Javier Irureta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Krisko (conversa | contribucións)
Liña 165: Liña 165:
{{Adestradores do Deportivo da Coruña}}
{{Adestradores do Deportivo da Coruña}}
{{Deportivo da Coruña na tempada 1999/00}}
{{Deportivo da Coruña na tempada 1999/00}}
{{Deportivo da Coruña na tempada 2001/02}}


{{ORDENAR:Irureta, Javier}}
{{ORDENAR:Irureta, Javier}}

Revisión como estaba o 16 de agosto de 2014 ás 10:19

Modelo:InfFut2 Javier Iruretagoyena Amiano, nado en Irun (Guipúscoa) o 1 de abril de 1948, é un ex futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e centrocampista e foi internacional coa selección española. Actualmente (2010) é o director deportivo do Athletic Club.

Traxectoria

Como xogador

Xogou no Real Unión ata 1967, ano no que ingresa nas filas do Atlético de Madrid debutando en Primeira División o 17 de decembro de 1967 nun encontro entre o Atlético de Madrid e Las Palmas (1–2).

Con este equipo gañou dúas Ligas, un subcampionato e unha Copa do Rei. Participou na final da Copa de Europa de 1974 na que o Atlético de Madrid caeu derrotado diante do Bayern de Múnic (4–0). Na tempada seguinte proclamouse campión da Copa Intercontinental marcando o primeiro gol do seu equipo diante o Independiente no partido de volta. No Atlético xogou oito tempadas disputando 208 partidos de liga.

En 1975 ficha polo Athletic Club, equipo no que xoga cinco tempadas disputando máis de 100 partidos. Con este club disputou a final da Copa da UEFA de 1977, na que o Athletic perdeu contra a Juventus (2–2, valendo dobre o gol en campo contrario). Ao remate da tempada 1979–80 retírase dos terreos de xogo.

Disputou un total de 344 partidos en Primeira División, marcando 70 goles.

Selección nacional

Foi internacional coa selección española en seis ocasiónss. O seu debut como internacional foi o 23 de maio de 1972 nun partido entre España contra Uruguai (2–0).

Cara o final da súa carreira como xogador, Irureta xogou un partido coa selección vasca.

Como adestrador

Irureta iniciouse como adetrador en 1984 cando se fai cargo do Sestao, club no que permanecerá durante catro tempadas. En 1988 dá o salto a Primeira División sendo contratado polo Logroñés, sendo o seu debut na máxima categoría o 3 de setembro nun partido entre o Logroñés e o Atlético de Madrid (1–0), club no que Irureta conseguira os seu maiores logros como futbolista. Na xornada 20 foi destituído, despois de xogar novamente contra o Atlético pero esta vez caer derrotadp.

En 1989 comeza a adestrar ao Real Oviedo, equipo no que permanece catro tempadas, conseguindo o seu maior logro neste equipo na tempada 1990–91, cando o Oviedo remata como sexto clasificado, conseguindo unha praza para xogar a Copa da UEFA por primeira vez na historia do club. Na tempada 1993–94 dirixiu ao Racing de Santander, conseguindo un oitavo posto, e un ano máis tarde adestrou ao Athletic Club, o que fora o seu derradeiro equipo como xogador. A mediados da tempada 1995–96 sustituiu no banquiño da Real Sociedad a Salvador Iriarte, quedando no club unha tempada máis. En 1997 faise cargo do Celta de Vigo, onde consigue un sexto posto, clasificando ao club para a Copa da UEFA.

En 1998 é contratado polo Deportivo da Coruña, club co que conseguiría os seus maiores éxitos como adestrador. Na tempada 1999–00 gañou a Liga, a primeira na historia do club, conseguindo ademais dous subcampionatos (2000–01 e 2001–02) e dous terceiros postos (2002–03 e 2003–04). Gañou tamén unha Copa do Rei (2001–02) e dúas Supercopas de España (2000 e 2002). En Europa conseguiu levar ao club a semifinais da UEFA Champions League na tempada 2003–04 e a cuartos de final en dúas ocasións. Tras considerar rematado o seu traballo no Deportivo, abandonou o club ao remate da tempada 2004–05.

En 2006 faise cargo do Real Betis, club onde non remata a tempada sendo substituído por Luis Fernández. O 22 de xaneiro de 2008 sustitúe como adestrador a Ander Garitano no banquiño do Real Zaragoza,[1] pero pouco tempo despois, o 3 de marzo, dimite tras unha racha de resultados negativos.[2]

Irureta sentouse en máis de 600 ocasións nos banquiños de Primeira División.

O 9 de xullo de 2009 aceptou o cargo de director deportivo do Athletic Club.

Palmarés

Xogador

Título Club País Ano
Liga de España Atlético de Madrid España 1970
Copa do Rei Atlético de Madrid España 1972
Liga de España Atlético de Madrid España 1973
Copa Intercontinental Atlético de Madrid España 1974

Adestrador

Título Club País Ano
Liga de España Deportivo da Coruña España 2000
Supercopa de España Deportivo da Coruña España 2000
Copa do Rei Deportivo da Coruña España 2002
Supercopa de España Deportivo da Coruña España 2002

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas