Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación (España): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
agrupando notas idénticas
Sen resumo de edición
Liña 137: Liña 137:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://web.archive.org/web/20080314215813/http://www.maec.es/ga/Home/Paginas/HomeGa.aspx Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España]
* [http://www.exteriores.gob.es/ Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España]


{{Ministerios de España}}
{{Ministerios de España}}

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2014 ás 09:43

Pazo de Santa Cruz, sede do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación

O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España ou MAEC, que nos seus inicios en 1714 se chamou Primeira Secretaría de Estado e despois, a partir de 1833 recibiu o nome de Ministerio de Estado, é o órgano da Administración Xeral do Estado que ten encomendadas as seguintes funcións:

  • Planificar, dirixir, executar e avaliar a política exterior de España.
  • Concertar e potenciar as relacións de España con outros estados e coas organizacións internacionais.
  • Fomentar as relacións económicas, culturais e científicas internacionais de España.
  • Dirixir a política de cooperación internacional para o desenvolvemento.
  • Exercer a protección dos cidadáns españois no exterior e participar na proposta e aplicación da política de estranxería.
  • Deseñar, coordinar e executar a política española no seo da Unión Europea.

Para cumprir con estas funcións o Ministro de Asuntos Exteriores conta co apoio dun número variable de secretarías de estado e subsecretarías, que en xaneiro de 2012 eran tres e unha, respectivamente. Ademais, dependen del os organismos autónomos da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECI) e do Instituto Cervantes.

O ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España é, en xaneiro de 2012, José Manuel García-Margallo.

Estrutura orgánica (xaneiro de 2012)

Órganos superiores

Os órganos superiores do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España, dependentes directamente do ministro son[1]:

  • Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e de Cooperación
  • Secretaría de Estado para a Unión Europea
  • Secretaría de Estado para Iberoamérica
  • Subsecretaría de Asuntos Exteriores e de Cooperación

Estrutura orgánica básica

A estrutura orgánica básica[1] é: (en cursiva indícanse os organismos autónomos)

Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación: José Manuel García-Margallo.

    • Dirección Xeral de Relacións Económicas Internacionais: Fernando Eguidazu
    • Dirección Xeral de Medios e Diplomacia Pública: María Claver
    • Oficina de Información Diplomática (con rango de Dirección Xeral): Cecilia Yuste
      • Escola Diplomática.

Lista cronolóxica dos ministros de Asuntos Exteriores de España

Ministros de Estado

Ministros de Asuntos Exteriores

  • Lexislatura Constituínte (1977 - 1979)
  • III Lexislatura (1986 - 1989)
    • (1986 - 1989): Francisco Fernández Ordóñez (PSOE)

Ministros de Asuntos Exteriores e de Cooperación

Notas

  1. 1,0 1,1 Boletín Oficial do Estado. 30 de decembro de 2011: Real Decreto 1887/2011, de 30 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais. (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas