Foise co vento: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado categoría
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 161: Liña 161:
A primeira dobraxe ao [[Lingua galega|galego]] de ''Foise co vento'' emitiuna [[Televisión Española]] en Galicia o [[25 de xullo]] de [[1986]]. Nesa primeira versión a frase de despedida de Rhett Butler foi: “Francamente, querida, non é cousa miña”. Houbo que esperar practicamente 20 anos, o [[24 de xuño]] do [[2006]], para que Televisión de Galicia emitise o filme e escoitar a frase tal e como se escoita nesta nova dobraxe: "Francamente, querida, non me importa".
A primeira dobraxe ao [[Lingua galega|galego]] de ''Foise co vento'' emitiuna [[Televisión Española]] en Galicia o [[25 de xullo]] de [[1986]]. Nesa primeira versión a frase de despedida de Rhett Butler foi: “Francamente, querida, non é cousa miña”. Houbo que esperar practicamente 20 anos, o [[24 de xuño]] do [[2006]], para que Televisión de Galicia emitise o filme e escoitar a frase tal e como se escoita nesta nova dobraxe: "Francamente, querida, non me importa".


En ambas as dúas dobraxes, Charo Pena interpretou a Scarlett O'Hara. Alfonso Valiño puxo a súa voz nas dúas dobraxes a Rhett Butler. A directora de dobraxe no ano [[1985]] foi [[Dorotea Bárcena]] no estudio ''Imaxe Galega'' ([[Santiago de Compostela]]). Na dobraxe do [[2006]] dirixiu Xerardo Couto no estudio de dobraxe ''Studio XXI'' ([[A Coruña]]).<ref>[http://apradoga.org/home/wp-content/uploads/2009/10/XXV-A%25C3%2591OS-DE-DOBLAXE.pdf http://apradoga.org/home/wp-content/uploads/2009/10/XXV-A%C3%91OS-DE-DOBLAXE.pdf]<br />
En ambas as dúas dobraxes, Charo Pena interpretou a Scarlett O'Hara. Alfonso Valiño puxo a súa voz nas dúas dobraxes a Rhett Butler. A directora de dobraxe no ano [[1985]] foi [[Dorotea Bárcena]] no estudio ''Imaxe Galega'' ([[Santiago de Compostela]]). Na dobraxe do [[2006]] dirixiu Xerardo Couto no estudio de dobraxe ''Studio XXI'' ([[A Coruña]]).<ref>[http://web.archive.org/web/20131227003925/http://apradoga.org/home/wp-content/uploads/2009/10/XXV-A%25C3%2591OS-DE-DOBLAXE.pdf http://apradoga.org/home/wp-content/uploads/2009/10/XXV-A%C3%91OS-DE-DOBLAXE.pdf]<br />
</ref>
</ref>



Revisión como estaba o 3 de setembro de 2014 ás 18:07

Foise co vento
Póster da preestrea.
Ficha técnica
Título orixinalGone with the Wind
DirectorVictor Fleming
George Cukor (sen acreditar)
Sam Wood (sen acreditar)
ProdutorDavid O. Selznick
GuiónSidney Howard
Oliver H.P. Garrett (sen acreditar)
Ben Hecht (sen acreditar)
Barbara Keon (sen acreditar)
Jo Swerling (sen acreditar)
Baseado enGone with the Wind de Margaret Mitchell
IntérpretesClark Gable
Vivien Leigh
Leslie Howard
Olivia de Havilland
MúsicaMax Steiner
FotografíaErnest Haller
Lee Garmes (sen acreditar)
MontaxeHal C. Kern
James E. Newcom
EstudioSelznick International Pictures
Metro-Goldwyn-Mayer
DistribuidoraLoews Cineplex Entertainment
Estrea 15 de decembro de 1939
Galicia 25 de xullo de 1986 (TVE)
24 de xuño de 2006 (TVG)
Duración220 minutos
234-238 minutos (coa overtura, entreacto e créditos)
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$3.850.000
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/gone-wind
IMDB: tt0031381 Filmaffinity: 470268 Allocine: 27782 Rottentomatoes: m/gone_with_the_wind Mojo: gonewiththewind Allmovie: v20278 TCM: 414427 Metacritic: movie/gone-with-the-wind TV.com: movies/gone-with-the-wind Netlix: 70020694Editar o valor em Wikidata

Foise co vento (en inglés, Gone with the Wind) é un dos filmes máis famosos na historia do cine. Baseado na novela homónima de Margaret Mitchell (gañadora dun Premio Pullitzer), a súa rodaxe, que durou 140 días, supuxo cambios importantes na técnica cinematográfica. No momento da súa estrea foi a película máis cara e longa que se rodou.

