Canto gregoriano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: et:Gregoriuse koraal
Liña 14: Liña 14:
[[eo:Gregoria ĉanto]]
[[eo:Gregoria ĉanto]]
[[es:Canto gregoriano]]
[[es:Canto gregoriano]]
[[et:Gregoriuse koraal]]
[[fi:Gregoriaaninen kirkkolaulu]]
[[fi:Gregoriaaninen kirkkolaulu]]
[[fr:Chant grégorien]]
[[fr:Chant grégorien]]

Revisión como estaba o 29 de marzo de 2007 ás 21:30

O canto gregoriano é un tipo de música vocal monódica non acompañada para ser cantada durante a celebración da liturxia na Igrexa Católica. Formouse a partir de estilos moi heteroxénos, de procedencia principalmente oriental, sobre todo de Bizancio e Siria durante a época que seguiu á caída do Imperio Romano, a primeira compilación procede do papa Gregorio I, do cal lle vén o nome, aínda que a historiografía moderna puxo en dúbida esta orixe retrasando a orixe ata a época carolinxia, considerándoo unha síntese entre o canto romano e o canto gálico.

A intención do canto gregoriano non era artística, senón tan só relixiosa, ennobrecer a palabra de Deus, polo que se prescindía de instrumentos musicais, a música sacra tiña que ser simple para que puidese ser cantada por todos, fluída para non estorbar o texto e sobría para non desmerecer a súa función.

Unha gran parte da liturxia podía ser cantada e iso imposibilitaba que puidese ser memorizada, polo que a Igrexa procurou rexistrar o repertorio de cantos por escrito para o que houbo de perfeccionar os sistemas de notación musical coñecidos ata o de entón, ata o século XI non se regularizou a notación sobre unha pauta de varias liñas e o uso da clave.