Bielsko-Biała: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 12: Liña 12:
altitude = 262 – 1117 |
altitude = 262 – 1117 |
superficie = 125,66 |
superficie = 125,66 |
poboación =175.513<ref name="ludnosc">{{cita web | url = http://www.stat.gov.pl/cps/rde/xbcr/gus/PUBL_L_ludnosc_stan_struktura_30_06_2009.pdf | título = Ludność. Stan i struktura w przekroju terytorialnym (Stan w dniu 30 VI 2009 r.) (Poboación. Tamaño e estrutura por división territorial (ata o 30 de xuño de 2009) | dataaceso = 22 de maio | anoaceso = 2010 | último = Stańczak | primeiro = Joanna | coautores = Agnieszka Znajewska | data = 30 de xuño de 2009 | ano = 2009 | mes = xuño | formato = PDF | editorial = Główny Urząd Statystyczny, GUS (Oficina Central de Estatística) | páxinas = 121}}</ref> |
poboación =175.513<ref name="ludnosc">{{cita web | url = http://www.stat.gov.pl/cps/rde/xbcr/gus/PUBL_L_ludnosc_stan_struktura_30_06_2009.pdf | título = Ludność. Stan i struktura w przekroju terytorialnym (Stan w dniu 30 VI 2009 r.) (Poboación. Tamaño e estrutura por división territorial (ata o 30 de xuño de 2009) | dataaceso = 22 de maio | anoaceso = 2010 | último = Stańczak | primeiro = Joanna | coautores = Agnieszka Znajewska | data = 30 de xuño de 2009 | ano = 2009 | mes = xuño | formato = PDF | editorial = Główny Urząd Statystyczny, GUS (Oficina Central de Estatística) | páxinas = 121|urlarquivo=http://web.archive.org/web/20100215022024/http://www.stat.gov.pl/cps/rde/xbcr/gus/PUBL_L_ludnosc_stan_struktura_30_06_2009.pdf|dataarquivo=2010-02-15}}</ref> |
densidade = 1411|
densidade = 1411|
código postal = 43-300 a 43-382|
código postal = 43-300 a 43-382|

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2014 ás 17:29

Modelo:Cidade

Concello ubicado no centro da cidade polaca, en activo.
Castelo dos Duques de Cieszyn. Alberga o museo da cidade de Bielsko-Biała.

Bielsko-Biała (en alemán: Bielitz-Biala; checo: Bílsko-Bělá) é unha cidade do sueste polaco situada no Voivodato de Silesia (dende 1999), previamente a capital do Voivodato de Bielsko-Biała (1975-1998). Bielsko-Biała está composta por dous núcleos poboacionais establecidos a ambos lados do río Biała, Bielsko e Biała, unidos en 1951 como unha única cidade. Durante a primeira partición de Polonia no ano 1772, Biała foi anexionada por Austria e pasou a formar parte de Galicia ou Galitsia, a rexión histórica do leste de Europa.

A cidade conta cunha poboación de 175.513 habitantes (2009). Sitúase ao pé dos Montes Cárpatos, moi preto da fronteira coa República Checa e con Eslovaquia. Situada entre Cracovia e Katowice.

As súas actividades turísticas céntranse na práctica do esquí e do sendeirismo e son moi coñecidas as súas rutas polas Montañas Tatra.

Historia

A cidade de Bielsko-Biała foi fundada o 1 de xaneiro do ano 1951 cando as cidades adxacentes de Bielsko e Biała foron unificadas. Bielsko, a cal pertenceu durante séculos ao Duque de Cieszyn, foi fundada no ano 1312. Durante 1457 o río Biała serviu de fronteira entre a zona de Silesia e a pequena Polonia. Silesia entón pertencía a Austria, e a rexión da pequena Polonia a Polonia. [1] Non foi ata 1918 cando ambas cidades comezaron a formar parte do renacido país, contando cunha parte significativa da súa poboación pertencente a etnias xermanas. Durante a Segunda Guerra Mundial a cidade foi sometida ao Tercer Reich e a súa poboación xudía enviada ao campo de concentración de Auschwitz. Logo da liberación da cidade polo Exército Vermello en 1945, a poboación de etnia xermana foi expulsada da cidade.