Estreouse en galego na Televisión Española o 25 de xullo de 1986. Unha segunda versión en galego foi emitida por primeira vez na TVG o 24 de xuño de 2006.[1]

Argumento

Vivien Leigh.

Scarlett O'Hara (Vivien Leigh) vive nunha das grandes mansións do sur dos Estados Unidos. Está namorada de Ashley Wilkes (Leslie Howard), que no entanto está comprometido en matrimonio coa súa curmá, Melanie Hamilton (Olivia de Havilland). Está a piques de comezar a Guerra de Secesión e os mozos sureños mostran o seu entusiasmo por entrar en combate. Non así Rhett Butler (Clark Gable), un home atractivo que non ten máis interese que o seu propio beneficio. A Butler gústalle Scarlett, pero ela segue namorada de Ashley, que anuncia o seu compromiso con Melanie. Desenganada, Scarlett acepta a proposta de matrimonio de Charles (Rand Brooks), o irmán de Melanie, ao que despreza. Como consecuencia da guerra Scarlett, xa viúva, abandona Tara e instálase en Atlanta, onde Melanie espera noticias de Ashley. Ao longo dos anos, o espectador asiste á evolución vital da protagonista, unha loita constante por sobrevivir tanto ela como a súa familia. Scarlett fará uso de todas as súas artes femininas para conseguir os seus obxectivos, esquecendo ao mesmo tempo cales son os seus verdadeiros sentimentos cara a Rhett.

Personaxes

  • 'Scarlett O'Hara': é unha bela moza acomodada e caprichosa do sur. Sabe moi ben que é a máis admirada do condado e sabe manexar os homes ao seu antollo. Está namorada de Ashley Wilkes e fará todo o que estea na súa man para conseguir o amor del. O mundo alegre e despreocupado de festas, bailes e grelladas no que vive desaparecerá sen remedio ao chegar a Guerra de Secesión e Scarlett deberá sobrevivir e sacar adiante a súa familia e a plantación.
  • Rhett Butler: home mullereiro, resolto e intelixente é o único que ve os problemas reais que desencadearía unha guerra civil no país. A súa reputación non é precisamente moi boa entre os seus compatriotas. Está namorado de Scarlett e pensa que ambos son moi parecidos, unhas persoas que só pensan en si mesmas. Tratará de quitar a Ashley da cabeza de Scarlett demostrándolle en moitas ocasións o aprecio que sente por ela.
  • Ashley Wilkes: é un home sinxelo, afable e de bo carácter que sente certa atracción por Scarlett, esa mociña encantadora que todos admiran e cortexan. Sabe que a mellor opción é casar coa súa curmá Melanie Hamilton aínda que esta non teña o encanto nin o carácter xovial de Scarlett, pero é unha boa muller que o adora e iso é suficiente.
  • Melanie Hamilton: é a curmá de Ashley e máis tarde a súa esposa. É o máis parecido que ten Scarlett a unha amiga aínda que Melanie non saiba que ela non a soporta por estar casada co home que ama. Melanie ve sempre o lado bo das persoas e pensa que Scarlett non é tan frívola nin indesexable como moito pensan.
  • Gerald O'Hara: pai de Scarlett, de orixe irlandesa será o que inculque na súa filla o amor á terra, pola súa plantación "Tara". Está casado con Ellen O'Hara, unha muller proveniente dunha acomodada familia estadounidense. Á parte de Scarlett ten dúas fillas máis: Suellen e Carreen O'Hara.
Clark Gable como Rhett Butler, e Vivien Leigh como Scarlett O'Hara.

Premios

Premios Oscar 1939

Categoría Receptor/a Resultado
Oscar ó mellor filme Gañador
Oscar ó mellor director Victor Fleming Gañador
Oscar ó mellor actor Clark Gable Nomeamento
Oscar á mellor actriz Vivien Leigh Gañadora
Oscar á mellor actriz de reparto Hattie McDaniel Gañadora
Oscar á mellor actriz de reparto Olivia de Havilland Nomeamento
Oscar ó mellor guión orixinal Gañador
Oscar á mellor dirección de arte Gañador
Oscar á mellor fotografía Gañador
Oscar á mellor montaxe Gañador
Oscar ós mellores efectos visuais Nomeamento
Oscar á mellor banda sonora Nomeamento
Oscar ó mellor son Nomeamento

Premios National Filme Preservation Board (1939)

Categoría Receptor/a Resultado
Premio NFPB á mellor actriz Vivien Leigh Gañadora

Premios People's Choice Awards (1989)

Categoría Receptor/a Resultado
People's Choice Awards, USA Mellor película de todos os tempos Gañadora

Curiosidades e outros datos

A orixe da película

En maio de 1936, a colaboradora de David O. Selznick, Katharine Brown, envioulle ao seu xefe as probas de imprenta e unha sinopsis da novela de Margaret Mitchell, coa recomendación entusiasta de que comprase os dereitos de adaptación ao cine.

