Sete marabillas do mundo: Diferenzas entre revisións
m fixing dead links |
|||
Liña 38: | Liña 38: | ||
== Ligazóns externas == |
== Ligazóns externas == |
||
* [http://coolmaps.7wonders.googlepages.com/ancientwonders.html As sete marabillas en Google Maps] |
* [http://web.archive.org/web/20061024012104/http://coolmaps.7wonders.googlepages.com/ancientwonders.html As sete marabillas en Google Maps] |
||
[[Categoría:Sete marabillas do mundo| ]] |
[[Categoría:Sete marabillas do mundo| ]] |
Revisión como estaba o 25 de agosto de 2014 ás 09:08
As sete marabillas do mundo (ou as sete marabillas do mundo antigo) son as máis belas e maxestosas obras artísticas e arquitectónicas realizadas na Antigüidade.
As sete marabillas do mundo antigo
Velaquía a lista das sete marabillas do mundo antigo, ordenadas por data de construción.
- A Gran Pirámide de Giza. Rematada arredor do ano -2570, foi utilizada como tumba ou cenotafio do faraón Khufu, denominado Keops por Herodoto. Localizada en Giza, Exipto, é a única das sete marabillas que aínda se pode contemplar.
- Os Xardíns colgantes de Babilonia. Construídos en -605 - -562. Localizados en Babilonia, actual Iraq.
- O Templo de Artemisa en Éfeso. Construído cara a -550 - -325. Localizado en Éfeso, actual Turquía.
- A Estatua de Zeus, en Olimpia (Grecia). Esculpida cara a -430 por Fidias. Localizada en Olimpia, Grecia.
- O Mausoleo de Halicarnaso. Construído arredor de -353. Situado en Bodrum, actual Turquía.
- O Coloso de Rodas. Construído entre -294 e -282. Localizado na illa de Rodas, actualmente pertencente a Grecia.
- O Faro de Alexandría. Construído entre -294 e -283. Localizado en Alexandría, Exipto.
Orixe da lista
A orixe da lista é dubidosa, pero atribúeselle ao poeta grego Antípatro de Sidón, que escribiu sobre estas obras nun poema. Outro documento que contén a lista é o libro De Septem Orbis Miraculis, do enxeñeiro grego Filón de Bizancio. A lista tamén se coñece co nome grego de ta hepta thaemata (as sete cousas dignas de seren vistas). Esta catalogación das marabillas polos gregos debeuse producir entre os anos 150 e 120 aC.
De todas as sete marabillas, a única que resistiu até os días actuais foi a Gran Pirámide de Giza, construída hai mais de 4.000 anos. Dos outros monumentos podemos imaxinar o aspecto que tiñan, a partir de descricións en textos antigos e de reproducións estilizadas en moedas. Ese é o caso da Estatua de Zeus Olímpico, construída en ouro e marfil, e con 40 pés de altura, do que conservamos ademais de descricións escritas detalladas, a súa reprodución nas moedas de Elis.
Actualización
A comezos do século XXI o cidadán suízo Bernard Weber promoveu a selección das novas sete marabillas do mundo, que viría substituír esta lista. Esa decisión foi tomada pola Unesco o 7 de xullo de 2007.
Marabillas naturais
Tal como con outras listas, non existe consenso sobre sete marabillas naturais. Unha das listas foi compilada pola CNN [1]:
- Gran Canón do Colorado.
- Gran Barreira de Coral
- A baía do Río de Xaneiro
- Monte Everest
- Aurora boreal
- Volcán Paricutín
- Fervenza Victoria
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sete marabillas do mundo |