Troita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
arranxos
Liña 99: Liña 99:


=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* [[Álvaro Cunqueiro|Cunqueiro, Álvaro]] (1973): ''A cociña galega''. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154.181-5.
* [[Álvaro Cunqueiro|Cunqueiro, Álvaro]] (1973): ''A cociña galega''. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-181-5.
* [[Clodio González Pérez|González Pérez, Clodio]] (1988): "O refraneiro do mar", en ''Coloquio de etnografía marítima'', cap. 12, pp. 137-147. Santiago: Museo do Pobo Galego.
* Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): ''Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos''. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
* Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): ''Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos''. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
* Nelson, J. S. (2006): ''Fishes of the World''. 4th ed. New York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
* Nelson, J. S. (2006): ''Fishes of the World''. 4th ed. New York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
* Piñeiro, Miguel (2004): ''La pesca tradicional del reo en Galicia: metodología y lugares de captura''. Madrid: Ediciones Tutor. ISBN 9788479024307.
* Piñeiro, Miguel (2004): ''La pesca tradicional del reo en Galicia: metodología y lugares de captura''. Madrid: Ediciones Tutor. ISBN 9788479024307.
* Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): ''Peixes do mar de Galicia''. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
* Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): ''Peixes do mar de Galicia''. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
* [[Antón Santamarina|Santamarina, Antón]] (2003): ''Dicionario de Dicionarios''. A Coruña / Santiago: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega.
* [[Jorge Víctor Sueiro|Sueiro, Jorge-Víctor]] (1981): ''Comer en Galicia''. Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-8537-32-8.
* [[Jorge Víctor Sueiro|Sueiro, Jorge-Víctor]] (1981): ''Comer en Galicia''. Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-8537-32-8.



Revisión como estaba o 31 de agosto de 2014 ás 20:16

A troita,[1] (Salmo trutta fario), é un peixe osteíctio de auga doce, unha forma de Salmo trutta, ou subespecie, segundo os autores.[2]

Taxonomía

A subespecie foi descrita por primeira vez en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.

Ao longo do tempo tamén foi coñecida polos sinónimos:[2]

  • Salmo fario Linnaeus, 1758
  • Salmo faris
  • Trutta fario (Linnaeus, 1758)

As troitas do norte de Italia foron clasificadas como Salmo cenerinus.[3] Pero recentes investigacións bioxeográficas e moleculares do ADN mitocondrial demostraron que este taxon non era válido xa que entraría na variabilidade da aínda non descrita troita mediterránea Salmo mediterraneus. Cómpre ter en conta que esta suposta especie é xeneticamente idéntica a Salmo cettii (troita sarda) do centro-sur da península italiana, polo que se pode supoñer que a súa coloración sexa im carácter fenotípico e non xeneticamente determinado.[4] [5]

Características

Troita no momento de ser capturada coa técnica da mosca artificial.
Troita no río Moldava en Praga.

A troita é unha especie morfoloxicamente moi semellante ao salmón, de corpo alongado, comprimido nos flancos, coa cabeza robusta, aguzada cara á boca, dotada de fortes dentes; diferénciase do seu parente, á parte do tamaño, pola constitución do corpo, que é máis forte, curto e alto.[6]

Os maxilares sobrepasan o nivel da marxe posterior do ollo. As aletas pectorais e udal son moi robustas, e as aletas pelvianas e anal pequenas, esta última oposta á adiposa, que está moi atrasada.[6]

A lonxitude varía xeralmente nos cursos de auga nos que. Nos regatos e pequenos ríos de montaña non supera case os 30 cm e os 300 g de peso; nos ríos máis grandes dos vales, e nos lagos, onde a riqueza da ictiofauna é maior, algúns exemplares poden alcanzar pesos considerábeis, de entre os 5 e os 7 kg. Porén, en Galicia non adoitan acada más de 40 cm de lonxitude e 1 kg de peso.[7]

A coloración é extremadamente variábel, para mimetizárense co entorno. Normalmente o dorso e os flancos son apardazados con manchas negras ou vermellas, aureoladas ou non de claro.[6]

As troitas que viven nos lagos presentan un aspecto semellante ao do reo (Salmo trutta trutta).

Distribución, hábitat e bioloxía

Encóntrase en case toda Europa, desde Noruega, Suecia, Finlandia e o norte de Rusia até España, o norte de Portugal, Francia, Suíza, Eslovenia Croacia, Serbia e Romanía, e foi introducida no norte de Italia.[8] Hoxe en día, e debido ás repoboacións, pode acharse case en cualquera lugar.

Vive en cursos de auga rápidos e fríos, claros, ben oxixenados; nos meses invernais xeralmente baixo cataratas, fervenzas e cachóns, co fociño cara á corrente á espreita das súas presas, mentres que en verán permanece no fondo agardando polos insectos que pousan na superficia da auga, dos que se alimenta.

Pero non só come insectos, senón tamén outros invertebrados, como pequenos crustáceos, e tamén pequenos peixes.[7]

Reprodúcese nos meses invernais, entre novembro e febreiro, poñendo de 80 a 1.600 ovos.[7]

Pesca

A troita é a especie de peixe máis abundante nos ríos de Galicia, aínda que parece ser menos común na provincia de Ourense debido ás numerosa alteracións dos cauces.[7]

Troita acabada de pescar.

Dado que este peixe é un depredador, captúrase con larvas de insectos, con miñocas de terra e mariños (como o poliqueto Arenicola marina) e con peixes vivos ou mortos, de auga doce e auga salgada (que non deben exceder os 5 cm de longo para que se poidan enganchar no anzol máis facilmente.

Tamén se pesca coas técnicas da pesca con mosca e da pesca con culleriña.

A sua carne é moi apreciada.

Ademais, é unha peza moi apreciada tamén pola súa suspicacia, xa que require a máxima atención para a súa pesca.

Estado de conservación

Segundo a UICN o estado de conservación desta subespecie en estado silvestre é de LC (preocupación menor). Porén, moitas das súas pobacións lacustres declinaron considerabelmente debido á contaminación.[8]

A troita na gastronomía galega

A troita na cultura popular galega

Refraneiro

  • A muller e a troita pérdense pola boca.
  • A troita e o unto canto máis vellos millor.
  • A troita pra que che guste ha de ter sete efes: fresca, fría, frita, fiada, fragosa, fea e femia.[9]
  • Ende vindo o perdigón, perde a troita sazón.
  • Non se pillan as troitas coas bragas enxoitas.
  • O que troitas quer pescar, as calzas ten que mollar.
  • Troita cara non é sana.
  • Troita de hoxe; pan, de onte; carne, de antronte.

Cantigueiro

  • Polo río abaixo vai/ unha troita de pé,/ quen a poidera pillar,/ quen a poidera coller,/ quen a poidera coller,/ quen a poidera pillar,/ polo río abaixo vai/ unha troita a nadar.
  • Vaite á merda, vaite á merda,/ cara de troita lambeta/ que na punta do zapato/ levo un corno que che meta.

Fraseoloxía

  • Ter moita troita: Sarmiento recolleu esta expresión co significado de ter moita picardía, e engade que “Creo que es la treta castellana”.
  • Estar coma a troita na auga, dise a quen vive comodamente.
  • Picado da troita: dise de quen ten pencas na cara. Mancha ou marxa da troita é a propia penca.

Notas

  1. troita no dicionario da RAG.
  2. 2,0 2,1 Salmo trutta fario Linnaeus, 1758 no WoRMS.
  3. Kottelat M. & Freyhof J. (2007): Handbook of European Freshwater Fishes, Publications Kottelat, Cornol (CH), pp. 401-430.
  4. Bernatchez, L. (2001): "The evolutionary history of brown trout (Salmo trutta L.) inferred from phyleogeografic, nested clade, and mismatich analyses of mitochondrial DNA variation". Evolution, 55: 351-379.
  5. Gibertoni, P. P.; Penserini, M.; Esposito, S.; Leonzio, C.; Radi, M. & Querci, G. (2010): "Ipotesi di distribuzione originaria delle popolazioni di salmonidi nativi per le acque italiane". Atti del XII congresso AIIAD, S. Michele dell'Adige (Tn), 6-7 giugno 2008. Studi Trentini di Scienze Naturali – Acta Biologica.
  6. 6,0 6,1 6,2 Rodríguez Villanueva et al. (1995), p. 368.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Rodríguez Villanueva et al. (1995), p. 369.
  8. 8,0 8,1 Salmo trutta na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2014.2 Consultada o 30 de agosto de 2014.
  9. ’’Fragosa’’ quere dicir que vive en augas batidas, con penedos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cunqueiro, Álvaro (1973): A cociña galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-181-5.
  • González Pérez, Clodio (1988): "O refraneiro do mar", en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12, pp. 137-147. Santiago: Museo do Pobo Galego.
  • Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. 4th ed. New York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Piñeiro, Miguel (2004): La pesca tradicional del reo en Galicia: metodología y lugares de captura. Madrid: Ediciones Tutor. ISBN 9788479024307.
  • Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): Peixes do mar de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • Santamarina, Antón (2003): Dicionario de Dicionarios. A Coruña / Santiago: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega.
  • Sueiro, Jorge-Víctor (1981): Comer en Galicia. Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-8537-32-8.

Outros artigos

Ligazóns externas