Cucurbitáceas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Kürbisgewächse" é un artigo bo; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:
}}
}}


As '''cucurbitáceas''' ('''Cucurbitaceae''') son unha familia de [[planta]]s orixinarias na súa meirande parte das [[América]]s, normalmente [[herbácea]]s, das cuales moitas posúen grande importancia etnobotánica; inclúe entre outros hortalizas tan importantes coma a cabaceira (''[[Cucurbita]]''), o meloeiro (''[[Cucumis melo]]''), o cogombro (''[[Cucumis sativus]]''), a sandía (''[[Citrullus lanatus]]'') e as cabaceiras porongo (''[[Lagenaria siceraria]]'').
As '''cucurbitáceas''' ('''Cucurbitaceae''') son unha familia de [[planta]]s orixinarias na súa meirande parte das [[América]]s, normalmente [[herbácea]]s, das cales moitas posúen grande importancia etnobotánica; inclúe entre outros hortalizas tan importantes coma a cabaceira (''[[Cucurbita]]''), o meloeiro (''[[Cucumis melo]]''), o cogombro (''[[Cucumis sativus]]''), a sandía (''[[Citrullus lanatus]]'') e as cabaceiras porongo (''[[Lagenaria siceraria]]'').


== Descrición ==
== Descrición ==

Revisión como estaba o 20 de xullo de 2014 ás 21:17

Cucurbitáceas (Cucurbitaceae)

Luffa operculata
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Cucurbitales
Familia: Cucurbitaceae
Subfamilias
Sinonimia
  • Bryoniaceae
  • Cyclantheraceae
  • Nhandirobaceae
  • Zanoniaceae
  • [1]

As cucurbitáceas (Cucurbitaceae) son unha familia de plantas orixinarias na súa meirande parte das Américas, normalmente herbáceas, das cales moitas posúen grande importancia etnobotánica; inclúe entre outros hortalizas tan importantes coma a cabaceira (Cucurbita), o meloeiro (Cucumis melo), o cogombro (Cucumis sativus), a sandía (Citrullus lanatus) e as cabaceiras porongo (Lagenaria siceraria).

Descrición

Son caracteristicamente herbas rastreiras ou rubideiras grazas aos seus gabiáns nos talos (caulinares); amosan follas alternas, en xeral simples, máis ou menos lobadas, carnosas, escabras; posúen cistolitos. As flores son unisexuais, as masculinas con vestixio de xineceo, xeralmente monoicas (Bryonia craetica excepcionalmente é dioica), regulares, gamopétalas, pentámeras, con periantio duplo e estames atípicos: filamento sigmoide rematado por unha antera cunha única teca, estames ceibos ou soldados en 3 grupos: (2)+(2)+1. Nas formas primitivas amósanse pétalos ceibos, e o ovario ínfero; algunhas presentan inflorescencias en cima. Os froitos son moi variábeis; case sempre son bagas (Bryonia) ou bagas modificadas (pepónides), mais ás veces se presentan como cápsulas (Momordica), ás veces no cogombro do demo (Ecballium elaterium). A maioría das plantas desta familia son anuais, ou sexa, morren despois de se reproduciren.

Xéneros catalogados

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link GA