Río Biała

O principal río que cruza e divide á cidade é o río Biała («Río Branco» en polaco) cunha lonxitude de 28,6 km. É un afluente do Vístula. O seu nacemento esta localizado entre as ladeiras do Klimczok,Szyndzielnia e das montañas Magura, nunha elevación do redor de 800 m.

Río Biała.
Pub Galicia Bielsko-Biała.
Recreación da fronteira entre Galicia e Prusia, Bielsko-Biała.

Economía e industria

Historicamente a fonte económica predominante da rexión foi a industrial. As máis antigas tradicións deste tipo remóntanse á Idade Media e están asociadas coa industria téxtil. Pero a día de hoxe existe un amplo abano de diferentes tipos de industria, o que lle valou á cidade a reputación de rica zona industrial.

A produción de equipamento electrónico, téxtil e as industrias químicas, así como grupos alimenticios e da madeira ocupan hoxe en día a cabeza da lista das empresas punteiras da cidade.

A súa economía continúa coa reestruturación e privatización. Como punto máis relevante da reestruturación a cidade recibiu a participación de inversores estranxeiros. Fiat Auto Poland, unha empresa creada pola marca Italiana Fiat e FSM é un dos exemplos máis notables.[2]

Monumentos

  • Museo de Bielsko-Biała, situado no castelo dos Duques de Cieszyn (s.XV), máis tarde Castelo da princesa Sułkowski
  • O Concello construído en 1897
  • Hotel Prezydent
  • O Cemiterio Xudeu fundado en 1849
  • A Catedral de San Nicolás do ano 1447 e reedificada en 1909-1910
  • Casa das Ras, unha mansión de Art Nouveau
  • A Galería de Arte de Bielsko, galería BWA

Distritos municipais

  • Biała
  • Stare Bielsko
  • Straconka
  • Mikuszowice Śląskie i Mikuszowice Krakowskie
  • Aleksandrowice
  • Wapienica
  • Olszówka Dolna i Olszówka Górna
  • Hałcnów
  • Komorowice Śląskie i Komorowice Krakowskie
  • Leszczyny
  • Lipnik

Educación

A universidade de Vigo mantén relacións en temas asociados coa telemática e filoloxía e tradución coa ATH, así como unha vía aberta de intercambio de estudantes grazas ao programa ERASMUS no que unha media de 3 alumnos galegos residen na cidade polaca nun intervalo de entre 5 meses e un ano.[3][4]

  • Universidade de Bielsko-Biała (ATH)
  • Bielska Wyższa Szkoła Biznesu i Informatyki im. J. Tyszkiewicza (Escola Superior de Negocios e Informática J. Tyszkiewicz)
  • Wyższa Szkoła Administracji (Escola Superior de Administración)
  • Wyższa Szkoła Bankowości i Finansów (Escola Superior de Banca e Finanzas)
  • Wyższa Szkoła Ekonomiczno-Humanistyczna (Escola Superior de Economía e Humanidades)

Política

Membros do Parlamento (Sejm) elixidos en Bielsko-Biała

Política municipal

Deporte

  • Podbeskidzie Bielsko-Biała - equipo de fútbol masculino(xogando na Primeira División polaca dende 2002/2003).
  • BBTS Siatkarz Original Bielsko-Biała - equipo masculino de voleibol que xoga actualmente na Liga Polaca De Voleibol (Polska Liga Siatkówki, PLS: Seria A en 2003/2004, Seria B en 2004/2005).
  • BKS Stal Bielsko-Biała - equipo feminino de voleibol:Campión de Polonia en 2004, xogando na serie A da Liga Feminina de Voleibol.

Notas

  1. [ Oskar Halecki, The Limits and Divisions of European History, Sheed & Ward: London and New York 1950, chapter V]
  2. [Análise económico da rexión Akademia Techniczno-Humanistyczna http://web2.um.bielsko.pl/bb/en/EN_economy_01_03.pdf]
  3. Diario da UVigo[http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=4494&Itemid=39}
  4. Listaxe da Oficina de Relacións Internacionais UVigo[1]

Véxase tamén

Ligazóns externas