O Sereo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Título en cursiva}}
{{Título en cursiva}}
[[Ficheiro:O sereo, Francisco Leiro.jpg|miniatura|O Sereo visto dende as rúas Policarpo Sanz / do Príncipe.]]
[[Ficheiro:O sereo, Francisco Leiro.jpg|miniatura|O Sereo visto dende as rúas Policarpo Sanz / do Príncipe.]]
'''''O Sereo''''' (coñecido as máis das veces coma ''O Sireno''){{cómpre referencia}} é unha escultura realizada polo escultor [[Cambados|cambadés]] [[Francisco Leiro]] que se atopa no centro da [[Porta do Sol de Vigo|Porta do Sol]] fronte ao [[Edificio Simeón]].
'''''O Sereo''''' (coñecido as máis das veces coma ''O Sireno''){{cómpre referencia}} é unha escultura realizada polo escultor [[Cambados|cambadés]] [[Francisco Leiro]] que se atopa no centro da [[Porta do Sol de Vigo|Porta do Sol]], no centro da cidade de [[Vigo]], fronte ao [[Edificio Simeón]].


==Descrición==
==Descrición==

Revisión como estaba o 22 de xullo de 2014 ás 19:33

O Sereo visto dende as rúas Policarpo Sanz / do Príncipe.

O Sereo (coñecido as máis das veces coma O Sireno)[Cómpre referencia] é unha escultura realizada polo escultor cambadés Francisco Leiro que se atopa no centro da Porta do Sol, no centro da cidade de Vigo, fronte ao Edificio Simeón.

Descrición

Foi erguida no ano 1991, xunto con moitas outras esculturas da cidade, coma Os cabalos da Praza de España, a Porta do Atlántico nas Travesas (Praza de América), O Rapto de Europa en Samil ou o Monumento ao traballo na Gran Vía. É xa unha icona da cidade, porén unha das obras máis polémicas que divide en opinións á cidadanía de Vigo[Cómpre referencia]. A figura antropomorfa, o Sereo en si, está realizado en aluminio e representa un personaxe imaxinario híbrido entre peixe e home. Non ten brazos, mais si pernas e pés, unha gran testa cun gran nariz e escamas polo corpo. Aséntase sobor dúas columnas de granito negro puído de 11 metros de altura[1]. O Sereo vixía a cidade e olla o porto e o mar de Vigo a través da rúa Carral[2].

Galería de imaxes

Notas