Mamede de Capadocia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe
Elisardojm (conversa | contribucións)
*icono>icona
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=xuño de 2014}}
{{Sen referencias|data=xuño de 2014}}
[[Ficheiro:Mamant.jpg|miniatura|Icono de San Mamede.]]
[[Ficheiro:Mamant.jpg|miniatura|Icona de San Mamede.]]
'''Mamede de Capadocia''', nado en [[259]] e finado na [[Capadocia]] en [[275]], foi un [[mártir]] cristián, coñecido como San Mamede.
'''Mamede de Capadocia''', nado en [[259]] e finado na [[Capadocia]] en [[275]], foi un [[mártir]] cristián, coñecido como San Mamede.



Revisión como estaba o 23 de xullo de 2014 ás 08:03

Icona de San Mamede.

Mamede de Capadocia, nado en 259 e finado na Capadocia en 275, foi un mártir cristián, coñecido como San Mamede.

Lenda

Fillo de Teodoto e Rufina dous plebeos cristiáns encarcerados e martirizados cando neno. Naceu en prisión e foi adoptado por unha viúva patricia que ao seu pasamento deixoulle a súa herdanza cando só tiña 15 anos. Mamede utilizou á súa fortuna para favorecer aos marxinados e non ocultou a súa condición de cristiá. Isto fíxoo vítima dunha dura represión por parte do Gobernador de Cesarea de Capadocia.

Tras sufrir cadea e torturas, fuxiu ao monte onde conviviu entre as feras, tendo a facultade de amansalas. Localizado e detido, foi sometido á morte no circo ceibándolle varios leóns, pero estes respectárono e amosáronlle docilidade. En consecuencia, foi atravesado polo tridente dun gladiador ata falecer desangrado.

Significación

Son moitas as parroquias e accidentes xeográficos en Galicia adicadas á súa advocación. A implantación do cristianismo en comunidades rurais da Gallaecia supuxo a substitución de tradicións galaicas prerromanas referidas a deidades masculinas adolescentes da natureza pola figura deste santo mozo.

En Bilbao existiu existiu o maior orfanato de Europa baixo o seu padroado.