Porta do Atlántico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 13: Liña 13:
Trátase dunha homenaxe aos [[emigrante]]s galegos que saíron de Vigo cara as [[América]]s nos buques durante os século XIX e XX, por iso a mesma cidade é denominada ''a porta do Atlántico''. Hoxe é un dos monumentos máis coñecidos da cidade. É un bo exemplo de sinxeleza do concepto e da plasticidade tallado directamente en [[granito]] do [[O Porriño|Porriño]]<ref>http://www.turismodevigo.org/gl/porta-do-atlantico</ref>.

== Celebracións do Celta e outro eventos ==
== Celebracións do Celta e outros eventos ==
Na praza de América celébranse importantes actos da cidade. O encoro da ''Porta do Atlántico'' é a fonte escollida pola afección do [[Real Club Celta de Vigo]] para celebrar as vitorias do seu equipo, e na mesma praza instálase unha gran verbena ao ar libre na Noitevella.

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2014 ás 14:03

Vista do monumento dende a Gran Vía, coa avenida de Castelao no fondo.

A Porta do Atlántico é un monumento obra do artista pontareán Silverio Rivas de 1990 situado no barrio das Travesas da cidade de Vigo.

Compose de tres elementos que proceden dun mesmo bloque de granito rosa do Porriño. As pezas foron deseñadas, cortadas e tratadas nunha canteira do Porriño. A parte principal e máis recoñecíbel é un gran porta de 14 metros de altura e 427 toneladas que fica nun grande encoro circular no medio e medio da praza de América, por riba dun paso subterráneo que comunica as avenidas de Castelao, Pi i Margall e Gran Vía. O encoro, en realidade unha gran fonte con chafarices centrais, reborda a tona auga nun cicuito pechado. Arrodéase de dous socalcos de paralelepípedos de granito rosa. A comezos do século XXI instláronse na fonte algúns arriates de flores para que non fose tan fría a imaxe da obra. A porta consta de dúas xambas e un gran lintel. Das xambas, cara o van, penduran dúas pezas que representarían Europa e as Américas.

A segunda parte é un bloque que fica no comezo da Gran Vía, e a última un bloque ao principio da avenida de Castelao[1].

Anteriormente no centro da praza só había unha farola con varios brazos. A instalación da obra levouse a cabo en 1990, cando se contruíu o paso inferior para liberar tráfico das Travesas.

Significado

Trátase dunha homenaxe aos emigrantes galegos que saíron de Vigo cara as Américas nos buques durante os século XIX e XX, por iso a mesma cidade é denominada a porta do Atlántico. Hoxe é un dos monumentos máis coñecidos da cidade. É un bo exemplo de sinxeleza do concepto e da plasticidade tallado directamente en granito do Porriño[2].

Celebracións do Celta e outros eventos

Na praza de América celébranse importantes actos da cidade. O encoro da Porta do Atlántico é a fonte escollida pola afección do Real Club Celta de Vigo para celebrar as vitorias do seu equipo, e na mesma praza instálase unha gran verbena ao ar libre na Noitevella.

Galería de imaxes

Notas