Sincronía e diacronía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Aucassin moveu a páxina "Sincronía" a "Sincronía e diacronía": both concepts are covered in this article
m wikif
Liña 5: Liña 5:
O '''enfoque sincrónico''' estuda unha lingua nun momento preciso da súa historia. O termo procede do [[lingua grega|grego]] συν-, «con» e χρόνος, «temps». A [[gramática]] escolar é esencialmente sincrónica: indica cales son as [[norma]]s consideradas como regras dunha lingua, que poden ter mudado desde estados anteriores.

O '''[[diacronía|enfoque diacrónico]]''' estuda historia da lingua e as súas evolucións ([[etimoloxía]], [[fonética histórica|evolucións fonéticas]], [[semántica]]s, [[léxico|léxicas]], [[sintaxe|sintácticas]], etc.). O termo é un [[préstamo]] culto construído sobre [[raíces gregas]], δια-, «a través», e χρόνος, «tempo». A [[Lingüística comparada]], por exemplo, ten un enfoque diacrónico.
O '''enfoque diacrónico''' estuda historia da lingua e as súas evolucións ([[etimoloxía]], [[fonética histórica|evolucións fonéticas]], [[semántica]]s, [[léxico|léxicas]], [[sintaxe|sintácticas]], etc.). O termo é un [[préstamo]] culto construído sobre [[raíces gregas]], δια-, «a través», e χρόνος, «tempo». A [[Lingüística comparada]], por exemplo, ten un enfoque diacrónico.

Sincrónico é equivalente a estático, diacrónico éo a evolutivo ou histórico. Son dúas perspectivas diferentes á hora de observar unha mesma realidade: o sistema nun momento dado e o sistema en desenvolvemento, inda que, se se ten en conta o carácter parcialmente innovador de todo acto lingüístico, só existe o aspecto diacrónico, mentres que o aspecto sincrónico é unha abstracción científica necesaria para estudar como funciona a lingua. Ó aspecto sincrónico correspóndelle a disciplina denominada [[gramática]] e que, en sentido amplo do termo, é a descrición do [[sistema]] da [[lingua]]; ó aspecto diacrónico correspóndenlle a [[gramática histórica]] e a [[historia da lingua]].

Revisión como estaba o 22 de agosto de 2014 ás 15:48

A sincronía é un concepto lingüístico referido á percepción nun momento concreto da historia dos diversos aspectos dunha lingua.

A oposición entre sincronía e diacronía, así como estes dous termos nesta acepción, débense a Ferdinand de Saussure, primeiro lingüista que separou claramente os dous puntos de vista. Esta oposición é frutífera tamén en filosofía, onde foi explotada entre outros por Barthes e Sartre.

O enfoque sincrónico estuda unha lingua nun momento preciso da súa historia. O termo procede do grego συν-, «con» e χρόνος, «temps». A gramática escolar é esencialmente sincrónica: indica cales son as normas consideradas como regras dunha lingua, que poden ter mudado desde estados anteriores.

O enfoque diacrónico estuda historia da lingua e as súas evolucións (etimoloxía, evolucións fonéticas, semánticas, léxicas, sintácticas, etc.). O termo é un préstamo culto construído sobre raíces gregas, δια-, «a través», e χρόνος, «tempo». A Lingüística comparada, por exemplo, ten un enfoque diacrónico.

Sincrónico é equivalente a estático, diacrónico éo a evolutivo ou histórico. Son dúas perspectivas diferentes á hora de observar unha mesma realidade: o sistema nun momento dado e o sistema en desenvolvemento, inda que, se se ten en conta o carácter parcialmente innovador de todo acto lingüístico, só existe o aspecto diacrónico, mentres que o aspecto sincrónico é unha abstracción científica necesaria para estudar como funciona a lingua. Ó aspecto sincrónico correspóndelle a disciplina denominada gramática e que, en sentido amplo do termo, é a descrición do sistema da lingua; ó aspecto diacrónico correspóndenlle a gramática histórica e a historia da lingua.

Véxase tamén