Festa da pataca de Coristanco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m engado info e ligazóns
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=decembro de 2013}}
{{Sen referencias|data=decembro de 2013}}
A '''festa da pataca de Coristanco''' é unha [[festa gastronómica]] celebrada a terceiro fin de semana de [[setembro]] no municipio de [[Coristanco]]. A economía de Coristanco baséase en parte neste produto da horta, sendo este municipio considerado como a Capital da Pataca en Galicia, en referencia ás elevadas colleitas da [[pataca]] debido ás boas condicións climatolóxicas para o seu crecemento.
A '''festa da pataca de Coristanco''' é unha [[festa gastronómica]] celebrada a terceiro fin de semana de [[setembro]] na parroquia de [[Traba, Coristanco|Traba]]<ref>{{Cita web |url=http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=18618&ctre=254 |título=Festa da Pataca |editor=[[Turgalicia]] |dataacceso=25 de agosto de 2014}}</ref> no municipio de [[Coristanco]]. A economía de Coristanco baséase en parte neste produto da horta, estando considerado este concello como a Capital da Pataca en Galicia, en referencia ás elevadas colleitas de [[pataca]] debido ás boas condicións climatolóxicas para o seu crecemento.

==Características==
==Características==
[[Ficheiro:Carroza deseñada con patacas na Festa da Pataca de Coristanco 2005.jpg|miniatura|Carroza deseñada con patacas na Festa da Pataca de Coristanco de 2005.]]
[[Ficheiro:Carroza deseñada con patacas na Festa da Pataca de Coristanco 2005.jpg|miniatura|Carroza deseñada con patacas na Festa da Pataca de Coristanco de 2005.]]

A festa da exaltación deste tubérculo nace en 1980, o mesmo tempo cá Cooperativa da Pataca de Bergantiños, pola necesidade de dar a coñecer a calidade deste produto gastronómico. O nome de Coristanco está asociado dende hai anos ao cultivo da pataca. Este produto, común na [[gastronomía de Galicia]], encontra na comarca de Bergantiños, e en particular na terra de Coristanco, un dos seus mellores lugares de cultivo. A conxunción da climatoloxía húmida e temperada desta parte occidental de Galicia coas condicións dos seus solos explican as características que esta zona reúne para o seu cultivo.
A festa da exaltación deste [[tubérculo]] nace en [[1980]], ó mesmo tempo cá Cooperativa da Pataca de Bergantiños, pola necesidade de dar a coñecer a calidade deste produto gastronómico. O nome de Coristanco está asociado dende hai anos ao cultivo da pataca. Este produto, común na [[gastronomía de Galicia]], encontra na [[comarca de Bergantiños]], e en particular na terra de Coristanco, un dos seus mellores lugares de cultivo. A conxunción da climatoloxía húmida e temperada desta parte occidental de Galicia coas condicións dos seus solos explican as características que esta zona reúne para o seu cultivo.

A primeira actividade festiva comeza pola mañá cos tractores engalanados con patacas. O día continúa co concurso gastronómico, degustación de patacas, exposición de maquinaria agrícola, actuacións de grupos de gaitas e danza. Á hora da comida, repártese de modo gratuíto a todas as persoas asistentes sardiñas, cachelos (patacas cocidas coa súa pel) e viño. Despois da comida continúase cos concursos: a recollida da pataca, que consiste en recoller no menor tempo posible un rego de patacas, e o baile da pataca, onde se premia a parella que consiga bailar máis tempo cunha pataca suxeita entre as súas frontes.

==Notas==
{{listaref}}

==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 25 de agosto de 2014 ás 19:57

A festa da pataca de Coristanco é unha festa gastronómica celebrada a terceiro fin de semana de setembro na parroquia de Traba[1] no municipio de Coristanco. A economía de Coristanco baséase en parte neste produto da horta, estando considerado este concello como a Capital da Pataca en Galicia, en referencia ás elevadas colleitas de pataca debido ás boas condicións climatolóxicas para o seu crecemento.

Características

Carroza deseñada con patacas na Festa da Pataca de Coristanco de 2005.

A festa da exaltación deste tubérculo nace en 1980, ó mesmo tempo cá Cooperativa da Pataca de Bergantiños, pola necesidade de dar a coñecer a calidade deste produto gastronómico. O nome de Coristanco está asociado dende hai anos ao cultivo da pataca. Este produto, común na gastronomía de Galicia, encontra na comarca de Bergantiños, e en particular na terra de Coristanco, un dos seus mellores lugares de cultivo. A conxunción da climatoloxía húmida e temperada desta parte occidental de Galicia coas condicións dos seus solos explican as características que esta zona reúne para o seu cultivo.

A primeira actividade festiva comeza pola mañá cos tractores engalanados con patacas. O día continúa co concurso gastronómico, degustación de patacas, exposición de maquinaria agrícola, actuacións de grupos de gaitas e danza. Á hora da comida, repártese de modo gratuíto a todas as persoas asistentes sardiñas, cachelos (patacas cocidas coa súa pel) e viño. Despois da comida continúase cos concursos: a recollida da pataca, que consiste en recoller no menor tempo posible un rego de patacas, e o baile da pataca, onde se premia a parella que consiga bailar máis tempo cunha pataca suxeita entre as súas frontes.

Notas

  1. Turgalicia (ed.). "Festa da Pataca". Consultado o 25 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos