Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Dormencia»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
{{Fusión|Dormencia}}
[[Ficheiro:Brown-bear-in-spring.jpg|thumb|200px|Oso en primavera, moi magro porque acaba de saír da súa [[hibernación]].]]
[[Ficheiro:Baumknospe.jpg|thumb|200px|Moitas árbores saen da súa dormencia na primavera. Na imaxe rebento de [[pradairo común|pradairo]] (''[[Acer pseudoplatanus]]'') en dormancia.]]
 
En [[bioloxía]] denomínase '''vida latente''' ou '''latencia''' a un estado de aparente inactividade metabólica polo que pasan algúns [[animal|animais]] e [[planta]]s.
'''Dormencia''' ou latencia<ref>Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC</ref> é o período de tempo en que unha planta é incapaz de medrar, debido ás condicións ambientais adversas (temperatura, nutrientes, humidade...) aínda que continúa desenvolvendo actividades morfolóxicas e fisiolóxicas. O termo refírese non só aos vexetais, senón ao período no ciclo de vida de calquera [[Ser vivo|organismo]] no cal o desenvolvemento queda temporalamente suspenso. Minimiza o [[gasto enerxético]], por reducir a actividade [[Metabolismo|metabólica]], e pode auxiliar un organismo a conservar enerxía. A dormencia está normalmente asociada coas condicións ambientais. Os organismos poden sincronizar a entrada nunha fase dormente co seu ambiente por medios preditivos ou consecuenciais<ref> {{en}} [http://cal.vet.upenn.edu/projects/merial/Nematodes/nems_9.htm The Nematodes. University of Pennsylvania.]</ref><ref> {{en}} [http://cal.vet.upenn.edu/projects/merial/Nematodes/nems_9.htm McSorley, Robert. Adaptations of Nematodes to Environmental Extremes. Florida Entomologist. 86.2. Xuño 2003.]</ref>.
 
Refírese, por exemplo, á situación dalgúns animais que viven en zonas de climas fríos cando, no inverno, experimentan a [[hibernación]], ou á vida en suspensión das [[semente]]s que aínda non xerminaron, das [[espora]]s ou a das plantas durante o seu período de repouso.
== Tipos de dormencia ==
=== Dormencia preditiva ===
A dormencia preditiva ocorre cando un organismo entra nunha fase de dormencia antes do establecemento das condicións adversas. Por exemplo, o [[fotoperíodo]] e a baixa da temperatura son usados por moitas [[plantas]] para prever a chegada do [[inverno]].
 
=== Dormencia consecuencial ===
A dormencia consecuencial ocorre cando o organismo entra en fase dormente após as condicións adversas teren “chegado”. Esta obsérvase normalmente en áreas de [[Clima|climas]] imprevisíbeis. Sería de agardar, que alteracións moi súbitas nas condicións, leven a unha alta mortalidade entre animais con dormencia consecuencial, porén o seu uso pode ser vantaxoso, unha vez que os organismos se manteñen activos máis tempo, están aptos a maior uso dos recursos dispoñíbeis.
 
== Dormencia en sementes ==
 
=== Clasificación e mecanismos ===
Dormencia é a condicióno na cal a [[semente]] non xermola durante certo tempo, en condicións ambientais nas cales a mesma xermolaría se non estivese dormente. A dormencia debe ser interrompida por un proceso denominado “creba de dormencia”, que torna a semente apta a xermolar.
 
De acordo coa súa orixe, a dormencia da semente pode ser primaria, cando se inicia durante as fases iniciais ou finais de desenvolvemento da semente na planta-nai; ou pode ser secundaria, cando a semente se torna dormente após a liberacióin no ambiente, e xeralmente decorre da restauración dunha dormencia primaria, inducida por factores externos.
 
A dormencia pode ser tamén dividida en: fisiolóxica, dependente de factores metabólicos e xenéticos, sendo en xeral crebada por tratamentos con baixa temperatura; morfolóxicas, na cal a semente é dispersa antes de que o embrión complete o seu desenvolvemento, ou; morfofisiolóxica, que presenta unha combinación de ambos os tipos anteriores: após completar o seu desenvolvemento no ambiente, aínda é necesario crebar a dormencia fisiolóxica a través dun tratamento químico (hormonal). Alén destas, existe ademais a dormencia física, caracterizada pola presenza dun envoltorio que confire unha impermeabilidade, imposibilitando o desenvolvemento da plántula.
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:Regenwurm1.jpg|As [[miñoca]]s (''[[Lumbricus]]'' sp.) entran en dormancia
Ficheiro:Sa cumin.jpg|As sementes poden ficar en dormencia por anos. Na imaxe [[comiño]] (''[[Cuminum cyminum]]'').
Ficheiro:Necator Americanus L3 x1000 12-2007.jpg|Nematodo ''[[Necator americanus]]'', a dormencia en [[nematodo]]s e en [[virus]] é tamén común.
</gallery>
 
== Notas ==
{{Referencias}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
*[[Hibernación]]
*[[Diapausa]]
 
[[Categoría:Termos zoolóxicos]]
[[Categoría:Termos botánicos]]
[[Categoría:Fisioloxía vexetal]]
[[Categoría:Fisioloxía animal]]
215.603

edicións