Nun principio interesáronse varios estudios pola novela, pero as altas esixencias económicas dos axentes de Mitchell desanimaron a todos os candidatos, incluída a poderosa MGM. Selznick tamén se resistiu nun principio e só cando o presidente do consello de administración de Selznick International, Jock Hai Whitney, lle enviou un telegrama dicíndolle que, calquera que fose a decisión de Hollywood, el estaba disposto a comprar os dereitos para a compañía, abrandouse. Así un mes logo da publicación do libro, en xuño de 1936, Selznick comprou os dereitos por 50.000 dólares, unha marca para a época e que porén representou un dos capítulos menos custosos da película.

O guión

O guión -obra de Sidney Howard, merecedor dun Oscar- baséase na novela escrita por Margaret Mitchell. A película ambiéntase no sur dos Estados Unidos, en Atlanta, onde aínda perduraba a escravitude e os grandes terratenentes.

Conta a historia dunha orgullosa e rica moza chamada Escarlata O'Hara (Vivien Leigh) que nos tempos da guerra de secesión estadounidense, loita por saír adiante nunha nación en guerra. Suspira polo amor de Ashley Wilkes (Leslie Howard), ata o punto de que sobrepón este interese a calquera outra cousa. O seu veciño Ashley "un nobre sureño" acaba casando con Melania Hamilton (Olivia de Havilland), unha muller boa e adorable, frustrando así as aspiracións de Escarlata. Ao tempo, un aposto pero non tan nobre negociante chamado Rhett Butler (Clark Gable) namórase de Scarlett.

Directores

Foise co vento chegou a rodarse con cinco directores distintos: Reeves Eason, Sam Wood, William Cameron Menzies, George Cukor e Victor Fleming. E isto sen contar a escenas rodadas con directores de segunda unidade, que foron unhas cantas debido aos avatares da rodaxe. Era unha historia magna e a rodaxe foi feita á medida. A cinta ten unha duración de tres horas e media (211 min).

De todos os directores, só Victor Fleming aparece nos títulos de crédito.

Orzamento

A película contou cun incrible orzamento que alcanzou 4,25 millóns de dólares. Converteuse na película máis longa e máis cara ata ese momento. Axustando a inflación á recadación, Foise co vento é a película máis recadadora de toda a historia por riba de películas como Titanic de James Cameron. E é que Selznick estaba convencido de que esta película sería un clásico.

Rodaxe

  • A rodaxe comezou o 26 de xaneiro e acabou o 1º de xuño. Durou aproximadamente 140 días. Aínda que antes de comezar Selznick dedicara dous anos á elección da Scarlett O'Hara ideal e a definir a historia xunto a Sidney Howard e outros.
  • Para o incendio en Atlanta queimáronse os decorados do clásico King Kong a modo de edificios ardendo.
  • Na escena da queima de Atlanta, cando Rhett e Scarlett foxen nun coche de cabalos, Scarlett leva a cara tapada porque esa actriz non era realmente Vivien Leigh. Levaban tanto tempo buscando á actriz principal que decidiron empezar a rodar algunha escena sen ela.
  • Sempre se rumoreou que os actores principais non se levaban moi ben na rodaxe e que Gable comía cebola antes das escenas onde se bicaban. Non é así; ambos eran profesionais e admirábanse mutuamente. Gable tiña dentadura postiza e de cando en vez comía cousas picantes, pero non o facía para amolar a Vivien.
  • Clark Gable non quería aparecer chorando na escena en que Melanie o consola tras o aborto de Scarlett porque consideraba que era pouco masculino. O director intentou por todos os medios de convencelo sen éxito. Finalmente Olivia de Havilland (Melanie Hamilton) convenceuno para rodar unha toma con el chorando. Clark viu que as bágoas estaban xustificadas nesa escena e accedeu a que se incluíse.
  • Clark Gable gastou unha broma a Hattie McDaniel (Mami) substituíndo o té do vaso do que ela debía beber para celebrar o nacemento de Boni por whisky.

Repartición

O papel de Scarlett

A elección do papel de Scarlett xerou gran expectación e foron moitas as actrices importantes que se ofreceron para o papel: Katharine Hepburn, Joan Crawford, Barbara Stanwyck, Paulette Goddard, Norma Shearer... Con todo, Selznick estaba convencido de que "Scarlett" necesitaba unha actriz que aínda non fose coñecida, e así é como logo dun interminable -dous anos- e multitudinario casting -1.400 candidatas- contratou os servizos de Vivien Leigh para o que sería o papel da súa carreira.

Vivien Leigh saltou á fama ademais de gañar o seu primeiro Oscar. Destacan tamén as interpretacións do gran Clark Gable, Olivia de Havilland, Leslie Howard, Thomas Mitchell e a xa citada Hattie McDaniel.

O papel de Rhett Butler

Para o papel de Butler, non existiron dúbidas, desde a publicación da novela Selznick empezou a recibir cartas nas que se lle pedía que se adxudicase o papel a Clark Gable, ao que se considerou o candidato máis adecuado desde o principio, a pesar de que o seu contrato coa Metro complicou considerablemente as cousas.

O papel de Bonnie Blue Butler

Para o papel de Bonnie Blue Butler, a filla de Rhett e Scarlett, expúxose a posibilidade de que o fixese Elizabeth Taylor.

Irmáns Tarleton

Un dos irmáns Tarleton, Brent Tarletton, foi interpretado por George Reeves, que sería máis tarde o protagonista da serie Adventures of Superman (1952-1958).[2]

David O. Selznick

Podería dicirse que David O. Selznick foi a alma creadora de Foise co vento. Foi el quen quixo que a película se fixese en cor, foi o que introduciu diálogos famosos como o da última frase de Rhett ou as primeiras palabras do comezo e foi el quen elixiu os actores para os diferentes roles, sobre todo o de Scarlett.

Estrea

Estreouse en Atlanta o 15 de decembro de 1939 no Gran Teatro Loew, que se engalanou cun falso soportal de columnas brancas a imitación do típico estilo arquitectónico do sur de Estados Unidos, moi similar ao de Doce Carballos.

Con motivo da estrea á que estaban invitados os actores da película, agás os negros, o alcalde da cidade declarou tres días de festa. A autora do libro Margaret Mitcell, negouse a asistir, coa escusa de que o seu pai se atopaba enfermo.

Cando Vivien Leigh baixou da súa limousine unha banda de corenta músicos atacou os sons de Dixie.

Censura

A famosa frase final de Rhett Butler "Frankly my dear, I don't give a damn" a punto estivo de non pasar a censura. David O. Selznick tivo que pagar unha suma de diñeiro aos censores para poder deixar a palabra damn na frase. Para máis información véxase o artigo Francamente, querida, non me importa

Premios

Foi unha sorpresa que Clark Gable non gañase o Oscar ao mellor actor -a película gañaría os cinco Oscars importantes-, e que Olivia de Havilland non gañase o premio á mellor actriz secundaria, que recaeu sobre a actriz Hattie McDaniel, a entrañable Mammy, que foi a primeira gañadora dun Oscar, de raza negra. Tampouco a excelente banda sonora foi premiada, obra de Max Steiner (nomeado todos os anos desde 1935 ata 1951, e gañador do Oscar só en dúas ocasións).

Dobraxe ao galego

A primeira dobraxe ao galego de Foise co vento emitiuna Televisión Española en Galicia o 25 de xullo de 1986. Nesa primeira versión a frase de despedida de Rhett Butler foi: “Francamente, querida, non é cousa miña”. Houbo que esperar practicamente 20 anos, o 24 de xuño do 2006, para que Televisión de Galicia emitise o filme e escoitar a frase tal e como se escoita nesta nova dobraxe: "Francamente, querida, non me importa".

En ambas as dúas dobraxes, Charo Pena interpretou a Scarlett O'Hara. Alfonso Valiño puxo a súa voz nas dúas dobraxes a Rhett Butler. A directora de dobraxe no ano 1985 foi Dorotea Bárcena no estudio Imaxe Galega (Santiago de Compostela). Na dobraxe do 2006 dirixiu Xerardo Couto no estudio de dobraxe Studio XXI (A Coruña).[3]

Notas

  1. "Foise co vento na TVG". Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  2. Pódese verificar vendo os créditos iniciais da película, ademais de revisar a páxina web [imdb.com].
  3. http://apradoga.org/home/wp-content/uploads/2009/10/XXV-A%C3%91OS-DE-DOBLAXE.pdf

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AB