é o máis prominente dialecto rexional da lingua polaca. Pola contra, se o clasificamos coma lingua, vemos que está intimamente relacionado coas linguas polaca e checa, con certas influencias do alemán.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas