Matrix: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
mSen resumo de edición |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
| imdb_id = 0133093 |
| imdb_id = 0133093 |
||
}} |
}} |
||
'''''Matrix''''' é unha [[película]] de [[ciencia ficción]] escrita e dirixida por [[Larry Wachowski|Larry]] e [[Andy Wachowski]] e protagonizada por [[Keanu Reeves]], [[Laurence Fishburne]], [[Carrie-Anne Moss]] e [[Hugo Weaving]]. Foi estreada nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] o [[31 de marzo]] de [[1999]] e foi a primeira da [[triloxía de Matrix]] e dunha serie de [[videoxogos]], [[Curtametraxe|curtas]] [[Animación|animadas]] e [[banda deseñada|bandas deseñadas]]. A película gañou 4 [[Premios Oscar]] incluíndo a [[Oscar á mellor montaxe|mellor montaxe]], mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais. |
'''''Matrix''''' é unha [[Filme|película]] de [[ciencia ficción]] escrita e dirixida por [[Larry Wachowski|Larry]] e [[Andy Wachowski]] e protagonizada por [[Keanu Reeves]], [[Laurence Fishburne]], [[Carrie-Anne Moss]] e [[Hugo Weaving]]. Foi estreada nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] o [[31 de marzo]] de [[1999]] e foi a primeira da [[triloxía de Matrix]] e dunha serie de [[videoxogos]], [[Curtametraxe|curtas]] [[Animación|animadas]] e [[banda deseñada|bandas deseñadas]]. A película gañou 4 [[Premios Oscar]] incluíndo a [[Oscar á mellor montaxe|mellor montaxe]], mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais. |
||
Nesta película fíxose popular o "[[bullet time]]" (''tempo bala''), técnica que consiste en aparentar que se conxela a acción mentres a cámara segue movéndose arredor da escena. O efecto visual conséguese empregando múltiples cámaras que gravan a acción dende distintas posicións a unha cantidade elevada de fotogramas por segundo. Posteriormente intercálanse os fotogramas de cada unha das cámaras. Está categorizada como unha película de [[Cine Geek]]. |
Nesta película fíxose popular o "[[bullet time]]" (''tempo bala''), técnica que consiste en aparentar que se conxela a acción mentres a cámara segue movéndose arredor da escena. O efecto visual conséguese empregando múltiples cámaras que gravan a acción dende distintas posicións a unha cantidade elevada de fotogramas por segundo. Posteriormente intercálanse os fotogramas de cada unha das cámaras. Está categorizada como unha película de [[Cine Geek]]. |
Revisión como estaba o 3 de setembro de 2014 ás 15:09
Matrix | |
---|---|
Efecto matrix | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Matrix |
Director | Larry Wachowski Andy Wachowski |
Produtor | Joel Silver Larry Wachowski Andy Wachowski |
Guión | Larry Wachowski Andy Wachowski |
Intérpretes | Keanu Reeves Laurence Fishburne Carrie-Anne Moss Hugo Weaving Joe Pantoliano Gloria Foster Marcus Chong Matt Doran Belinda McClory Julian Arahanga Anthony Ray Parker |
Música | Don Davis |
Fotografía | Bill Pope |
Montaxe | Zach Staenberg |
Estudio | Village Roadshow Pictures Silver Pictures |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 31 de marzo de 1999 22 de marzo de 2008 (TVG) |
Duración | 136 minutos |
Orixe | Estados Unidos Australia |
Xénero | Acción |
Orzamento | $63.000.000[1] |
Filme seguinte | Matrix Reloaded |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/matrix | |
Matrix é unha película de ciencia ficción escrita e dirixida por Larry e Andy Wachowski e protagonizada por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreada nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi a primeira da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. A película gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.
Nesta película fíxose popular o "bullet time" (tempo bala), técnica que consiste en aparentar que se conxela a acción mentres a cámara segue movéndose arredor da escena. O efecto visual conséguese empregando múltiples cámaras que gravan a acción dende distintas posicións a unha cantidade elevada de fotogramas por segundo. Posteriormente intercálanse os fotogramas de cada unha das cámaras. Está categorizada como unha película de Cine Geek.
Estreouse en galego na TVG o 22 de marzo de 2008.[2]
Argumento
Thomas A. Anderson (Keanu Reeves) de día é programador informático e polas noites un hacker que utiliza o alcume de Neo. Pasase a vida buscando a unha persoa, Morfeo, (Laurence Fishburne), e a resposta a unha pregunta: «Que é Matrix?»
Morfeo e os seus, ó decatarse de que os seus inimigos están buscando a Neo, deciden entrar en contacto con el. Outra hacker, Trinity (Carrie-Anne Moss), condúceo ata Morfeo e a resposta que busca. Pero para obtela debe renunciar á súa vida anterior e a todo o que coñeceu ata entón. Acepta e traga unha pílula vermella, en vez doutra azul que suporía quedar como estaba.
Neo descobre que o mundo no que cría vivir non é máis ca unha simulación virtual á que se atopa conectado mediante un cable enchufado no seu cerebro. Os miles de millóns de persoas que viven conectadas ó seu arredor, están sendo cultivadas do mesmo modo para poder dar enerxía ás máquinas. Esta ilusión colectiva (ou simulación interactiva) é coñecida como Matrix.
O grupo de rebeldes do mundo real que lidera Morfeo rescata a Neo da colleita de persoas onde se atopaba preso, e Morfeo explícalle en que consiste a realidade: atópanse presto do ano 2199 e a humanidade está escravizada polas máquinas, que tralo desenvolvemento da Intelixencia Artificial se rebelaron contra a humanidade. Debido a que os seres humanos deterioraron o ceo (privando ás máquinas da enerxía solar que necesitaban), agora empregan á especie humana como fonte de enerxía (cultivándoos en grandes campos, onde son resgardados en cámaras). (Véxase The Second Renaissance de Animatrix para unha explicación máis detallada).
Morfeo cóntalle tamén a Neo que cre que el é o elixido. Este elixido, segundo a profecía, será o encargado de liberar á humanidade da escravitude á que está sometida. Ademais, será capaz de cambiar Matrix á súa vontade e dar a vitoria ós humanos. Estes teñen a súa base en Sión (cidade subterránea bastión da resistencia humana).
O mundo virtual de Matrix convértese no campo de batalla onde Neo ten que combater contra os axentes de Matrix, que son uns programas en forma humana capaces de posuír a calquera habitante de Matrix que a resistencia non liberara, e en particular contra o temible axente Smith (Hugo Weaving). Estes intentan impedir que os rebeldes rescaten ás persoas que están conectadas, xa que están programados para capturar a calquera intruso que altere a realidade de Matrix. Neste mundo virtual, os seres humanos que son conscientes da verdadeira esencia do que lles rodea, son capaces de desafiar parcialmente as leis físicas e realizar fazañas asombrosas.
Personaxes
- Keanu Reeves como Thomas A. Anderson/Neo: Un programador de ordenadores da Corporación Metacortex cuxo nome de hacker é Neo.
- Laurence Fishburne como Morpheus.
- Carrie-Anne Moss como Trinity.
- Hugo Weaving como Axente Smith.
- Joe Pantoliano como Cypher.
- Julian Arahanga como Apoc.
- Anthony Ray Parker como Dozer.
- Marcus Chong como Tank.
- Matt Doran como Mouse.
- Gloria Foster como O Oráculo.
- Belinda McClory como Switch.
- Paul Goddard como Axente Brown.
- Robert Taylor as Axente Jones.
Galardóns e nomeamentos
- 1999: 4 Oscars: Mellor montaxe, son, efectos visuais, efectos sonoros.
- 1999: 2 premios BAFTA: Mellores efectos visuais, son. 5 nomeamentos.
Notas
- ↑ BoxOfficeMojo
- ↑ "Matriz na TVG". Diario Siglo XXI. 21 de marzo de 2008. Consultado o 20 de abril de 2013.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Web Oficial (en inglés)
A Galicitas posúe citas sobre: Matrix |